Comunicado de más de 50 peñas deportivistas

Publicado:

El escrito, en el que se muestra apoyo a Riazor Blues y se critica la gestión del Consejo, fue entregado al Deportivo.

COMUNICADO:

UNIÓN COMPROMISO E XUSTIZA PARA O DEPORTIVISMO

Son tempos difíciles para todo o DEPORTIVISMO despois dos luctuosos sucesos do 30 de novembro nos aledaños do estadio Vicente Calderón, que deron co ASASINATO dun seareiro deportivista. As peñas abaixo asinantes queren manifestar o seguinte:

– O noso pésame e as máis sinceras condolencias á familia e aos amigos de ‘Jimmy’, vítima dun ASASINATO neo-nazi. Este xa de por si duro suceso, viuse agravado pola penosa actuación dos medios de comunicación, condenando á familia do finado a unha persecución pública sobrepasando calquera límite da ética humana, así como a continua estigmatización de ‘Jimmy’ namentres os asasinos continúan ceibes.

– Como soci@os deportivistas e amantes do fútbol, non podemos facer outra cousa salvo a MÁIS ENÉRXICA CONDEA DA VIOLENCIA no entorno do fútbol, coma nos outros eidos da sociedade; feito que non impide amosar a nosa solidariedade co colectivo de RB. Non aprobamos o linchamento que están a sufrir tanto eles como tódalas persoas que nos sentimos cercanas a eles. Para o deportivismo, RB non é violencia. Para o deportivismo é alento, paixón, colorido, ánimo nos 90 minutos, e é por iso que non entendemos a enorme manipulación mediática á que se lles está sometendo. Un feito illado non pode ser representativo dos 27 de historia. Non imaxianos un Riazor sen RB apoiando ao noso Dépor, nas boas e nas malas, cos seus tifos, cos seus cánticos… enchendo Riazor xornada tras xornada e acompañando ao equipo nos seus desprazamentos, exactamente igual que os demáis seareiros, sexan ou non RB.

– Deixar patente o noso malestar coa xestión que o Consello de Administración do R.C.D. está a ter en todo este luctuoso acontecemento. Están a tomar medias de cara á galería, dirixidos plenamente dende Madrid pola LFP e os seus medios estatais. Medidas, coma o peche da grada de Maratón, criminalizando a toda a afección, ou a venda de entradas a un euro, cuxa excusa como repulsa a violencia (en Riazor NON SOMOS VIOLENTOS), en vez de defender ao deportivismo e salientar que aquí, na Coruña, ninguén contaba cos privilexios que teñen outros grupos polo Estado adiante: cuarto de material, punto de venda, xestión das entradas do fondo… todo iso dentro do seu propio estadio. Queremos asemade salientar a falla de humanidade que o noso clube, directivos, técnicos e xogadores, tivo cara ao finado e a súa familia.

– Facemos un chamamento a que os responsables deixen de «perder o tempo» coa venda das entradas (ata onde sabemos viaxar a ver o fútbol con entrada NON É DELITO), co aluguer dos autocares, co punto de saída… e se poñan de xeito inequívoco a buscar aos asasinos do seareiro deportivista ‘Jimmy’. Aproveitamos para mandar unha aperta a directiva da Federación de Peñas, criminalizada inxustamente no medio desta chapuza que foi o dispositivo de seguridade DUN PARTIDO DE PRIMEIRA DIVISIÓN.

– Agradecer as mostras de solidariedade recibidas por tódalas hinchadas, chegadas tanto dende o Estado coma de toda Europa, cunha mención especial aos seareiros da A.D.R.V., co colecitvo dos Bukaneros á cabeza, durante os difíciles días que os nosos pasaron en Madrid, demostrando unha vez máis orgullo de clase e que as bancadas unen, o feixismo separa.

– Invitamos a todo o deportivismo que acoda o vindeiro luns 15 ao estadio, a que no minuto 30 (coincidindo coa data do asasinato) garde o minuto de silencio de costas ao terreo de xogo polo asasinato de ‘Jimmy’, o cal aínda non se gardou en Riazor.

-E sen olvidar todo o dito anteriormente, brindamos a nosa colaboración no que poidamos para solucionar a situación de crispación social no seo do nos clube, esperando que as investigación recorran o seu camiño. E coma seareiros deportivistas correspondenos facer un chamamento á toda a afección para acudir ao adestramento do domingo, amosando ao equipo e directiva o noso apoio e a importancia do alento de RB, e o pulo necesario ao equipo de cara ao trascendental encontro do luns 15 de decembro. Deste xeito, tentar correxir a marcha deportiva entre todos, con UNIÓN E COMPROMISO, e tentar acadar o obxectivo da tempada. RESPETO A UN SENTIMENTO. ¡FORZA DÉPOR!

No te pierdas el último Son de Riazor

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, SON DE RIAZOR:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Camino a los 45
puntos para la salvación
Hazte patreon

¿Quieres unirte a nuestra comunidad deportivista y apoyar a un proyecto independiente desde 2002? Disfrutarás, además, de ventajas exclusivas.

Más Noticias Deportivo

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].