Vázquez: “Non me deixaron explicarme, síntome traizoado”

1009

O xa ex adestrador branquiazul cre que o seu despedimento vén de máis atrás e considera unha “inxustiza” que o Deportivo o cesase.



Fernando Vázquez
concedeu a súa última rolda de prensa como adestrador do Deportivo despois do seu repentino cesamento por parte da directiva branquiazul esta mesma mañá. O técnico galego mostrou a súa sorpresa na sala de prensa do Estadio de Riazor e queixouse de non ter tido a oportunidade de explicar as súas palabras do pasado sábado en Arzúa, onde dixo que o conxunto herculino nunca consegue fichar a “primeira opción” e sempre ten que acudir á “cuarta ou a quinta”.

“As miñas declaracións foron sesgadas. Nunca critiquei a directiva do Deportivo nin á secretaría técnica, que sempre tiveron o meu apoio. Eu o que quería era explicar como era o proceso de fichaxes nun club con presuposto limitado. Evidentemente non fichas o que queres, senón o que podes. Traouxen o bruto das declaracións para ensinarllo ao presidente no que digo que só o Madrid e o Barcelona fichan o que queren, pero non puiden mostralo porque non me deixaron explicarme. Síntome traizoado, aínda que neste caso traizoan os amigos. Eu cría no que o presidente me dixera a min e publicamente”, indicou.

O de Castrofeito explicou que el tamén foi “opción dous, tres e catro en moitos equipos,”, e baixo o seu punto de vista “sería ridículo que se dixese que se pode fichar o que un quere” porque “non é posible”. Ademais, dixo ser consciente de que “houbo xogadores que se sentiron molestos”, pero no fútbol “todos elixen equipos” e para el non hai que explicar “como funciona este deporte”.

Preguntado por se falou estes días con Lucas Pérez para aclarar as cousas, o adestrador galego afirmouno e explicou como foi a súa conversación. Díxenlle: ‘Mira Lucas, aos xogadores do Dépor elíxeos o adestrador. Eu elixinte a ti fai xa un mes, pero ti fai o que queiras facer’ “, manifestou.

O xa ex preparador deportivista recoñeceu que está “aínda en estado de shock”, e considerou que “non” hai relación causa-efecto” entre o seu despedimento e as declaracións en Arzúa, senón que cre que “xa de antes” non contaba coa “confianza do presidente”. “É posible que eu non fose o seu adestrador. Se é así, que mo tivesen dito antes porque podería ter asinado un contrato noutro lado. A min fichoume Lendoiro e eu pensaba que con este presidente non había dúbidas, pero agora empézanme a entrar”, comentou, e agregou que está ” super ilusionado” para seguir adestrando.

Vázquez asegurou que a relación que mantivo con Ernesto Bello, Richard Barral e Fernando Vidal foi “a normal”, e manifestou que non foi “de vacacións” para poder estar “reunido con eles” cando fose posible.
” Que fixen mal no Dépor? Coa miña suor e o meu sangue gañei a posibilidade de adestrar ao Dépor en Primeira. Pasei o ano máis difícil da miña vida, traballei case gratis e apostei por adestrar o Dépor, e agora estanme a quitar algo que gañei. Non marcho por razóns deportivas, senón por palabras mal interpretadas que non puiden explicar. É coma se roubas un chourizo e te meten 50 anos de cárcere. Penso que o presidente está equivocado”, aseverou.

Por último, Vázquez quixo mandar unha mensaxe de despedida á afección deportivista, coa que se mostrou “super agradecido polo cariño e polo trato” que lle deron, e deixou claro que “o Dépor non morre aquí”. “Isto segue e Fernando Vázquez seguirá con forza para, algún día, poder volver”, concluíu.

Vázquez: “No me dejaron explicarme, me siento traicionado”

El ya ex entrenador blanquiazul cree que su despido viene de más atrás y considera una “injusticia” que el Deportivo lo haya cesado.

Fernando Vázquez concedió su última rueda de prensa como entrenador del Deportivo después de su repentino cese por parte de la directiva blanquiazul esta misma mañana. El técnico gallego mostró su sorpresa en la sala de prensa del Estadio de Riazor y se quejó de no haber tenido la oportunidad de explicar sus palabras del pasado sábado en Arzúa, donde dijo que el conjunto herculino nunca consigue fichar a “la primera opción” y siempre tiene que acudir a la “cuarta o la quinta”.

“Mis declaraciones fueron sesgadas. Nunca critiqué a la directiva del Deportivo ni a la secretaría técnica, que siempre tuvieron mi apoyo. Yo lo que quería era explicar cómo era el proceso de fichajes en un club con presupuesto limitado. Si me quisiera quejar, tuve mejores motivos antes para hacerlo, y sé que evidentemente no fichas lo que quieres, sino lo que puedes. Traje el bruto de las declaraciones para enseñárselo al presidente en el que digo que solo el Madrid y el Barcelona fichan lo que quieren, pero no pude mostrarlo porque no me dejaron explicarme, a pesar de que hoy teníamos una reunión que no hubo. La comunicación fue: ‘Estás cesado, y después, si quieres, explícate’. Me siento traicionado, aunque en este caso traicionan los amigos. Yo creía en lo que el presidente me había dicho a mí y públicamente”, indicó.

El de Castrofeito explicó que él también fue “opción dos, tres y cuatro en muchos equipos”, y bajo su punto de vista “sería ridículo que se dijera que se puede fichar lo que uno quiere” porque “no es posible”. Además, dijo ser consciente de que “hubo jugadores que se sintieron molestos”, pero en el fútbol “todos eligen equipos” y para él no hay que explicar “cómo funciona este deporte”.

Preguntado por si habló estos días con Lucas Pérez para aclarar las cosas, el entrenador gallego lo afirmó y explicó cómo fue su conversación. “Le dije: ‘Mira Lucas, a los jugadores del Dépor los elige el entrenador. Yo te elegí a ti hace ya un mes, pero tú haz lo que quieras hacer'”, manifestó.

El ya ex preparador deportivista reconoció que está “todavía en estado de shock”, y consideró que “no hay relación causa-efecto” entre su despido y las declaraciones en Arzúa, sino que cree que “ya de antes” no contaba con “la confianza del presidente”. “Es posible que yo no fuese su entrenador. Si es así, que me lo hubiesen dicho antes porque podría haber firmado un contrato en otro lado. A mí me fichó Lendoiro y yo pensaba que con este presidente no había dudas, pero ahora me empiezan a entrar”, comentó, y agregó que está “súper ilusionado” para seguir entrenando.

Vázquez aseguró que la relación que mantuvo con Ernesto Bello, Richard Barral y Fernando Vidal fue “la normal”, y manifestó que no fue “de vacaciones para poder estar reunido con ellos” cuando fuese posible.

“¿Qué hice mal en el Dépor? Con mi sudor y mi sangre me gané la posibilidad de entrenar al Dépor en Primera. Pasé el año más difícil de mi vida, trabajé casi gratis y aposté por entrenar al Dépor, y ahora me están quitando algo que gané. No marcho por razones deportivas, sino por palabras mal interpretadas que no pude explicar. Es como si robas un chorizo y te meten 50 años de cárcel. Pienso que el presidente está equivocado”, aseveró.

Por último, Vázquez quiso mandar un mensaje de despedida a la afición deportivista, con la que se mostró “súper agradecido por el cariño y por el trato” que le dieron, y dejó claro que “el Dépor no muere aquí”. “Esto sigue y Fernando Vázquez seguirá con fuerza para, algún día, poder volver”, concluyó.

Compartir.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.