O adestrador herculino confía en que ademáis de Toché e da aínda non oficial chegada de Salomão, podan contar con dous xogadores máis. Tamén falou das alternativas que ten para sustituir a Álex Bergantiños e da visita de Valerón.
Fernando Vázquez mostrase entusiasmado pola chegada de reforzos ao Real Club Deportivo neste mercado de inverno. “Temos un xogador novo e a punto de ter outro”, dixo en referencia ao recén adquirido Toché e ao exdeportivista Diogo Salomão. “Estamos pelexando por traer máis”, comentou.
O técnico branquiazul desexaría outra fichaxe cun perfil “organizador e creativo” e recoñeceu que aínda se están mantendo negociacións para pechar un acordo con Ibrahim Sissoko. Non está descartado, pero estanos costando. É un xogador de banda, zurdo. Se pode ser él o terceiro, doume por satisfeito. E se ademáis chega un organizador bailaría unha muiñeira”, bromeou. “Foise Culio pero podemos sair gañando”.
Vázquez tamén foi preguntado pola convocatoria de Stefan Deak para xogar este domingo. “As posibilidades de que sexa de inicio son escasas pero non está descartado. Teño outras alternativas que posiblemente sexan as que saque”. O adestrador ten en mente, ante a ausencia de Álex Bergantiños, dar saída a xogadores como “Uxío, Teles, Juan Carlos, Luisinho” para que acompañen a Juan Domínguez. Coa falta de efectivos en defensa e tendo en conta que non sabe se poderá contar con Pablo Insua, Vázquez recurrirá a Kaká. Na súa opinión, “Estamos no peor momento da tempada a nivel de xogadores tocados”.
Para o partido ante a U.D. As Palmas, o de Castrofeito considera importante levar o gol average nun partido que se presenta especial polo regreso de Juan Carlos Valerón a Riazor e por ser o último partido de Lendoiro no palco presidencial. “Non sei o que sentirei mañá. A nivel deportivo foi increíble o que fixo e é un soño que ningún coruñés ou deportivista hai 25 años podía soñar. E quedará aí para sempre”. Sobre O Flaco, confesou que lle ten “un cariño especial” e que ten ganas de “velo e abrázalo”. Eso sí, “a partir de aí é un rival e hai que derrotalo”, matizou.