Riazor.org subiuse ao autobús da Peña Deportivista Barcelona na visita do Deportivo a Tarragona. A festa das gradas trasladouse a unha zona mixta con nomes propios, visitas e festexos.
Eran unhas 50 gorxas en Barcelona e multiplicáronse por catro á súa chegada a Tarragona. A ‘Peña Deportivista Barcelona’ levou a voz cantante dunha afección que puxo o grito no ceo, a cor na grada e o gol de Xisco no fondo das mallas cando xa morría o fútbol e se asomaban as meigas. E fixérono a máis de mil quilómetros de onde rompen as ondas de Riazor.
Lóxico que ó final do encontró atopásemos a un prudente pero novamente emocionado Lendoiro. O presidente agradeceu o apoio dunha afección “impresionante” a sabendas de que foron eles os que lograron o ascenso. Os que- este ano- salvaron ó Clube dun desastre económico e dun incerto futuro.
A historia do Deportivo recordará os 90 minutos de Tarragona como os máis delicados do ano, onde o ceo e o inferno se viron de preto no fío dunha navalla. Outros recordaremos dez horas que envolveron este caramelo explosivo. Dende a saída da cidade condal ata a despedida do autobús do equipo ás dúas da mañá. Un día no que non se aliñaron os astros do fútbol e onde os goles non saíron de botas de tacos senon de gorxas herculinas.
Un viaje hacia el ascenso
Eran 50 gargantas en Barcelona y se multiplicaron por cuatro a su llegada a Tarragona. La ‘Peña Deportivista Barcelona’ llevó la voz cantante de una afición que puso el grito en el cielo, el color en la grada y el gol de Xisco en el fondo de las redes cuando ya se moría el fútbol y se asomaban las meigas. Y lo hicieron a más de mil kilómetros de donde rompen las olas de Riazor.
Lógico que al final del partido encontrásemos a un prudente pero de nuevo emocionado Lendoiro. El presidente agradeció el apoyo de una afición “impresionante” a sabiendas de que han sido ellos los que han logrado el ascenso. Los que -este año- han salvado al Club de un desastre económico y de un futuro incierto.
La historia del Deportivo recordará los 90 minutos de Tarragona como los más delicados del año, donde el cielo y el infierno se vieron de cerca sobre el filo de una navaja. Otros recordaremos las diez horas que envolvieron a este caramelo explosivo. Desde la salida de la ciudad condal hasta la despedida del autobús del equipo a las dos de la mañana. Un día en el que no se alinearon los astros del fútbol y donde los goles no salieron de botas de tacos sino de gargantas herculinas.