«A protesta continúa no trofeo Teresa Herrera«. Así comienzan su último comunicado la Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces. Los tres grupos mantienen su lucha «contra as condicións discriminatorias e abusivas impostas en Marathón Inferior«. Para ello, toman como punto de central de su protesta el Teresa Herrera ante el Real Madrid y establecen tres pilares que pretenden trasladar a todo el deportivismo.
— Federación de Peñas Deportivistas (@fpdeportivistas) August 11, 2026
Primeramente hacen un llamamiento directo a todos los afectados de Marathón Inferior a que no acudan a Riazor durante la celebración del Teresa Herrera. Además, solicitan el apoyo de todo el deportivismo con el objetivo de «solicitar de novo unha solución a unha directiva cada vez máis afastada da esencia do club e da súa xente».
Además de no acudir al estadio, instan a no liberar el asiento de cara a esta cita, escudándose en que -al tratarse de un partido amistoso- no computa dentro del mínimo de partidos anual obligatorio. Por último, insisten en la idea de que mantienen «de xeito indefinido a cesación da actividade de animación no interior do estadio«.
El comunicado completo
«A PROTESTA CONTINÚA NO TROFEO TERESA HERRERA
Diante do xogo que enfrontará ao noso equipo contra o Real Madrid no Trofeo Teresa Herrera, e mantendo a nosa loita contra as condicións discriminatorias e abusivas impostas en Marathón Inferior, a Federación de Peñas do Deportivo, Old Faces e Riazor Blues queremos trasladar a todo o Deportivismo a seguinte información:
- Facemos un CHAMAMENTO directo a todos os afectados de Marathón Inferior a NON ACUDIR ao estadio durante a celebración do Trofeo Teresa Herrera. Pedímoslle a toda a afección deportivista que secunde esta protesta e deste xeito solicitar de novo unha solución a unha directiva cada vez mais afastada da esencia do club e da súa xente.
- Así mesmo, coincidindo con este partido, pedímoslle a toda a masa social que NON LIBERE o seu asento. O club obriga a asistir a un mínimo de partidos oficiais ao ano ou, no seu defecto, a liberar a localidade. Ao tratarse dun partido amigable, o Teresa Herrera NON COMPUTA para ese mínimo anual obrigatorio, polo que a túa ausencia non penalizará o teu saldo de asistencia.
- Seguimos loitando pola nosa dignidade e lembramos que mantemos de xeito indefinido a cesación da nosa actividade de animación no interior do estadio.
Animamos a todo o deportivismo a continuar coas protestas e a non ceder na defensa dun modelo de club xusto e respectuoso coa súa afección. Que Riazor sexa o reflexo do que sempre foi, e non un escaparate comercial sen alma.
RESPECTO PARA MARATHON INFERIOR».
