O preparador coruñés deixou de lado as insinuacións de Claudio Barragán nas que aseguraba sentirse ofendido ante a fe mostrada polo de Castrofeito nas posibilidades de vencer do conxunto herculino en Ponferrada.
Sen polémicas. O adestrador do Deportivo quixo evitar darlle máis bóla ao que el considerou unha errónea interpretación de Claudio Barragán, adestrador da Ponferradina, xa que cando falou da súa convicción de que os deportivistas tiñan opcións de derrotar aos do Bierzo non o fixo por desprestixiar a capacidade do seu rival, e incluso asegura que el mesmo se encargou de piropealos. “Non sei que puido entender. Na miña traxectoria nunca houbo ningún momento no que lle faltase ao respecto a ninguén. Teño un respecto absoluto. Non foi unha falta de respecto, foi confianza nos meus xogadores”, remarcou.
Ademais, deixou claro que é o máis lle doe é que a parroquia rival poida pensar que realmente el quixo faltarlles ao respecto, algo que insistiu en explicar que non forma parte da realidade das súas palabras. “O que me preocupa é o que poida pensar unha afección que respecto absolutamente e un club ao que lle teño un cariño especial”, expuxo.
Tamén falou sobre o cartón amarelo que lle impedirá este domingo sentarse no banco, e sobre a súa traxectoria con este tipo de situacións. “Nunca me están sacando cartóns porque insulte, foi por un xesto que fixen”. Tamén recoñeceu entre sorrisos que está tratando de medirse máis e de non ser tan impulsivo. “En liñas xerais aínda que vos pareza que non, estou mellorando”, riu.
En canto á convocatoria, recoñeceu que coa a entrada de Uxío esta queda “máis compensada”, pero tivo palabras de mágoa pola lesión de Núñez. “Perdemos a Antonio que evidentemente é duro para el e para o equipo”.
Sobre os seus futbolistas, unha vez máis fixo referencia á marxe de mellora que segue existindo a nivel individual e colectivo. “O talento maior dun futbolista é se vales 90 dar 90 na competición. Eu noto que temos máis do que entregamos, e nese sentido hai que traballar”, analizou. Pese a iso, quixo eloxiar o bo labor dos seus homes. “Colectivamente estamos sendo un equipo de calidade porque o rendemento está sendo alto”, verbalizou.
Por último, preguntado polo derbi ante o Lugo da vindeira semana, Vázquez recoñeceu que se trata dun encontro “no que as afeccións comparten estadio e está claro que hai máis emoción” pero deixou claro que ás veces “dáselle unha importancia” que matematicamente e a nivel de puntos non existe.
Insua: “O que teña que vir xa virá”
O central galego Pablo Insua non quere oír falar dos ‘cantos de serea’ que ao parecer chegaron nas últimas semanas desde Madrid, e preferiu centrarse no traballo co seu actual equipo. “A min o que me toca é traballar ben aquí e non descentrarme con esas cousas. O que teña que vir xa virá”, zanxou.
Falou tamén do seu acompañante na zaga Carlos Marchena, ao que eloxiou por todo o que lle está a aportar como futbolista e como persoa. “Sábeas todas, aprender del é moi importante. Sérveme moito para empaparme do que é o fútbol profesional. Está sempre axudándome”, afirmou. Por outra banda, quixo defender o fútbol dos coruñeses e a “identidade propia” do seu xogo. “Penso que si temos as ideas claras de a qué xogamos”, manifestou.
Vázquez ‘pasa’ de polémicas
El preparador coruñés dejó de lado las insinuaciones de Claudio Barragán en las que aseguraba sentirse ofendido ante la fe mostrada por el de Castrofeito en las posibilidades de vencer del conjunto herculino en Ponferrada.
Sin polémicas. El entrenador del Deportivo quiso evitar darle más bola a lo que él consideró una errónea interpretación de Claudio Barragán, técnico de la Ponferradina, ya que él asegura que cuando habló de su convicción de que los deportivistas tenían opciones de derrotar a los del Bierzo no lo hizo por desprestigiar la capacidad de su rival, e incluso asegura que él mismo se encargó de piropearlos. «No sé que pudo entender. En mi trayectoria nunca hubo ningún momento en el que le faltara al respeto a nadie. Tengo un respeto absoluto. No fue una falta de respeto, fue confianza en mis jugadores», remarcó.
Además, dejó claro que lo que más le duele es que la parroquia rival pueda pensar que realmente él quiso faltarles al respeto, algo que insistió en explicar que no forma parte de la realidad de sus palabras. «Lo que me preocupa es lo que pueda pensar una afición que respeto absolutamente y un club al que le tengo un cariño especial», expuso.
También habló sobre el cartón amarillo que le impedirá este domingo sentarse en el banquillo, y sobre su trayectoria con este tipo de situaciones. «Nunca me están sacando cartones porque insulto, fue por un gesto que hice». También reconoció entre sonrisas que está tratando de medirse más y de no ser tan impulsivo. «En líneas generales aunque os parezca que no, estoy mejorando«, bromeó.
En cuanto a la convocatoria, reconoció que con la entrada de Uxío ésta queda «más compensada», pero tuvo palabras de preocupación por la lesión de Núñez. «Perdemos a Antonio que evidentemente es duro para él y para el equipo».
Sobre sus futbolistas, una vez más hizo referencia al margen de mejora que sigue existiendo a nivel individual y colectivo. «El talento mayor de un futbolista es si vales 90 dar 90 en la competición. Yo noto que tenemos más de lo que entregamos, y en ese sentido hay que trabajar», analizó. Pese a eso, quiso elogiar el buen cometido de sus hombres. «Colectivamente estamos siendo un equipo de calidad porque el rendimiento está siendo alto», verbalizó.
Por último, preguntado por el derbi ante el Lugo de la próxima semana, Vázquez reconoció que se trata de un encuentro «en el que las aficiones comparten estadio y está claro que hay más emoción» pero dejó claro que a veces «se le da una importancia» que matemáticamente y a nivel de puntos no existe.
Insua: «Lo que tenga que venir ya vendrá»
El central gallego Pablo Insua no quiere oír hablar de los ‘cantos de sirena’ que al parecer llegaron en las últimas semanas desde Madrid, y prefirió centrarse en el trabajo con su actual equipo. «A mí lo que me toca es trabajar bien aquí y no descentrarse con esas cosas. Lo que tenga que venir ya vendrá», zanjó.
Habló también de su acompañante en la zaga Carlos Marchena, al que elogió por todo lo que le está aportando como futbolista y como persona. «Las sabe todas, aprender de él es muy importante. Me sirve mucho para empaparme del fútbol profesional. Está ayudándome siempre», afirmó. Por otra banda, quiso defender el fútbol de los coruñeses y la «identidad propia» de su juego. «Pienso que sí tenemos las ideas claras de a qué jugamos», manifestó.