En xaneiro de 2014, cando Tino Fernández foi proclamado novo presidente do Deportivo, tiña dous rivais polo cargo: Germán Rodríguez Conchado, quen retirou a súa candidatura nas horas previas, e Manuel López Cascallar, quen concluiu cun 4’83% dos votos. Catro anos despois e cunhas novas eleccións no horizonte, o segundo ven de anunciar que o volverá a intentar. Así o recoñeceu ante as cámaras da Televisión de Galicia.
Crítico coa xestión do actual mandatario deportivista, «sobre todo na parcela deportiva», López Cascallar di que «non hai ningún tipo de estratexia nestes catro anos e é moi diferente o tipo de actuacións de entrenadores, corpo técnico e tamén da xente que dirixe o club nesa parcela, entón cremos que non hai ningún tipo de proxecto fiable«. Engadindo ademais que «o tempo do señor Fernández e o seu consello se esgotou e ten que haber outro tipo de propostas diferentes. Sexa a nosa ou outra diferente que poida encaixar máis co modelo que quere o deportivismo para o futuro».
Por esa serie de razóns, Cascallar dá «un paso adiante para que a haxa (a alternativa) se a xente pode considerar que é interesante».
Fai apenas catro días, o propio socio deportivista colgara un brevísimo comunicado na súa conta persoal de Twitter. Alí deixaba ás claras as súas intencións. «A partires de hoxe centrareime en facer o mellor proxecto posible (se non me convence outro diferente) para cando se convoquen eleccións ao Deportivo», anunciaba. A falta de saber cando se celebrarán, se algunha candidatura é quen de reunir o 5% do capital social do club, estas poderíanse adiantar. Un obxectivo que parece non preocupar a López Cascallar, máis centrado en facer un proxecto a longo prazo.
A partir de hoy, me centraré en hacer el mejor proyecto posible (sino me convence otro diferente) para el deportivismo cuando se convoquen elecciones al @RCDeportivo..sin perder mucho tiempo más en ser "Quijote una vez más" por conseguir el adelanto: "Disfrutemos todos lo votado" pic.twitter.com/d3SbeLKctN
— Manu L. Cascallar (@manulopezc) 24 de marzo de 2018