Riazor Blues rompe su silencio

59

Antes del partido, el grupo quiso dar su versión de los hechos y mostrar su sentimiento por todo lo ocurrido en los últimos días

A las 20:00 horas y en una Plaza de Portugal abarrotada de gente, Riazor Blues rompió su silencio para aclarar cuál es su visión de todo lo que ocurrió el pasado domingo en las inmediaciones del Vicente Calderón y también de todas las noticias que han ido surgiendo a lo largo de la semana y que los han tenido a ellos como eje central.

COMUNICADO RIAZOR BLUES:


En primeiro lugar, dende Riazor Blues queremos aclarar que se non nos manifestamos públicamente ata agora foi por gardar respeto á familia e aos amigos do asasinado nestes días tan compricados para eles e para nós.

A propia lectura deste comunicado é un exercicio de transparencia contra unha inxustiza. No é fácil ter que nos xustificar polas agresións sufridas o pasado domingo preto do estadio do Atlético de Madrid, cuxo balance foi o brutal asasinato dun mebro do noso grupo: ‘Jimmy’.

Resulta lamentable e inhumano que se culpabilice a unha persoa de clase traballadora -que non tivo unha vida doada- na vez de condenar, buscar e atrapar aos seus asasinos. En ningún caso, nin Jimmy nin calquera persoa indefensa, como era el, merece ser apaleado con varas de ferro por un grupo neo-nazi, golpeado na cabeza ata morrer e despois ser guindado a un río xeado dende unha terrible altura. Iso chámase asasinato.

Sobre o que sucedeu o pasado domingo preto do Vicente Calderón, Riazor Blues quere recalcar que nunca existiu ningún tipo de cita previa cos membros do Frente Atlético nin de ningunha outra banda supostamente partidaria dese equipo. Riazor Blues simplemente organizou unha viaxe idéntica ás anteriores, partindo do centro da nosa cidade, por estradas principais e non secundarias e sen ningunha intención de evadir controis policiais como se ten dito nalgúns medios. Para nada éramos conscientes do que alí atopamos, de sabelo teríamos suspendido o desprazamento. Alí fomos obxecto dunha salvaxe e criminal emboscada, na que estaban presentes ultra-dereitas de varios países, buscando repercusión global.

250 membros do Frente Atlético atacáronnos armados ata os dentes ao pouco de baixar nós do autobús cunhas intencións moi claras: matar. Queda esta afirmación demostrada na cantidade de compañeiros que foron feridos de arma branca e polo propio asasinado, que despois de soportar todo tipo de golpes con paus de ferro, mesmo na cabeza -que segundo a autopsia foron as que lle causaron a morte- foi arroxado sen piedade ao río, como é visible nas imaxes que todos puidemos ver nestes días. En lugar de fuxir, intentamos defendernos. Grazas a esa decisión, hoxe só choramos a Jimmy en vez de ter que enterrar a cinco ou seis seareiros do Dépor.

Dende Riazor Blues, queremos denunciar tamén o acoso ao que nos vemos sometidos pola maioría dos medios de comunicación, intentando xustificar o asasinato de Jimmy; sen amosar respecto algún pola dor e o sufrimento que están pasando tanto familia como amigos do asasinado; interrompendo decote o velorio de Jimmy para capturar imaxes morbosas, entrometéndose nunha cerimonia privada, polo que mesmo a propia Policía os expulsou.

En canto aos xogadores do noso equipo… queremos lembrar que nos teñen pedido compromiso, e iso lles dimos sempre de forma paixonal, regalamos o noso máximo afecto e parécenos moi triste que non tiveran nin a máis mínima mostra de afecto cara á familia do asasinado nestes dramáticos intres. Un seareiro do Dépor perdeu a vida nun cruel asasinato. O seu equipo ignorouno.

Respecto á directiva, temos que dicir que nos parecen vergoñentas e difíciles de entender ás razóns polas que dende o principio sufrimos un acoso total pola súa parte, cando o único demostrado polo de agora é que houbo múltiples acoitelados entre os seareiros do Dépor e que un de nós foi asasinado. A falta de solidariedade por parte da directiva do R.C. Deportivo da Coruña, posto que cos seus actos, a súa submisión a informacións interesadas e ás declaracións do seu presidente, resultan inxustas respecto ao nome de Riazor Blues, que de forma transversal percorre 28 anos de deportivismo.

Por último, queremos insistir en dar o noso máis sinceiro pésame á familia e amigos do cruelmente asasinado polo Frente Atlético e tamén agradecer de todo corazón a todas as persoas e grupos do Estado que nos manifestaron o seu apoio, de forma moi especial aos Bukaneros do Rayo Vallecano por permanecer con nós no hospital, no tanatorio e no enterro, amosando dende principio a fin o seu respaldo incondicional, con esa humanidade que tanto botamos de menos noutras instancias, como a directiva do Deportivo, corpo técnico e xogadores.

Cremos que a nosa mensaxe é clara. Fomos vítimas dunha emboscada. Un deportivista foi cruelmente asasinado. Riazor Blues non é unha marca maldita. Somos un berro, de onte, hoxe e mañá; Forza Dépor!

Compartir.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.