Tras coñecer a sanción coa que esta semana a Comisión Antiviolencia multou ao Deportivo e a Miguel Otero, piden o apoio do deportivismo e da directiva ante o que consideran “unha serie de agravios”.
Esta semana púidose coñecer que a Comisión Antiviolencia multou ao Real Club Deportivo cun total de 70.000 euros, dos cales 25.000 son pola “xestión deficiente do libro de rexistro de seguidores, coa circunstancia agravante de reincidencia pola sanción imposta na mesma materia na pasada campaña”. Os restantes 45.000 euros, impóñense “por facilitar apoio a grupos de seguidores” que “incurriron en condutas definidas como violentas”. Pola súa parte, ao presidente de Federación de Peñas, Miguel Otero, castígano con 22.000 euros “por facilitación de entradas e medios de desprazamento a grupos violentos”, e ademais, non poderá asistir a recintos deportivos durante 18 meses.
Todo isto tivo resposta por parte das peñas que firman o comunicado que se reproduce a continuación, que defenden a xestión de Miguel Otero e critican as actuacións que desde fai varias semanas se veñen tomando contra os intereses do Deportivo:
COMUNICADO DAS PEÑAS DEPORTIVISTAS ABAIXO FIRMANTES
En relación coa recente proposta de sanción contra D. Miguel Otero, Presidente da Peña Deportivista Djalminha e Presidente da Federación de Peñas do Deportivo, queremos expresar o seguinte:
– Ofrecer o noso total e máximo apoio a Miguel Otero e a Federación de Peñas, que veñen de realizar ao longo destes anos unha laboura desinteresada e positiva a prol do noso club e da nosa afección.
– Solicitar coa máxima urxencia e contundencia ao Real Club Deportivo de A Coruña que se pronuncie e mobilice na defensa de D. Miguel Otero, xa que defendelo é defender á meirande parte da nosa afección. É a oportunidade de demostrar que o club si está á altura desa afección que tantas veces o apoiou.
– Solicitar ao conxunto da afección que, trala serie de agravios que ven sufrindo dende o pasado 30 de novembro, especialmente en comparación con outros clubs e afeccións e tendo en conta todo o acontecido, se replantexe desde cero a situación a efectos de buscar e acadar a máxima unión interna posible, así como co club e o equipo, demostrando o por qué foi galardoada como a mellor afección da Liga.
– Convocar unha reunión urxente á que asistan todas as peñas posibles, federadas ou non, que estean interesadas, para analizar a situación actual e propoñer ideas de apoio que poidan axudar a mellorala, na liña das mantidas durante o pasado mes de decembro.
– Unha vez máis, expresar a nosa máis absoluta condena da violencia.
– Forza Dépor!
Na Coruña, a 16 de Xaneiro de 2015.
Peña Deportivista do Barrio/ Peña Chaflán/ Peña Manuel Pablo/ Peña Dinos/ Peña Turuto / Peña Jaballi/ Peña Djalminha/ Peña O Previo/ Peña Bicho Ribera/ Peña Laure/ Peña Cambresa/ Peña Teixeiro/ Peña La Cuesta
COMUNICADO DE LAS PEÑAS DEPORTIVISTAS ABAJO FIRMANTES
En relación con la reciente propuesta de sanción contra D. Miguel Otero, Presidente de la Peña Deportivista Djalminha y Presidente de la Federación de Peñas del Deportivo, queremos expresar lo siguiente:
– Ofrecer nuestro total y máximo apoyo a Miguel Otero ya la Federación de Peñas, que acaba de realizar a lo largo de estos años una labor desinteresada y positiva en pro de nuestro club y de nuestra afición.
– Solicitar con la máxima urgencia y contundencia al Real Club Deportivo de A Coruña que se pronuncie y movilice en la defensa de D. Miguel Otero, ya que defenderlo es defender a la mayor parte de nuestra afición. Es la oportunidad de demostrar que el club sí está a la altura de esa afición que tantas veces lo apoyó.
– Solicitar al conjunto de la afición que, tras la serie de agravios que viene sufriendo desde el pasado 30 de noviembre, especialmente en comparación con otros clubes y aficiones y teniendo en cuenta todo lo acontecido, se replantee desde cero la situación a efectos de buscar y conseguir la máxima unión interna posible, así como con el club y el equipo, demostrando el por qué fue galardonada como la mejor afición de la Liga.
– Convocar una reunión urgente a la que asistan todas las peñas posibles, federadas o no, que estén interesadas, para analizar la situación actual y proponer ideas de apoyo que puedan ayudar a mejorarla, en la línea de las mantenidas durante el pasado mes de diciembre.
– Una vez más, expresar nuestra más absoluta condena de la violencia.
– ¡Forza Dépor!
En A Coruña, a 16 de enero de 2015.
Peña Deportivista do Barrio/ Peña Chaflán/ Peña Manuel Pablo/ Peña Dinos/ Peña Turuto / Peña Jaballi/ Peña Djalminha/ Peña O Previo/ Peña Bicho Ribera/ Peña Laure/ Peña Cambresa/ Peña Teixeiro/ Peña La Cuesta