Un mar de bandeiras branquiazuis contra o Málaga

Riazor Blues, Old Faces e a Federación de Peñas chaman á afición a encher Riazor este sábado: «Fagamos un mar de bandeiras branquiazuis contra o Málaga».
2 abril 2026 - 19:30

O deportivismo ten unha cita ineludible este sábado. Riazor Blues, Old Faces e a Federación de Peñas do Deportivo fixeron público un comunicado conxunto no que chaman a toda a afición a encher Riazor para o partido ante o Málaga, un dos encontros máis decisivos da tempada na loita polo ascenso á Primeira División.

A mensaxe non deixa lugar a dúbidas: «Chegou o noso momento». Con esas palabras abre un texto que repasa o longo camiño percorrido dende o descenso ás categorías de bronce do fútbol español ata a actual posición do Deportivo na LaLiga Hypermotion, a un paso de regresar á élite.

Riazor, un campo infranqueable

O comunicado pon o foco no papel da bancada como factor determinante. Os tres colectivos piden que Riazor se converta nun campo infranqueable o sábado e fan un chamamento expreso a levar as bandeiras branquiazuis que, no seu día, acompañaron ao equipo de volta á Segunda División. A consigna: converter Riazor nun mar de bandeiras dende xa ata o final da tempada.

«Que os nosos xogadores sintan que cando saltan ao campo non están sós», recolle o texto, que pecha cunha frase que resume a filosofía dunha afición que non abandonou ao club nin nos peores momentos: «Nós non imos fallar. Ti tampouco podes fallar».

O momento decisivo

O Deportivo afronta a recta final da tempada co ascenso a Primeira División no horizonte. Un partido na casa contra o Málaga representa «un pulo significativo neste último treito do camiño de volta». A convocatoria apela directamente á memoria colectiva do deportivismo: «Nós non abandonamos nunca, nin na B, nin na C, nin cando todo parecía perdido».

O comunicado íntegro

Chegou o noso momento. Hai anos comezamos o noso camiño de regreso á primeira división. Sabiamos que ía ser un camiño longo e difícil, con moitos obstáculos e con momentos dramáticos. Apenas precisamos botar á vista atrás para decatarnos de que así foi, e valorar todo o percorrido ata hoxe.

Mais agora temos diante de nós unha oportunidade inmellorable de poder acadar iso que tanto devecemos: voltar á primeira división. Este sábado vai ser crucial. Unha victoria na casa implica dar un pulo significativo neste último treito do camiño de volta. Nós non abandonamos nunca, nin na B, nin na C, nin cando todo parecía perdido. Sempre o dixemos: vannos ver volver.

Este sábado facemos falta todas e todos. Ninguén pode faltar. Temos que facer que Riazor sexa un campo infranqueable. Temos que levar as nosas bandeiras branquiazuis, aquelas que nos devolveron á segunda división, e facer que Riazor sexa de aquí a final de temporada un mar de bandeiras BRANQUIAZUIS ao vento. Fagamos unha previa memorable, enchamos Riazor con 30.000 almas empurrando ao equipo cara a victoria, orgullosas do seu club, animando ata o último alento, marcando desde a bancada o primeiro gol. Que os nosos xogadores sintan que cando saltan ao campo non están sós, que non os imos deixar caer nos 90 minutos. O primeiro gol marcámolo desde as bancadas.

Nós non imos fallar. Ti tampouco podes fallar.

Sempre co Dépor. Só unha forza.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].