Chacho: “O que ten que correr é o balón, que se cansa menos ca min”

456

Malia o seu carácter túzaro, a súa aparente preguiza e a súa indisciplina violenta, aos que vimos xogar a Djalminha non nos quedou outra que ser djalminhistas. Cada segundo do paulista sobre o céspede era ouro líquido, un combustíbel perfecto para a utopía.

Bebendo cervexa nunha terraza estival da Coruña, vímonos repasando outros xenios incomprendidos da historia de fútbol. Foi así como a bolboreta da charla pousou sobre a figura de Chacho. «O da estatua de Riazor?, preguntou alguén. «Si, o da estatua». Aquela conversa prendeu a faísca dun novo degoiro: falar con Eduardo González Valiño “Chacho”, o xenio esquecido.

Chacho era un excelso interior esquerdo. Os que o viron xogar chegaron a situalo, tecnicamente, á altura de Pelé e Di Stefano. Destacaba por un gran dominio da bóla, pola precisión dos seus pases e por un forte xute con ambos os dous pés. Un dos seus goles catapultou o Deportivo por vez primeira á máxima categoría do fútbol español. O partido da promoción de ascenso xogouse contra o Murcia no estadio de Vallecas, gañando os coruñeses por 2-1, tras unha agónica prórroga e moito sufrimento.

Iso tiñamos que velo! Así que preparamos a conciencia o salto e desprazámonos até 1941.

As peripecias para chegarmos a Vallecas en plena posguerra española darían para outro completo artigo. Así, poderiamos falar da eterna viaxe nun tren canso e incómodo, das chinches da pensión madrileña, ou da insoportábel pobreza das rúas da cidade. Mais aínda que soe un pouco frívolo, nós fomos polo fútbol!

Malia que coñecemos de antemán o resultado, temos o corazón na gorxa até que o colexiado asubía o final do encontro. É todo un privilexio observar en directo como se alicerza a lenda do maís grande dos clubs galegos!

Achegámonos á porta do vestiario e vemos saír un a un os xogadores. Locen exultantes. Entre o barullo recoñecemos a Chacho; perfectamente peiteado, destilando elegancia en cada paso que dá. Loce un sorriso tan largo como a chaira de Castela. Saúdanos cuns golpes no ombreiro e alí, fumando un pito baixo o ceo rosado de Vallecas, comezamos a nosa conversa.

Neste partido crebouse por fin ese teito granítico que, até hoxe, lle impedía ao Deportivo participar na primeira división. Son conscientes da importancia deste feito ou teñen aínda que asimilalo?
Seguramente co paso dos días sexamos máis conscientes do acadado. É un privilexio formar parte do equipo que levou o Deportivo á primeira división. Custou moito. Moitísimo! Foron demasiados croios no camiño. Con todo, aquí estamos. A idea é que non sexa un paso fugaz.

Falando deses “croios no camiño”, supoño que un dos máis grandes foi a derrota contra o Celta na promoción de ascenso do pasado ano.

Sen dúbida. Aínda agora, coa mel do ascenso na boca, continúa aquilo a proer. Foi unha derrota inmerecida, ao meu ver. Mais o fútbol non sempre é xusto. Ese carácter imprevisíbel, de neno consentido, forma parte da súa grandeza.

Falemos entón mellor do futuro. Como se presenta o debut do Deportivo na primeira división?
Non sei se este é o momento axeitado para responder esta pregunta. Queremos facer as cousas ben e maternos nunha categoría á que custou moito chegar. Para min, persoalmente, vai ser todo un reto. Por vez primeira vou compaxinar a miña faceta de xogador coa de adestrador, polo que a responsabilidade será dobre.

Como todo adestrador, supoño que tentará contaxiarlle ao equipo a súa idea de fútbol.
Eu aposto pola técnica e por economizar esforzos. Hai quen pensa que o bo xogador é o que corre como un tolo durante todo o partido. O xogo non consiste niso, nin moito menos. O fútbol ten un innegábel compoñente atlético, mais ao final do que realmente se trata é de meter a pelotiña entre os tres paus. E iso conséguese principalmente con imaxinación, boa técnica e unha idea clara do que hai que facer.

Xa que fala da súa carreira: como lembra o seu paso polo Atlético de Madrid?
Cun sabor agridoce. Vivín alí moi bos momentos. Foi o club que me deu a oportunidade de estrearme na primeira división, e iso non podo esquecelo. Aquí en Madrid fixen moitos amigos e aprendín moito. Pola contra, a experiencia non tivo o final esperado. Por unha banda, fallei aquel maldito penalti que nos condenou ao descenso en 1936. E despois, estourou a guerra e fun alistado, polo que tiven que deixar de xogar ao fútbol. En cuestión de horas, pasei de ser futbolista de primeira división para converterme en soldado de artillaría.

O seu fútbol levanta paixóns e odios a partes iguais. O seu talento técnico é indubidábel, mais tamén adoitan acusalo dunha certa desidia durante os encontros. Como o ve vostede?
Para a nosa sorpresa, Chacho reacciona á pregunta cun sorriso de sorna.
Por desgraza estou xa afeito a que me chamen vago. Mesmo afeccionados do meu equipo! Non me importa moito, a verdade. Sei que esa fama me vai perseguir sempre. Talvez a culpa foi daquel crítico deportivo, Marathon, e a súa famosa frase: “Ay Chachiño, si tú quisieras…”. A min non me presta correr detrás dunha pelota á que sei que non vou chegar. Que obxecto ten? Iso só son fanfurriñadas para a bancada, nada máis. O que ten que correr é o balón, que se cansa moito menos ca min.

A lesión que padece puido determinar esa actitude da que fala?
Sen dúbida. Levo anos arrastrando unha lesión de menisco. Moitas veces, durante o partido, teño que parar e apalpar o xeonllo, comprobar que está ben. Isto limítame enormemente á hora de facer certos esforzos. Mais non ten que ver co que antes lles dixen. Con lesión ou sen ela continúo a pensar o mesmo. A min gústame conducir o balón pegado ao pé. E se teño que desprazalo corenta metros, trato de darlle co mellor dos xeitos para que lle quede franco ao un compañeiro. Iso é o fútbol; o demais para min é outra cousa.

Vostede ten metido algún gol nada máis sacar do centro do campo. Iso non é moi habitual, non?
Xa lles digo que teño bo golpeo. Ás veces, no comezo do partido, vexo que o porteiro anda aos biosbardos e trato de aproveitar a situación. Non sae sempre, evidentemente. Mais cando o consigo… Buf! É unha sensación incríbel.

Xa para rematar, queriamos falar do seu debut internacional. Naquel partido contra Bulgaria converteuse no máximo goleador nun partido da selección española. Como o viviu?
Pois pode imaxinalo! Lembro aquel día como se fose onte. Foi nun amistoso antes do Mundial de 1934. Xogamos no estadio de Chamartín contra a selección de Bulgaria, que viña coa bitola de campioa dos Balcáns. Gañamos por 13 goles a 0, dos cales eu marquei 6. Supoño que no futuro alguén me superará, mais polo de agora conservo ese récord.
Porén, pasadas máis de dez décadas, aínda ninguén foi quen de facelo.

Máis Conversas cuánticas:

Federico Fernández-Amor Calvet, fundador do que agora coñecemos como RC Deportivo: “O football estendeuse pola cidade como un andazo de sarampelo”.

Luis Otero, xogador que deixou o Celta polo Dépor en 1924: “A conmoción en Vigo pola miña marcha foi enorme”.

Bebel García, deportivista fusilado en 1936: “Como futbolista, igual que na vida, doulle coa esquerda”.

Santiago Rey Pedreira, arquitecto do moderno estadio de Riazor: “Riazor é un adiantado aos tempos vindeiros”.

Helenio Herrera, ex adestrador do RC Deportivo: “No fútbol non existe a maxia, só a paixón e a loita”.

Rafael Franco, delantero de la Orquesta Canaro: “O subcampionato de Liga é un fito que quedará para a historia”.

Juan Emery, ex portero do RC Deportivo: “Estes dous rapaces, Amancio e Veloso, han dar moito que falar nisto do fútbol”.

Juan Emery, ex portero do RC Deportivo: “Estes dous rapaces, Amancio e Veloso, han dar moito que falar nisto do fútbol”.

Pahiño, ex xogador do RC Deportivo: “Un sorriso custoume ir ao Mundial de Brasil”.

Juan Acuña, ex portero do RC Deportivo: “Non son quen de imaxinarme defendendo outras cores que non sexan as do Deportivo”.

Compartir.

Sobre el Autor

Nado en Pontedeume en 1976 e actual veciño de Monte Alto, son escritor e enxeñeiro técnico industrial. Comecei a miña andaina como narrador no 2013 coa novela infantil Xildas. Ese mesmo ano acadei o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril. Deportivista desde a primeira vez que pisei Riazor, frecuento agora estoutro estadio virtual para deixar estas pingas de ficción.

456 comentarios

  • Condiciones generales y normas de los comentarios
    1. Aun así me parece un poco sobrado el comentario de riazor org. Nadie duda del trabajo que hacen pero la información no es de nadie. Si Juanjo, que para mí es de lo mejor de esta página, retuitea algo que al final es información, no tiene la obligación de decir de donde viene. Pongamos el caso que el partido lo televisa la TVG (aunque parezca imposible) y el depor marca y alguien aquí pone GOL! ¿ Tendría que especificar que la información viene de la TVG? No es creación, tesis u opinión, es información y esto no pertenece a nadie. Para mí muchas veces me informan más Juanjo, Ref… que la página y el comunicado de explicación me parece más ínfulas que otra cosa. Esto lo comento indicando otra vez que me parece un gran trabajo el de Riazor.org

    2. forzadepor85 el

      Yo ni sabia que existian esos medios de comunicacion sobre el depor pero sabiendolo ahora me cuesta creer el mal rollo que hay entre estos medios…que bonita es la palabra unidad pero tambien que utopica es…me encanta riazor.org y me gusta juanjo…pd:que nadie olvide que sin los goles de riera el depor estaba el año pasado en segunda! Respeto y coherencia futbolistica

      • Con la plantilla actual yo creo sinceramente que no tiene sitio. Y a mi es un jugador que me gusta ojo!

    3. Bueno amigos, uno que se retira por hoy, esperemos que mañana volvamos a hablar solamente de temas deportivos, jeje. Un abrazo a todos