O Deportivo participa na campaña ‘Aquí tamén se fala’

O Deportivo ven de participar na campaña 'Aquí tamén se fala' que promove a dinamización
25 enero 2024 - 22:24

O Deportivo acaba de publicar un vídeo co que participa no movemento ‘Aquí tamén se fala’. «Trátase dunha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna inmediata de cada alumno. Un proxecto que comezou no IES Rafael Dieste da cidade da Coruña e que agora se estende por centros de todo o país!».

«Ademais, #aquítaménsefala pon especial atención á música e á cultura galega realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas redes sociais. Queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego. Ou de que no mundo da empresa non se usa, nin nos barrios, nin nas vilas… E para acabar con estas mentiras exercemos como técnicos/as de normalización lingüística».

No caso do equipo deportivista, os protagonistas foron Diego Villares, Hugo Rama, Dani Barcia e Rubén López. Catro xogadores da terra que falan sobre como eles empregan o idioma e, sobre todo, a importancia que ten mantelo vivo no presente e no futuro.

«Eu cos meus amigos si que falo galego habitualmente, coa familia tamén», apunta Villares, algo similar a Barcia, «cos meus pais e avoas falo galego, eles de sempre na aldea falaban o idioma». Van máis alá Hugo Rama e Rubén López. O primeiro destaca que «é importante que a xente máis moza fale galego, porque é unha lingua moi bonita e é unha pena que se perda». Pola súa parte, o fabrilista, que xa deu integramente en galego a súa primeira rolda de prensa co Dépor, teno claro: «Hai que defendelo, porque se non se comeza a falar entre a xente moza, acabarase perdendo».

Celta, Racing de Ferrol e Lugo son outros clubs galegos que tamén se sumaron a esta campaña.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].