Foto: Fernando Fernández

Gilsanz se despide entre agradecimientos : «Non estés triste porque terminou, sonríe porque sucedeu»

Gilsanz se despidió del Dépor entre agradecimientos y dejando un buen recuerdo de su etapa de cinco años en el conjunto blanquiazul.
26 junio 2025 - 11:08

Óscar Gilsanz se despidió de su etapa en el Deportivo leyendo un comunicado visiblemente emocionado. El técnico betanceiro se despide después de cinco temporadas en las que pasó por desde la base del club blanquiazul hasta llegar al primer equipo. Gilsanz, cerró su etapa como blanquiazul con un mensaje de agradecimiento a todos los estamentos del club, desde la directiva hasta los jugadores, acompañado por sus seres queridos y miembros del club, como Benassi o Michelle Escotet.

«Más que un comunicado de despedida me gustaría que fuese de agradecimiento. Agradecer al club la predisposición por el ofrecimiento que me hicieron para quedarme en la estructura del club. No estaba convencido de que las funciones fueran lo que yo puedo aportar ni lo que a mí me llenaba. Teniendo en cuenta que el 30 de junio acaba mi vinculación hacer un agradecimiento al club. Más adelante, si hay alguna circunstancia en la que yo pueda ser el perfil y que a mí me encaje habrá esa posibilidad«, comenzó Gilsanz.

El comunicado de agradecimiento de Gilsanz completo

«Cheguei ao clube no verán do 2020, nunha situación moi complicada tanto na sociedade, cun verán lastrado pola pandemia, como no clube despois do descenso á Segunda División B naquel lembrado partido contra o Fuenlabrada. Dende aquel momento, cada ano foi mellor que anterior.

Catro anos e tres meses despois, o clube decide que colla os mandos do primeiro equipo. Sen tempo case para pensalo, a ilusión e responsabilidade, a partes iguais, foron os mellores compañeiros nestes sete meses.

Facendo balance de todos estes anos, os sentimentos que rondan pola miña cabeza son de orgullo e agradecemento. Orgullo, non só de pertencer ó Dépor, senón de facelo nos que probablemente foron os peores momentos da nosa e historia a nivel deportivo. E agradecemento a toda a xente que me fun atopando no camiño nestes cinco anos.

Grazas pola oportunidade e pola confianza demostrada por apostar en mín en un momento tan delicado. Grazas á dirección deportiva, á dirección xeral, ao consello de administración, á vicepresidente, Michelle Escotet, e ao presidente, Juan Carlos Escotet, polo seu apoio sempre. Síntoma moi agraedcido por permitirme demostrar que un adestrador galego, de Betanzos e deportivista, que se formou na canteira de Abegondo, ten a capacidade para guiar ao primeiro equipo ao obxectivo.

Fago extensible este agradecemento a todos os cargos directivos que ao longo destes cinco anos estiveron á fronte do clube e desde o primeiro momento sempre confiaron en min.

Grazas tamén aos membros do meu staff, tanto no primeiro equipo, como no fabril e xuvenil. Grazas pola vosa profesionalidade. O voso traballo demostra que a gran fortaleza de Abegondo está na xente que enche de traballo e dedicación o día a día. Infintamente agradecido a todos vós. Mención especial para o único que me acompañou desde o inicio, Grazas Lagar polos teus coñecementos e por non deixar nunca que me acomode nas miñas ideas e facer que cada dia fóramos mellores.

Grazas a todos os xogadores aos que puiden adestrar, polo voso esforzo, a vosa profesionalidade e o voso compromiso. Grazas por deixarme sacar o máximo de vós para facervos cada día mellores.

Grazas a todos e cada un dos traballadores do clube. Médicos, redaptadores, fisioterapeutas, utilleros, personal de cociña, de limpieza, de xardinaría, de oficinas, de seguridade, de comunicación, de fotografía, de prensa e a todos os delegados do clube e conductores de furgonetas. A todas e cada unha das persoas que, sen ningunha dúbida, son corazón de club.

Grazas a todos os técnicos que traballan na base, moi agradecido polo voso apoio sempre, polas vosas mensaxes e pola vosa ilusión cara min. O futuro está nas mellores mans, e seguiredes a garantir a mellora dos nosos canteiráns

Grazas á prensa polo voso escrupuloso respecto hacia min e ao meu traballo sempre.

E por suposto, grazas ao deportivismo. Non creo que sexa capaz de explicar con palabras o que un sinte cada vez que sae a defender este escudo, en Riazor ou en calquer outro estadio. O voso alento incondicional emocióname, en cada recibimento, en cada visita ao hotel ou en cada saída ao estadio. Eternamente agradecido polo voso apoio sempre, dende os primeiros días, durante o camiño e, sobre todo, neste último mes. Non creo que poda devolvervos tanto cariño hacia min.

Por último, grazas á miña familia e amigos, por estar sempre aí, nos bos e malos momentos. Especialmente aos meus pais por ensinarme que o camiño do traballo e da honestidade é sempre o correcto. Tamén a miña muller e aos meus fillos polas horas roubadas e polo sufrimento que eles non elixiron.

Quédome con dúas frases que definen este momento perfectamente. Non estés triste porque terminou, sonríe porque sucedeu; así me sinto agora mesmo. Tamén unha frase do gran Xoel López, na canción de lodo. Si estás atrapado en las sombras aguarda, del lodo crecen las flores más altas. Estou convencido de que o Dépor volverá, como di esa frase xa viral: voltaremos. É como sinto este momento do clube. Forza Dépor e moitas grazas a todos».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].