Desde as redes sociais, estase levando a cabo unha convocatoria dirixida á afección deportivista para que asista este domingo ao estadio herculino coa bandeira galega, como resposta ao acontecido a fin de semana pasada en Pucela.
A prohibición por parte das forzas de seguridade de non permitir entrar no estadio do Valladolid a seguidores deportivistas con bandeiras galegas supuxo un profundo malestar en moitos siareiros branquiazuis e tamén en moitos galegos en xeral, xa que a xustificación de que son símbolos «que incitan á violencia» parece que non convence a ninguén, especialmente tendo en conta que en moitos estadios -tamén no Nuevo José Zorrilla- se ten detectada a presenza de bandeiras españolas franquistas e anticonstitucionais.
Este tipo de decisións e prohibicións non son a primeira vez que acontecen en diversos estadios de España, pero non fai falta saír de Galicia para que se produzan estas situacións: na cancha do Obradoiro Blusens, en Santiago de Compostela, foron varios os seguidores que denunciaron que non lles permitiron acceder ao recinto coa bandeira nacionalista galega.
Como resposta a esta falta de liberdade de expresión, nas redes sociais estase a promover que os afeccionados que acudan este domingo a Riazor ante o Espanyol acudan ao campo con bandeiras galegas. O encontro disputarase o día 19 a partir das 17 horas.
Un Riazor ‘galleguizado’
Desde las redes sociales, está llevándose a cabo una convocatoria dirigida a la afición deportivista para que asista este domingo al estadio herculino con la bandera gallega, como respuesta a lo acontecido el fin de semana pasada en Pucela.
La prohibición por parte de las fuerzas de seguridad de no permitir entrar en el estadio del Valladolid con banderas gallegas supuso un profundo malestar en muchos hinchas deportivistas y también en muchos gallegos en general, ya que la justificación de que son símbolos «que incitan a la violencia» parece que no convence a nadie, especialmente teniendo en cuenta que en muchos estadios -también en el Nuevo José Zorrilla- se tiene detectada la presencia de banderas españolas franquistas y anticonstitucionales.
Este tipo de decisiones y prohibiciones no son la primera vez que acontecen en diversos estadios de España, pero no hace falta salir de Galicia para que se produzcan estas situaciones: en la cancha del Obradoiro Blusens, en Santiago de Compostela, fueron varios los seguidores que denunciaron que no les permitieron acceder al recinto con la bandera nacionalista gallega.
Como respuesta a esta falta de libertad de expresión, en las redes sociales está promoviéndose que los aficionados que acudan este domingo a Riazor ante el Espanyol acudan al campo con banderas gallegas. El encuentro se disputará el día 19 a partir de las 17 horas.