O equipo adestrado por Manuel Mosquera foi o convidado a esta festa estival do Fútbol da Costa da Morte.
Acollía o Platas Reinoso a festa estival do Fútbol da Costa da Morte. O 11 Ideal, escollido por 142 persoas relacionadas co noso fútbol na III Gala do Fútbol da Costa-QPC, enfrontouse a todo un Deportivo B, sendo un premio para os mellores deste ano no noso Fútbol.
En todo caso, a intención de Quepasanacosta é que este combinado sexa unha realidade e teña continuidade. O diario dixital da Costa da Morte que as entidades pertinentes tomen o relevo e asuman a organización destes eventos, para que a Costa da Morte poida xuntarse un par de veces ao ano e poidamos ver en acción aos nosos mellores xogadores. QPC quixo poñer a semente para a rexeración da Selección da Costa da Morte.
Unha moi boa selección ademais, como recoñeceron todos os presentes, que contaba con moita calidade, e con veteranía e xuventude, reflexadas en dous perfectos exemplos: Alejandro, eterno capitán do Corme, con 39 anos, e Christian, lateral esquerdo do XSC sendo aínda xuvenil de segundo ano, con 17.
Non se amilanou o combinado combinado costeiro ante todo un Fabril, nun típico partido de pretemporada no que o estado físico mellor dos herculinos se fixo notar na segunda metade, i é que apenas un par de clubes na Costa xa comezaron a pretemporada. Así e todo, o equipo dirixido polo escollido Mellor Adestrador do Fútbol da Costa, Manu Roque, saiu con descaro, asumindo o control de balón con Jota, Brais e Lucas combinando moi ben no medio campo. Doro buscaba entradas con perigo asociándose co seu, de novo compañeiro no XSC, Rubén Forján, e Aitor pola esquerda trataba de aliarse con Javi Suárez, moi incisivo arriba.
No ecuador do primeiro tempo, Doro cazou un balón longo, controlou e o balón quedou alto ao borde da área rematando dende aí de cabeza sorprendendo ao porteiro branquiazul cunha vaselina. Adiántabase o cadro costeiro para alegría do centenar de afeccionados que se achegaban ao Platas Reinoso.
Estirábase lixeiramente o cadro de Mosquera e Thiago desaproveitada unha inmellorable ocasión tras unha xogada pola banda esquerda pero remataba frouxo e fóra con toda a portería para el. Aí Julián tivo que facer un par de boas saídas ante algunha imprecisión da defensa costeira pero o marcador non se movería ata o descanso.
Cambiou a cor na segunda metade. O cadro fabrilista colleu o balón e dominou a posesión, pero o combinado local mantiña ben as posicións. Julián salvou un par de boas accións de Thiago, pero non puido ca terceira, unha fermosa volea dende o borde da área que se colou pola escuadra, facendo o empate.
Seguía o Deportivo B, xa internacional, cos africanos Issouf, Sidibé e Abu como barreira defensiva, así como o asiático Kim, moi activo en ataque, controlando o balón. Manu Roque xa fixera os seus cambios e o 11 da Costa colleu alento.
Aguantou as embestidas herculinas e estirouse. Raúl probou sorte dende fóra da área, e xa chegando ao final, unha combinación pola esquerda entre Javi Suárez e Alberto Recarey acababa cun remate do pontecesán ao segundo pau, o que supuña o 2-1 para os da Costa.
Imaxe: Jorge Parri
Info: quepasanacosta.com
Ficha técnica:
Costa-QPC: Julián (Dumbría), Rubén Forján (XSC), Chinda (Castriz), Alejandro (Corme), Aarón Fdez. (Dumbría), Lucas (Corme), Brais (Corme), Jota (XSC), Doro (XSC), Aitor (Fisterra) e Javi Suárez (Baíñas). Tamén xogaron: Gato (Outes), Matías (Camelle), Víctor Vecino (Zas), Miguel Torrado (Corme), Christian (XSC), Alberto Recarey (Pontece- so), Diego Cespón (Dumbría), Toniño (Corme), Raúl (Sofán) e Leilán (Sofán).
Deportivo B: Riki, Jorge Callón, Adrián Martínez, Iago López, Roberto Suárez, Samuel Rodríguez, Gabriel Sanín, Ángel Fernández, Thiago, Dani Iglesias e Marcos Remeseiro.
Tamén xogaron: Antonio Insua, Fernando, Issouf, Sidibé, Juan López, Kim e Abu.Goles: 1-0, min.25: Doro de cabeza por enriba do porteiro; 1-1, min.60: Thiago de fermo- sa volea dende fóra da área pola escuadra; 2-1, min.87: Alberto Recarey a pase de Javi Suárez.
Árbitros: Marcos Ordóñez, Xabier Fernández e Pablo Rama.
El combinado de la Costa da Morte puede con el Fabril
O equipo adestrado por Manuel Mosquera foi o convidado a esta festa estival do Fútbol da Costa da Morte.
Acogió el Platas Reinoso la fiesta estival del Fútbol de la Costa da Morte. El 11 Ideal, escogido por 142 personas relacionadas con nuestro fútbol en la III Gala del Fútbol de la Costa-QPC, se enfrentó a todo un Deportivo B, siendo un premio para los mejores de este año. En todo caso, la intención de Quepasanacosta es que este combinado sea una realidad y tenga continuidad.
Una muy buena selección, como reconocieron todos los presentes, que contaba con mucha calidad, y con veteranía y juventud, reflejadas en dos perfectos ejemplos: Alejandro, eterno capitán del Corme, con 39 años, y Christian, lateral izquierdo del XSC siendo aún juvenil de segundo año, con 17.
No se amilanó el combinado costeiro ante todo un Fabril en un típico partido de pretemporada en el que el mejor estado físico de los herculinos se hizo notar en la segunda mitad. El equipo dirigido por el escogido Mejor Entrenador del Fútbol de la Costa, Manu Roque, salió con descaro, asumiendo el control del balón con Jota, Brais y Lucas combinando muy bien en el medio del campo.
En el ecuador del primer tempo, Doro cazó un balón largo, controló y el balón quedó alto al borde del área rematando desde ahí de cabeza y sorprendiendo al portero blanquiazul con una vaselina. Se adelantaba el cuadro costero para alegría del centenar de aficionados que se acercaban al Platas Reinoso.
Se estiraba ligeramente el cuadro de Mosquera y Thiago desaprovechaba una inmejorable ocasión después de una jugada por la izquierda, pero remataba flojo y fuera con toda la portería para él. El marcador no se movería hasta el descanso.
Cambió el color en la segunda parte. El cuadro fabrilista cogió el balón y dominó la posesión, pero el conjunto local mantenía bien las posiciones. Julián salvó un par de buenas acciones de Thiago, pero no pudo con la tercera, una hermosa volea desde el borde del área que se coló por la escuadra.
Seguía el Deportivo B, muy internacional, con los africanos Issouf, Sidibé y Abu como barrera defensiva, así como el asiático Kim, muy activo en ataque. Manu Roque ya había hecho sus cambios y el once del combinado costero cogió aliento. Aguantó las embestidas herculinas y se estiró. Raúl probó suerte desde fuera del área y ya llegando al final, una combinación por la izquierda entre Javi Suárez y Alberto Recarey acabó con un remate del de Ponteceso al segundo palo que suponía el 2-1 para los de la Costa.
Imagen: Jorge Parri
Info: quepasanacosta.com