Rodrigo García Vizoso: “Naquela Copa fomos a Madrid como vítimas, mais puidemos dar a sorpresa”

13

“Don Rodrigo, o Cid Campeador da Coruña”. Así bautizou a prensa madrileña o gardameta do Deportivo despois dunha vibrante eliminatoria de oitavos de final da Copa do Presidente da República, ano 1932.

Nado o 23 de febreiro de 1909 no coruñés barrio de Beiramar, Rodrigo García Vizoso foi o último en falecer entre os futbolistas que participaron no primeiro campionato de Liga. Vida centenaria dedicada en corpo e alma ás cores branca e azul. Así, “don Rodrigo” ou simplemente “o Xefe” exerceu, ademais de como xogador, de adestrador do primeiro equipo, das diferentes categorías inferiores ou de secretario técnico.

Os dous fitos máis importantes da súa carreira deportiva sitúanse no mesmo lugar: en Chamartín. Un deles, a xa citada eliminatoria de Copa. O segundo, xa como adestrador, a primeira vitoria deportivista en feudo merengue, acontecida en outubro de 1955.

Cara a esas datas fixamos o noso obxectivo. Chegamos á Coruña do 55 un luns frío e solleiro. As gaivotas berraban no ceo desesperadas, talvez presaxiando unha treboada. Non permaneceriamos aló tempo dabondo para comprobalo. Camiñamos a bo paso até o estadio de Riazor. Alí, gozando da visión dun mar que colapsaba de escuma, agardamos pola chegada do autocar do Deportivo, que regresaba desde Madrid despois da súa fazaña ligueira.

Discretamente situados baixo a sombra das bancadas, vimos descender do vehículo aos Pahíño, Otero, Arsenio ou Acuña. O último en baixar as escaleiras foi o adestrador. Cara a el nos achegamos. «Que ansia! Non me deixades pasar antes por casa?», sorriu ao vernos. «Prometemos ser breves», ofrecemos. «Daquela convidádeme a un café e acabemos canto antes».

Refuxiados xa baixo o teito dun bar, comezamos a entrevista.

Ben, primeiro de todo, moitos parabéns por esta vitoria tan importante. Semella que lle ten tomada a medida ao Madrid?

Iso parece. A tempada está comezando aínda, e estas cousas axudan. Con todos os respectos, non é igual gañar no campo da Leonesa que facelo no do Madrid. Antes de comezar a Liga, conseguimos  tamén o Teresa Herrera ante todo un Athletic de Bilbao. Isto é sinal de que podemos competir dignamente con calquera.

Lembrando as súas orixes no fútbol: por que diría que escolleu este deporte?

Porque podía. Para xogar ao fútbol non fai falta moito. Só compañeiros e unha pelota. Iso facilita a súa práctica. Eu proveño dunha familia humilde. Son o penúltimo de catorce irmáns. O meu pai era carpinteiro e a miña nai cigarreira. Cando comecei a xogar ao fútbol, tiña que combinar a súa práctica con outros traballos. Por exemplo, durante un tempo traballei de carpinteiro, como meu pai, outra tempada fun cerralleiro… En fin, fixen o que puiden até que abondou só con xogar ao fútbol.

Vostede participou no primeiro campionato de Liga. Como recorda os inicios da competición?

Pois estabamos todos un pouco á expectativa de como podía funcionar. Fixar unha competición regular con equipos procedentes dos catro recantos de España tiña o seu aquel. Eu comezaba ese ano no Deportivo, así que para min todo aquilo era novidoso. Lembro que debutamos en febreiro contra o Alavés. Aquel foi o choque inaugural da Segunda División.

Unha categoría que non abandonaría en todo o seu periplo no Deportivo.

Asi é. Botei aquí seis anos moi bos, mais non puiden conseguir o meu soño: ascender co equipo da miña cidade á Primeira División.

Todo cambiou para vostede un 15 de maio de 1932, en Chamartín. Como lembra ese encontro?

Día de San Isidro, que lles parece? [Rodrigo ri abertamente, coa boca e mais cos ollos]. Naquela Copa fomos a Madrid como vítimas, mais puidemos dar a sorpresa. Eran os oitavos de final. Gañáramos por 2 a 0 en Riazor. Non era mal resultado, mais o Madrid era un señor equipo. Esa tempada gañaron a Liga invictos! Ninguén nos daba a máis mínima posibilidade. Non hai que esquecer que eramos un equipo da Segunda División. Pois ben, eles tiraron a porta setenta e seis veces, mais só dous balóns acabaron no fondo da rede: un de penalti e outro ilegal. Así que o Deportivo avanzou cara aos cuartos de final.

Setenta e seis veces! Vaites! Non coñeciamos ese dato.

Non os contei, eh! Lino despois na crónica do encontro. Iso si, sei que tiven que parar balóns de todas as cores.

E iso supuxo a súa fichaxe polo Real Madrid.

Supuxo, xaora! Supoño que pensaron que era mellor terme con eles que na portería contraria.

E como lembra o seu paso polo conxunto merengue?

Cunha sensación agridoce. Por unha banda, fichárame un equipo da Primeira División. O campión de Liga, nin máis nin menos. Mais por outra, a portería daquel equipo tiña dono: un tal Ricardo Zamora. Só botei un ano. O único que xoguei foron uns cantos amigábeis.

E de aí ao Granada…

Efectivamente. Eu devecía por volver xogar con regularidade e o Granada ofreceume a posibilidade de facelo. Cun salario máis que digno, ademais. Unhas 400 pesetas mensuais, que para aquela época non estaba mal.

Mais o seu paso polo conxunto nazarí foi tamén efémero.

Foi efémero polas circunstancias. En 1936 estourou a Guerra, que me obrigou a pasar trinta e catro meses no exército. Cando finalizou a contenda, eu xa non tiña azos para seguir debaixo da portaría, así que decidín colgar as botas.

E como valora, nesta altura, o conxunto da súa carreira como porteiro?

Positivamente. Fixen o que puiden e fíxeno con honestidade. Tratei de ser un deportista exemplar. Non tiña vicios, alén dos callos e do cocido, que me encantan. Ao longo dos meus case dez anos como xogador xamais faltei a un adestramento por enfermidade.

Cambioulle moito a vida despois da súa retirada?

Cando acabou a Guerra todo foi diferente xa. Volvín á Coruña e atopei emprego na Fábrica de Armas. Tiña unha vida tranquila. Iso si, o verme do fútbol seguía dentro de min, polo que fundei o equipo que levaba o nome da empresa. Foi un xeito de continuar a relación con este deporte que tanto me gusta.

Observando a súa traxectoria, obsérvase moito traballo cos máis novos. Gústalle especialmente o labor de canteira?

Gusta, non podo negalo. O mellor piropo que me dixeron como adestrador foi que era como un pai para os meus equipos. O traballo de canteira é moi agradecido. Permíteche ir pulindo defectos e observar día a día a evolución do futbolista. Mais hai que ter paciencia. Por exemplo: en xuvenís podo gastar un adestramento completo en aprenderlle a un rapaz a pegarlle ben ao balón, algo que me parece fundamental. Oxalá puidese facer o mesmo no primeiro equipo!

[Rodrigo ceiba unha gargallada que nós respondemos con complicidade]

E xa que falamos de canteira, pode dicirse que vostede foi o descubridor de Luís Suárez, actualmente no Fútbol Club Barcelona?

Luisiño naceu preto da miña casa, no barrio de Monte Alto. Eu coñézoo desde neno. Con nove anos xa o levaba a adestrar cos xuvenís do Deportivo. Era algo fóra de serie! Con esa idade, sentábaos a todos. Eu regaleille as súas primeiras botas. Lembro que mas fixo o zapateiro da Fábrica de Armas.

E xa para rematar: nunca puido xogar no Deportivo en Primeira División, mais supoño que adestralo agora na máxima categoría compensa un pouco esa eiva?

Só en parte, a verdade. Eu gozaba moito máis xogando do que o fago no banco. É unha gran responsabilidade. Eu son un home de club e estou aquí para facer o que faga falta. Este ano tocou adestrar o primeiro equipo, e hei pór todas as miñas ansias en facelo ben.

[Nesta primeira etapa Rodrigo García Vizoso non chegaría a finalizar a tempada como adestrador do Deportivo, sendo substituído por Pahíño. Volvería adestrar o primeiro equipo na tempada 1964-1965]

Compartir.

Sobre el Autor

Nado en Pontedeume en 1976 e actual veciño de Monte Alto, son escritor e enxeñeiro técnico industrial. Comecei a miña andaina como narrador no 2013 coa novela infantil Xildas. Ese mesmo ano acadei o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril. Deportivista desde a primeira vez que pisei Riazor, frecuento agora estoutro estadio virtual para deixar estas pingas de ficción.

13 comentarios

  • Condiciones generales y normas de los comentarios
    1. Renkinjutsushi el

      Ni puta idea de lo que ha pasado o de lo que hablan aquí. Pero bueno.

      Qué opciones reales hay de que juguemos en rombo con dos puntas como he ido leyendo por aquí estos días?

      • Parece ser que es lo que se ha entrenado esta semana. ¿Probabilidades reales? Muchas, teniendo en cuenta que aún no tenemos un esquema de juego definido, y GG va a ir cambiando las estrategias hasta que alguna funcione.

        En mi opinión, dejar a Mosquera sólo en el pivote es una cagada como la copa de un pino, pero el tiempo dirá.

    2. A ver si salimos con un 4-3-3 con las ideas claras.

      Juego por el centro, balón tocado, dominar el centro del campo y que les lleguen balones a los tres de arriba para que puedan trenzar jugadas. Por ejemplo, el clásico recorte al interior y disparo, pase o apoyarse en el mediapunta que sube a la frontal

      Me encantaría que pudiésemos jugar así.

    3. —————————tytom
      Juanfran–albentosa–sidnei–arribas–luisinho
      ——–guilherme–mosquera–Fayçal
      ————————–çolak
      ————————andone

      • Maese_Djalma el

        Si las bandas estan siendo lo peor, no veria mal poner interiores y dejarles toda la banda a los laterales

        • —————Tyton—————
          Juanfran–Albentosa–Sidnei–Luisinho
          ——————Bergantiños——————
          —————————Mosquera————-
          —————Çolak——————————–
          Bruno Gama—Andone—–Marlos——–

          Si las bandas son malas, por qué no jugamos con 3 tipos en el centro del campo que puedan combinar con los de arriba?

    4. Maese_Djalma el

      Así es la guerra comenzó en el 36, no en el 34 como empiezan a decir los revisionistas….