O vindeiro 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, terá lugar o II Memorial Irmáns da Lexía. Organizado pola Asociación Xermolos e Riazor Blues, levarase a cabo en diferentes puntos das localidades de Guitiriz e Parga.
A presentación será o mércores día 7 de agosto, ás 12:00, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16, 1°, A Coruña). Acudirán: Selva García, filla de Pepín da Lexía; Alfonso Blanco da Asociación Xermolos; Mero Iglesias da Irmandade Manuel María e representantes de Riazor Blues.
Que é o Memorial Irmáns Da Lexía?
O Memorial Irmáns Da Lexía é unha homenaxe a moitos deportistas que morreron vitimas da violencia fascista, representados nos tres irmáns Bebel, Jaurés, France e Pepín, os tamén coñecidos coma os Irmáns da Lexía.
Bebel, xogador do Deportivo, foi apresado en Santa Mariña de Guitiriz, pouco despois do golpe de estado de 1936. Xunto cos seus irmáns Jaurés e France escapaban do terror cara Asturias. Eran tres rapaces moi novos, deportistas…
A veciñanza lembrou sempre a súa coraxe, o seu temple de atletas, co que fixeron fronte aos que os detiveron. Trasladados a A Coruña foron fusilados no Campo da Rata…. O outro irmán, Pepín, fuxiu a Francia e despois de Latinoamérica.
Unha lousa de medo cubriu o recordo destes rapaces, ata que alguén na parroquia púxose a investigar a súa identidade, e facendo a que foi a derradeira viaxe destes líderes, quixo inmortalizar as que foron as súas últimas olladas, rexas nas súas ideas de liberdade e igoaldade. O espírito competitivo e gañador de Bebel, como transmiteu o escritor uruguaio Eduardo Galeano, contaxiou aos organizadores do Memorial dos Irmans da Lexía, que queren enfortecer na mocidade e na sociedade, en xeral, os valores dun humanismo universal desde as artes e os deportes.
Onde e cando é o Memorial Irmáns da Lexía?
As diversas actividades do Memorial deste ano levaranse a cabo en diferentes puntos das localidades de Guitiriz e Parga. Lugares que percorreron os irmáns nas súas últimas xornadas de liberdade.
O II Memorial Irmáns da Lexía terá lugar o vindeiro 17 de Agosto, coincidindo tamén co Día da Galiza Mártir, en diferentes puntos das localidades de Guitiriz e Parga.
Actividades dentro do Memorial
· II Trofeo Bebel. Partido de fútbol que xogará un equipo local e outro da comarca da Coruña
· Actividade cultural no Campo da Festa de Santa Mariña, penedo no que ergue un monumento aos Irmáns da Lexia:
· Presentación do acto polas asociacións convocantes Ofrenda floral no monumento aos Irmans da Lexía Intervencións de representantes de grupos asistentes
· Xantar Popular
· Concertos e foliada popular