Era, sen dúbida, un dos momentos máis esperados. Minutos antes de que dera comezo o derbi entre Deportivo e Celta, o himno galego soou en Riazor e os afeccionados branquiazul levantaron un mosaico que converteu todo o estadio en branco e azul.
Seareiros locais e visitantes entoaron o mesmo por unha vez e cantaron xuntos o poema de Eduardo Pondal ao que Pascual Veiga lle engadiu música a finais do século XX.
A continuación, dous vídeos de como se viviu, dende a grada e a pé de campo, o himno galego: