Así fue el homenaje de Riazor Blues a Barros Botana, Suso Méndez y Javier Suárez

0

Siempre se dice que el Deportivo está por encima de las personas. Pasan los años, pasan los jugadores, directivas, pero el escudo y el sentimiento es lo que se mantiene. Pero algunas de esas personas hacen todavía más especial lo que significa pertenecer a un club como es el herculino.

Así ha sido como desde Riazor Blues han impulsado una iniciativa por la que han homenajeado a varios empleados históricos del club. El primero, el delegado, Barritos. Además de él, también han tenido su reconocimiento Suso Méndez y Javier Suárez.

Además de una placa conmemorativa, esta es la carta que les han entregado:

Nos tempos que corren, as garras do fútbol moderno destrúen calquera chisco de paixón e sentimento nos terreos de xogo; os xogadores veñen e van onde as carteiras manden; escoitamos cifras estratosféricas de traspasos, salarios e primas; incluso se negocia o futuro dos nenos desde as categorías máis baixas… Nestes tempos, aínda queda un raio de esperanza.

Os ventos que azoutan a costa coruñesa seguen o paso das ordes de Madrid e fan esquecer o sentimento, a paixón e o verdadeiro sentido deportivista que sempre nos caracterizou.

Porén, máis alén dese fútbol moderno que nos queren impoñer á forza, aínda queda algunha esperanza: eses romáticos que viven por e para o club os 365 días do ano. Eses que non entran no mercado de fichaxes, non teñen salarios desorbitados e moitas veces son un afeccionado máis nas bancadas de Riazor ou alá onde se desprace o noso querido Deportivo.

Por iso, xa que ningúen da nosa entidade tomou outra iniciativa parecida, desde Riazor Blues queremos realizar a nosa homenaxe a eses empregados do club que deron parte da súa vida polas nosas cores.

Eses que levan máis de 20 anos renovando carnés, facendo cambios nos partidos, coordinando viaxes, organizando vestiarios, controlando os accesos… Todos os esquecidos por esta máquina do fútbol moderno.

Gustaríanos que isto non quedase nun acto puntual, senón que cada temporada algúns “dos nosos” teñan a súa pequena homenaxe no fondo de General.

Este será o primeiro do que esperemos sexa un bonito costume. Por iso ao finalizar o partido achegaranse á nosa bancada tres personas que levan ás costas máis de 20 anos nas filas do RCD:

Suso Méndez, Juan Ángel Barros e Javier Suárez Brañas.

Animamos a todos os nosos simpatizantes, máis aló do resultado do terreo de xogo, que dediquen uns minutos a eses deportivistas de corazón.

Sobre el Autor

Equipo de redacción de Riazor.org.