Chamamento dos Riazor Blues para que ninguén deixe a sua bufanda esquecida na casa. Como eles din: «Para que o Dépor voe, primeiro terán que facelo as nosas bufandas».
A Coruña, una cidade con motivos elementos e patrimonios, que nos caracterizan e representan; sobre todos elévase un escudo que marca a nosa vida, un equipo que fai vibrar a cidade. Un equipo que nos deu tantas alegrías, festas, tristezas e todo tipo de vivencias ao longo da nosa vida.
Chega unha nova fin de semana. Para moita xente serán dous días máis de calquera semana; non é o noso caso, para nós é a oportunidade de apoiar o escudo que fai grande esta cidade, cando máis o precisa. Achégase o final da temporada, eses momentos decisivos en que equipo e afección temos que deixar no campo a alma e o corazón.
Hai que sentir de novo esa ilusión de ver o equipo saltar ao campo antes do inicio do partido. E iso tamen depende de nós. Para que o estadio vibre desde ese primeiro minuto, facemos un chamamento para encher Riazor con esas bufandas que moitas veces deixamos esquecidos na casa.
Para que o Dépor voe, primeiro terán que facelo as nosas bufandas. Cando o equipo salte ao campo, todo o estado coa bufanda na man para tinguir Riazor de azul e branco.
SEMPRE VOLTAMOS, NÓS NUNCA FALLAMOS.
POR TODO ISTO, ESTE DOMINGO NON PROLONGAMOS A SOBREMESA, VÉMONOS NAS BANDAS DE RIAZOR ÁS 15:45!
Hoxe non esquecemos a bufanda na casa
ESTA HINCHADA NUNCA SE RINDE! pic.twitter.com/UoZpf9zf5m
— Riazor Blues (@RB1987Oficial) May 12, 2019