Probablemente fóisenos a cabeza do todo. Ao noso favor, cabe dicir que ter unha semana de parón antes do derbi non é o mellor dos escenarios. Nun intento de innovar, nun primeiro momento ocorréuseme xuntar por Skype (a pena é non poder facelo cunhas cervexas diante) a Gonzo e a Touriñán.
Xa tiven a oportunidade de entrevistalos nun derbi anterior, aínda que foi de forma conxunta para unha sección que chamamos ‘Entre bambalinas’ alá por 2012. Nesta ocasión, decidín montar un grupo de Whatsapp chamado ‘#oNosoDerbi’ para falar con eles e ver qué pasaba. De feito, Touriñán sí estará en Riazor vendo o derbi, e Gonzo convidouno para gozar xuntos do Celta-Dépor de Balaídos correspondente ao partido da volta.
Tras crear o grupo o pasado venres e dicirlles que sairía publicado o mércores 18, a primeira leveima na fronte. «Unha entrevista q dure 3 días. Q marabilla!!», Touriñán en estado puro.
Empezamos falando do seu primeiro recordo nun derbi. Aí é cando Gonzo explica que se trata de «un amigable de verán a principios dos oitenta. Daquela o meu pai que é deportivista, tentaba sumarme á súa causa e levoume a velo a Riazor. Gañou ou Celta e nunca máis volvín a un derbi co meu pai». Touriñán pola súa banda, «en 2ª a finais dos 80, levábame o meu tío Richard e un colega q estudaba para cura, pero era un artista de carallo… eu debía ter 8-9 e usábanme para pasar as cervexas en General, na bancada. Metíanmas nas mangas da chaqueta… Gañou o Depor… Recordo sempre ao Depor gañando os derbis…».
A seguinte era obrigado, o gol co que máis vibraran nun derbi. «Son moitos… Eu creo q con aquel de Djalma en Riazor. Fora un 1-0, non?». Aí, cando menciono que é aquel golazo no que Djalminha desmonta a Yago, Gonzo non perde pé. «Tedes que coller o Delorian pra lembrar». E aínda segue: «Eu ou de Charles ou o de Larrivey. Foi hai uns meses. En Riazor 0-2». Algo que non desaproveitou Touriñán para contrarrestar, «memoria a curto prazo…Tampouco hai moito onde escoller».
Facendo gala de ‘os derbis non se xogan, gáñanse’, ningún ve un favorito claro para o derbi. Mentres Touriñán ve «máis igualdade q o ano pasado, pero por clasificación penso q igual o Celta, sería o favorito. Pero iso nun Derbi importa pouco», Gonzo tamén pensa que «non hai favorito. E sendo subxetivo tampouco vexo favorito…».
Inocente de min, tentei picalos para que apostasen algo entre eles. Pero non houbo fortuna. «Eu aposto a que lle asubían a Aspas cada vez que marque un gol. Aposto o coche e unha leira de eucaliptos na Mariña lucense», pase de gol de Gonzo. «Eu ata digo máis: aposto a casa a q lle asubían cada vez q toque ou balón», e gol de Touriñán. Quen ademais, atrévese con: «Podemos apostar unha mariscada…», da que pedín ser o árbitro.
Gonzo destaca para o derbi a Lucas Pérez e Nolito, mentres que Touriñán a Mosquera e Augusto.
Obrigado era preguntar polo famoso cabezazo de Iago Aspas a Marchena e o que se lles pasou a eles pola cabeza nada máis o viron. Touriñan asegura que «eu alegreime porque quedaban con 10. Pero penso q esas cousas sobran por parte dos dous. Aspas estivo frouxo entrando ao trapo». Gonzo, en cambio, «de cabreo. E a segunda reacción tamén foi de cabreo».
Non me puiden resistir a ensinarlles aquela famosa portada do DeporSport, a de «Orgásmico». Para Touriñán, trátase dunha portada «suxerente, moi ben estruturada, bonita… Sería bo poder repetila o domingo 22″. Gonzo vai máis aló: «Grazas DeporSport. Contigo empezou todo«.
Coinciden ambos no desexo de gozar sempre dun derbi en Primeira. «Eu o Depor de primeiro e o Celta segundo. Prefiro ver ao Madrid canto máis lonxe mellor», di Touriñán. «A min gústame que estean na mesma categoría que o Celta para poder gozar das vitorias nos derbis».
Aínda que non se verán en Riazor, Touriñán e Gonzo cítanse para Balaídos. Alí, os dous verán o encontro defendendo cada un as súas cores. Unha situación que lles gustaría fose extensible para todos os afeccionados. Preguntado pola rivalidade Coruña-Vigo, Vigo-Coruña, explica o propio o presentador de Tourilandia que «eu enténdoa, fomentouse durante moito tempo, pero eu creo q estamos no tempo de cambiar iso. De que un Derbi sexa unha festa entre afeccións. Hai q ter claro que non hai Derbi se falta un dos dous, e q a rivalidade, non é odio, nen violencia... É competición».
Conversacións ‘whatsapperas’ con Gonzo e Touriñán
Probablemente se nos haya ido la cabeza del todo. A nuestro favor, cabe decir que tener una semana de parón antes del derbi no es el mejor de los escenarios. En un intento de innovar, en un primer momento se me ocurrió juntar por Skype (la pena es no poder hacerlo con unas cervezas delante) a Gonzo y Touriñan.
Ya tuve la oportunidad de entrevistarlos en un derbi anterior, aunque fue de forma conjunta para una sección que llamamos ‘Entre bambalinas’ allá por 2012. En esta ocasión, decidí montar un grupo de Whatsapp llamado ‘#oNosoDerbi’ para hablar con ellos y ver qué pasaba. De hecho, Touriñán sí estará en Riazor viendo el derbi, y Gonzo lo ha invitado para disfrutar juntos del Celta-Dépor de Balaídos correspondiente al partido de la vuelta.
Tras crear el grupo el pasado viernes y decirles que saldría publicado el miércoles 18, la primera me la llevé en la frente. «Unha entrevista q dure 3 días. Q maravilla!!», Touriñán en estado puro.
Empezamos hablando de su primer recuerdo en un derbi. Ahí es cuando Gonzo explica que se trata de «un amistoso de verán a principios dos oitenta. Daquela meu pai que é deportivista, intentaba sumarme á súa causa e levoume a velo a Riazor. Gañou o Celta e nunca máis volvín a un derbi co meu pai». Touriñán por su parte, «en 2ª a finais dos 80, levábame meu tío Richard e un colega q estudiara para cura, pero era un artista de carallo… eu debía ter 8-9 e usábanme para pasar as cervexas en General, na grada. Metíanmas nas mangas da chaqueta… Gañou o Depor… Recordo sempre ao Depor gañando os derbis…».
La siguiente era obligado, el gol con el que más habían vibrado en un derbi. «Son moitos… Eu creo q con aquel de Djalma en Riazor. Fora un 1-0, non?». Ahí, cuando menciono que es aquel golazo en el que Djalminha desmonta a Yago, Gonzo no pierde pie. «Tedes que coller o Delorian pra lembrar». Y aún sigue: «Eu o de Charles ou o de Larrivey. Foi hai uns meses. En Riazor. 0-2». Algo que no desaprovechó Touriñán para contrarrestar, «memoria a curto plazo…Tampouco hai moito onde escoller».
Haciendo gala de ‘los derbis no se juegan, se ganan’, ninguno ve un favorito claro para el derbi. Mientras Touriñan ve «máis igualdade q o ano pasado, pero por clasificación penso q igual o Celta, sería o favorito. Pero iso nun Derbi importa pouco», Gonzo también piensa que «non hai favorito. E sendo subxetivo tampouco vexo favorito…».
Inocente de mí, intenté picarlos para que apostasen algo entre ellos. Pero no hubo fortuna. «Eu aposto a que lle asubían a Aspas cada vez que marque un gol. Aposto o coche e unha leira de eucaliptos na Mariña lucense», pase de gol de Gonzo. «Eu ata digo máis: aposto a casa a q lle asubían cada vez q toque o balón», y gol de Touriñán. Quien además, se atreve con: «Podemos apostar unha mariscada…», de la que he pedido ser el árbitro.
Gonzo destaca para el derbi a Lucas Pérez y Nolito, mientras que Touriñán a Mosquera y Augusto.
Obligado era preguntar por el famoso cabezazo de Iago Aspas a Marchena y lo que se les pasó a ellos por la cabeza nada más lo vieron. Touriñan asegura que «eu alegreime porque quedaban con 10. Pero penso q esas cousas sobran por parte dos dous. Aspas estivo floxo entrando ao trapo». Gonzo, en cambio, «de cabreo. E a segunda reacción tamén foi de cabreo».
No me pude resistir a enseñarles aquella famosa portada del DeporSport, la de «Orgásmico». Para Touriñán, se trata de una portada «suxerente, moi ben estructurada, bonita... Sería bo poder repetila o domingo 22″. Gonzo va más allá: «Gracias DeporSport. Contigo empezó todo».
Coinciden ambos en el deseo de disfrutar siempre de un derbi en Primera. «Eu o Depor de primeiro e o Celta segundo. Prefiro ver ao Madrid canto máis lonxe mellor», dice Touriñán. «A min gústame que estén na mesma categoría que o Celta para poder disfrutar das victorias nos derbis».
Aunque no se verán en Riazor, Touriñán y Gonzo se citan para Balaídos. Allí, los dos verán el encuentro defendiendo cada uno sus colores. Una situación que les gustaría fuese extensible para todos los aficionados. Preguntado por la rivalidad Coruña-Vigo, Vigo-Coruña, explica el propio el presentador de Tourilandia que «Eu enténdoa, fomentouse durante moito tempo, pero eu creo q estamos no tempo de cambiar iso. De que un Derbi sexa unha festa entre aficións. Hai q ter claro que non hai Derbi se falta un dos dous, e q a rivalidade, non é odio, nen violencia… É competición».