Fernando Vázquez: “Ata que non tes o peixe atrapado non podes tirar a cesta”

30

O técnico de Castrofeito referiuse ó baixón do seu equipo como algo natural tras chegar ó máximo nivel e verse co obxectivo na man. O técnico amosouse crítico e aboga por non anticiparse a situacións que non son matemáticamente reais.


Fernando Vázquez non elude as súas responsabilidades trala relaxación do equipo nas dúas últimas xornadas nas que “se cadra todos pensamos que xa estaba e deixámolo en mans alleas antes de atrapalo”. Recoñeceu en rolda de prensa que esa baixada estase a notar no rendemento, pois “non é casualidade que nos últimos dous partidos encaixemos cinco goles cando eramos un equipo casi invulnerable”. A receita do adestrador branquiazul é sinxela: “Hai que gañar todos os partidos que fagan falla, non podemos esperar que os demais erren para ascender. Temos que impoñernos no terreo de xogo”.

O de Castrofeito intentará devolver ao Deportivo á senda da vitoria ante o Alavés, ao que se referiu como un “equipo cun bo nivel futbolístico e táctico que non está a ocupar a posición que lle correspondería na Liga”. A pesares de estar pelexando por non descender, Vázquez coida que o encontro en Vitoria non será doado, e amósase preocupado polas xogadas a balón parado xa que “é un equipo moi perigoso e alto que vai moi ben por riba”, sinalou.

O técnico do conxunto herculino nega saber se Juan Carlos viaxará a terras alavesas. “É unha dúbida importante” polo que “imos esperar ó adestramento de mañá; aínda quedan 24 horas”. Os ensaios en Abegondo revelaban unha posible volta do canteirán ó once inicial, pero a súa lesión é un novo revés para Vázquez, quen indicou que hai máis solucións dispoñibles. Unha desas formacións que non descarta é a volta a un 4-4-2, con dous puntas como referencia.

Tamén respondeu ás críticas polo seu cambio de plantexamento fronte ao Lugo, no que deixou ao equipo sen dianteiro durante uns minutos. “Presumo de que son capaz de cambiar e modificar o equipo, tomei unha decisión e é a miña responsabilidade. Tiña pensado sacar a Borja e por iso aguantei uns minutos con Sissoko como referencia arriba”. En canto ás palabras de Setién, admite que non lle sorprenden e insta á prensa a que lle pregunten o motivo que levou ó seu equipo a ir perdendo 0-2 durante a meirande parte do encontro.

Por último, aclarou que o tema das primas está prácticamente resolto e afirmou a lexitimidade de percibir unha cuantía económica pola consecución dos obxectivos marcados. Non se esqueceu do nomeamento de Augusto César Lendoiro como embaixador da LFP, estamento no que considera que “pode facer unha labor extraordinaria polos seus coñecementos. É unha decisión moi acertada” concluiu Vázquez.

Fernando Vázquez: “Hasta que no hayas atrapado el pez, no puedes tirar la cesta”

El técnico de Castrofeito se refirió al bajón de su equipo como algo natural tras haber alcanzado el máximo nivel y verse con el objetivo conseguido. El técnico se mostró crítico y aboga por no anticiparse a situaciones que no son matemáticamente reales.

Fernando Vázquez no elude sus responsabilidades tras la relajación mostrada por el equipo en las dos últimas jornadas en las que “puede que hubiéramos creído que ya estaba y lo dejamos en manos ajenas antes de atraparlo”. Reconoció en rueda de prensa que este bajón se está notando en el rendimiento, pues “no es casualidad que en los últimos dos partidos encajásemos cinco goles cuando éramos un equipo casi invulnerable”. La receta del entrenador blanquiazul es sencilla: Hay que ganar todos los partidos necesarios, no podemos esperar a que los demás fallen para ascender. Tenemos que imponernos en el terreno de juego”.

El de Castrofeito intentará devolver al Deportivo a la senda de la victoria ante el Alavés, al que se refiere como “un equipo con un buen nivel futbolístico y táctico y que no está ocupando la posición que le corresponde en la Liga”. A pesar de estar peleando por no descender, Vázquez cree que el choque en Vitoria no será sencillo y se encuentra preocupado por las jugadas a balón parado, ya que “es un equipo muy peligroso y alto que va muy bien por arriba”.

El técnico del conjunto herculino desconoce si Juan Carlos viajará mañana a tierras alavesas. “Es una duda importante”, por lo que “vamos a esperar al entrenamiento de mañana; aún quedan 24 horas”. Lon ensayos en Abegondo revelaban una posible vuelta del canterano al once inicial, por lo que su lesión es un nuevo revés para Vázquez, quien indicó que hay más soluciones disponibles. Una de las formaciones que Fernando no descarta es la vuelta al 4-4-2, con dos puntas como referencia.

También respondió a las críticas por su cambio de planteamiento frente al Lugo, en el que dejó al equipo sin delantero durante unos minutos. “Presumo de que soy capaz de cambiar y modificar el equipo, tomé una decisión y es mi responsabilidad. Tenía pensado sacar a Borja y por eso aguanté con Sissoko unos minutos como referencia arriba”. En cuanto a las palabras de Setién, admite que no le sorprenden e insta a la prensa a que le pregunte el motivo que llevó a su equipo a ir perdiendo 0-2 casi todo el encuentro.

Por último, aclaró que el tema de las primas está prácticamente resuelto entre club y jugadores y afirma la legitimidad de percibir una cuantía económica por la consecución de los objetivos marcados. No se olvidó del nombramiento de Augusto César Lendoiro como embajador de la LFP, estamos en el que considera que “puede hacer una labor extraordinaria dados sus conocimientos. Es es una decisión muy acertada”, concluyó Vázquez.

Compartir.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.