Si hay una persona feliz por los éxitos de David Mella en el Deportivo ese es Gonzalo Mella. El padre del canterano, que también vistió la camiseta del conjunto coruñés en su etapa como futbolista, fue uno de los protagonistas del programa de este lunes de A Balón Parado. Entre otros asuntos, explicó cómo de importante es la labor del entorno familiar en la formación de los jóvenes jugadores. En los momentos buenos, pero más aún en aquellos de mayor dificultad.
Así vivió el gol y el partido de David Mella
«Estabamos comentando Chus e máis eu na grada a ver se David tiña unha ou dúas porque estaba o partido para iso. Cando dis unha ou dúas é esa situación de espazo á espalda e poder correr en velocidade, que é a gran virtude que ten. Estabamos esperando un deses momentos, quizás non para que fose gol, senón para asistir ou centrar, pero chegou o gol. Unha alegría».
«Somos moi familiares. O único que queres é saudalo ao principio, cando vai ao campo, e estar un ou dous minutos con el para a volta. Ao final non convivimos xuntos e sempre queremos dar ese ánimo ou neste caso felicitar se as cousas van ben. Non hai máis».
Cómo está David Mella tras su gol ante el Lugo
«David está exultante. Vén dunhas temporadas difíciles, con moito volume de adestramentos e de viaxes, con lesións relativamente importantes… O final da temporada pasada foi moi bo para el. O inicio desta co primeiro equipo tamén. Non olvidemos que é un xogador do Fabril e esa é a mentalidade. Todo o veña a maiores hai que aproveitalo».
Así gestionó su etapa en el Fabril durante la pretemporada
«Cando na segunda semana se decide que baixe ao Fabril hai que estar ahí para apoialo, para dicirlle como son as cousas para que as entenda. A veces que os rapaces destas idades onde parece que todo vai ben poidan entender estas cousas, ao mellor é difícil. Nese sentido estamos orgullosos por como xestionou todo este tema e el está feliz. Está nun momento no que se atopa ben a nivel físico e as cousas estanlle saíndo. Están apostando por el, estanlle dando minutos e estánlle saíndo as cousas. O gol do outro día é o máximo, é unha alegría».
«Por fortuna Chus e eu somos de deporte. Vimos do deporte tanto a nivel de xogador e xogadora, como a nivel técnico. Sempre tes unha axuda para traballar este tema. Os xogadores teñen que darse conta cando son do Fabril que estas dinámicas son normais. A veces explicarllo a rapaces de 16, 17 ou 18 anos é un pouquiño complexo. Se hai unha boa comunicación e entendemento non pasa nada. Son cousas naturais e todo volve ao seu sitio con traballo, non hai outra historia. No fútbol hai moitos para pouco».
La lesión que le paró durante la temporada pasada
«Xa hai dous anos houbo un proceso no que se vía que había problemas na zona da pube, que é unha lesión bastante limitante pola dor. Xa viña de atrás. O ano pasado había moita fatiga, a estrutura non estaba para soportala e o corpo pide papas. Nese momento ponse en coordinación todo o gabinete médico e David, que é quen ten que poñer o traballo, Estamos moi agradecidos ao traballo que se fixo no Dépor con el. Iso non quere dicir que noutro momento non poida ter a mesma doencia, pero hai un traballo detrás importantísimo. Cando che comunican que tes que parar seis meses e a semana pasada estabas coas selección… foi un pau. Á semana de recibir a noticia toca traballar e pensar no día a día para volver máis forte. E así foi».
El importante apoyo de la familia
«Eu tamén tiven a miña experiencia como xogador de base e logo do primeiro equipo e vives situacións que che axudan a saber como vai o camiño de David. Afortunadamente sempre mostrou unha habilidade para este deporte. Dentro diso, o club sempre apostou por el e realmente estamos aquí porque hai unha boa comunicación. Os pasos que se están dando son os correctos e a partir de agora, que se está tocando o fútbol profesional, depende do rendemento».
«Se estamos aquí é por asesorar a David de que o mellor era estar cerca da casa para ter unha formación boa e cercana que lle puidera axudar. E o Dépor neste caso tamén apostou forte por levar a David ao fútbol profesional».
La entrevista completa a Gonzalo Mella en RiazorTV
