Riazor Blues, Old Faces y Federación de Peñas lanzan un nuevo comunicado: renovación online y cese de la animación organizada

Los tres grupos -en un comunicado conjunto- solicitan a los abonados de Marathón Inferior la renovación online y lamentan el cese de la animación organizada.
20 julio 2026 - 21:05

Riazor Blues, Old Faces y la Federación de Peñas han lanzado un nuevo comunicado conjunto. «Marathón Inferior é dos deportivistas», comienzan los tres grupos en su escrito. En él solicitan a los abonados de dicha grada que renueven su carnet vía online, ya que están asesorándose legalmente de cómo proceder cuando haya que ir a por él a las oficinas del club. Además, concluyen comunicando que cesan «toda actividade de animación organizada no estadio de Riazor ata novo aviso».

El comunicado completo

«MARATHÓN INFERIOR É DOS DEPORTIVISTAS

Temos unha histórica canción na nosa bancada que xunta dous lemas: “sempre co Dépor… sempre en loita”. Son premisas que se converteron nunha forma de vida. Precisamente iso é o que estamos facendo agora, cando estamos a vivir un dos momentos máis difíciles da nosa historia. Despois da publicación das novas condicións discriminatorias para Maratón Inferior, o deportivismo falou alto e claro, pero o club negouse a escoitar. A fractura social que eles mesmos crearon maniféstase na falta de ilusión total por parte dos seareiros e nas cifras máis baixas de renovacións en anos, cando despois do ascenso tiña que haber un optimismo desatado.

Moitos están desexando que marchemos de Maratón Inferior e deixemos vía libre para cumprir o seu soño dun Riazor consumista e sen identidade. Ese estadio que poderían dirixir ao seu antollo, sen oposición algunha. Por iso, deseñaron un plan para lograr o seu obxectivo: unha extorsión dirixida aos que non pasan o seu filtro camuflada co nome de “condicións particulares”. Esas cláusulas que contemplan de forma clara e evidente a expulsión da nosa casa.

Iso será o que teñan que facer, botarnos á forza. Non lles regalaremos Maratón Inferior tan facilmente. Despois de varias décadas de deportivismo incondicional, non podemos entregarlles as chaves dunha parte esencial das nosas vidas. Moitas xeracións de rapaces e rapazas medramos detrás da portería da antiga bancada de General. Cando eles aínda non sabían que xogabamos de branquiazul, nós xa estabamos aí.

Esta loita non é só nosa, non pertence unicamente aos tres colectivos que asinamos este comunicado. Trátase dunha cuestión que afecta a toda a bancada de Maratón Inferior e que implica todas as zonas do estadio. Todo o deportivismo está a sofrer as consecuencias coa suba desmedida dos abonos, aínda que só unha parte sexamos sinalados e menosprezados.

Este chamamento vai dirixido a vós, deportivistas que nas últimas semanas apoiastes as protestas e expresastes de distintas maneiras o voso malestar. Pedímosvos que sigades mostrando UNIÓN e FORZA, como un exemplo da loita e dignidade que nos caracterizan.

O seguinte paso é que RENOVEDES ONLINE O VOSO ABONO. Pregámosvos encarecidamente que así o fagades xa que estamos asesorándonos legalmente de como proceder cando haxa que ir polas oficinas do club recoller o abono. Se alguén por causas de forza maior ten que renovar de forma presencial, por favor pedide SEMPRE a folla de reclamacións de consumo da Xunta de Galicia (que poderedes encher na vosa casa, xa vos indicaremos como facelo). Cómpre actuarmos coma un conxunto para defendermos os nosos dereitos. É fundamental que todas e todos sigamos firmes nas nosas reivindicacións. Nos vindeiros días informaremos de como proceder cando haxa que ir polas oficinas do club. Unha vez máis, precisamos máis ca nunca da nosa UNIÓN e FORZA.

Non podemos deixar un só asento libre, non imos permitir que os nosos asentos de toda a vida sexan ocupados polas marionetas desexadas polos dirixentes. Pelexaremos cada partido por evitar que Riazor se converta nun estadio sen alma, onde o equipo visitante xogue sempre coma local.

E por último, comunicamos que CESAMOS toda actividade de animación organizada no estadio de Riazor ata novo aviso. Sentimos moito tomar esta medida drástica e dolorosa, mais nós non eliximos esta situación.

Facémolo para evidenciar unha realidade que nunca debería ser necesario explicar: a animación non é un botón que se acende e se apaga por orde de ninguén. É unha expresión espontánea, colectiva e emocional. Non se pode dirixir, delimitar nin reducir a un espazo sen desnaturalizala.

A partir de agora falará o silencio. E ese silencio, onde antes había voces, cánticos e alento, fará máis ruído que calquera protesta. Porque só cando falta aquilo que sempre se deu por feito se comprende o seu verdadeiro valor.

Unha vez máis, recordámoslle á directiva que seguimos á espera da súa chamada para arranxar este asunto e devolverlle á afección a estabilidade que merece. Están a tempo de rectificar e que poidamos afrontar esta temporada coa ilusión que tiñamos cando se culminou o ascenso.

Oxalá este silencio sirva para reflexionar sobre o que significa a animación, sobre o respecto que merece e sobre a necesidade de entendela como parte esencial da identidade dunha bancada e dun club.
Porque ás veces, o maior dos berros é deixar de cantar».

No te pierdas el último Son de Riazor

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, SON DE RIAZOR:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].