Comunicado de más de 50 peñas deportivistas

571

El escrito, en el que se muestra apoyo a Riazor Blues y se critica la gestión del Consejo, fue entregado al Deportivo.

COMUNICADO:

UNIÓN COMPROMISO E XUSTIZA PARA O DEPORTIVISMO

Son tempos difíciles para todo o DEPORTIVISMO despois dos luctuosos sucesos do 30 de novembro nos aledaños do estadio Vicente Calderón, que deron co ASASINATO dun seareiro deportivista. As peñas abaixo asinantes queren manifestar o seguinte:

– O noso pésame e as máis sinceras condolencias á familia e aos amigos de ‘Jimmy’, vítima dun ASASINATO neo-nazi. Este xa de por si duro suceso, viuse agravado pola penosa actuación dos medios de comunicación, condenando á familia do finado a unha persecución pública sobrepasando calquera límite da ética humana, así como a continua estigmatización de ‘Jimmy’ namentres os asasinos continúan ceibes.

– Como [email protected] deportivistas e amantes do fútbol, non podemos facer outra cousa salvo a MÁIS ENÉRXICA CONDEA DA VIOLENCIA no entorno do fútbol, coma nos outros eidos da sociedade; feito que non impide amosar a nosa solidariedade co colectivo de RB. Non aprobamos o linchamento que están a sufrir tanto eles como tódalas persoas que nos sentimos cercanas a eles. Para o deportivismo, RB non é violencia. Para o deportivismo é alento, paixón, colorido, ánimo nos 90 minutos, e é por iso que non entendemos a enorme manipulación mediática á que se lles está sometendo. Un feito illado non pode ser representativo dos 27 de historia. Non imaxianos un Riazor sen RB apoiando ao noso Dépor, nas boas e nas malas, cos seus tifos, cos seus cánticos… enchendo Riazor xornada tras xornada e acompañando ao equipo nos seus desprazamentos, exactamente igual que os demáis seareiros, sexan ou non RB.

– Deixar patente o noso malestar coa xestión que o Consello de Administración do R.C.D. está a ter en todo este luctuoso acontecemento. Están a tomar medias de cara á galería, dirixidos plenamente dende Madrid pola LFP e os seus medios estatais. Medidas, coma o peche da grada de Maratón, criminalizando a toda a afección, ou a venda de entradas a un euro, cuxa excusa como repulsa a violencia (en Riazor NON SOMOS VIOLENTOS), en vez de defender ao deportivismo e salientar que aquí, na Coruña, ninguén contaba cos privilexios que teñen outros grupos polo Estado adiante: cuarto de material, punto de venda, xestión das entradas do fondo… todo iso dentro do seu propio estadio. Queremos asemade salientar a falla de humanidade que o noso clube, directivos, técnicos e xogadores, tivo cara ao finado e a súa familia.

– Facemos un chamamento a que os responsables deixen de “perder o tempo” coa venda das entradas (ata onde sabemos viaxar a ver o fútbol con entrada NON É DELITO), co aluguer dos autocares, co punto de saída… e se poñan de xeito inequívoco a buscar aos asasinos do seareiro deportivista ‘Jimmy’. Aproveitamos para mandar unha aperta a directiva da Federación de Peñas, criminalizada inxustamente no medio desta chapuza que foi o dispositivo de seguridade DUN PARTIDO DE PRIMEIRA DIVISIÓN.

– Agradecer as mostras de solidariedade recibidas por tódalas hinchadas, chegadas tanto dende o Estado coma de toda Europa, cunha mención especial aos seareiros da A.D.R.V., co colecitvo dos Bukaneros á cabeza, durante os difíciles días que os nosos pasaron en Madrid, demostrando unha vez máis orgullo de clase e que as bancadas unen, o feixismo separa.

– Invitamos a todo o deportivismo que acoda o vindeiro luns 15 ao estadio, a que no minuto 30 (coincidindo coa data do asasinato) garde o minuto de silencio de costas ao terreo de xogo polo asasinato de ‘Jimmy’, o cal aínda non se gardou en Riazor.

-E sen olvidar todo o dito anteriormente, brindamos a nosa colaboración no que poidamos para solucionar a situación de crispación social no seo do nos clube, esperando que as investigación recorran o seu camiño. E coma seareiros deportivistas correspondenos facer un chamamento á toda a afección para acudir ao adestramento do domingo, amosando ao equipo e directiva o noso apoio e a importancia do alento de RB, e o pulo necesario ao equipo de cara ao trascendental encontro do luns 15 de decembro. Deste xeito, tentar correxir a marcha deportiva entre todos, con UNIÓN E COMPROMISO, e tentar acadar o obxectivo da tempada. RESPETO A UN SENTIMENTO. ¡FORZA DÉPOR!

Compartir.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.