Juan Domínguez: “No vestiario houbo pelexa por saber quen marcou”

16 febrero 2014 - 22:13

Os xogadores que saíron á zona mixta aínda estaban confusos sobre a autoría do gol que permitiu arañar un punto ao Deportivo.

Aínda coa emoción no corpo, a zona mixta tralo partido entre Deportivo e Sporting de Xixón foi unha morea de declaracións chea de dúbidas sobre a autoría do tanto miragroso que deu un punto que sabe a victoria. Fabricio, que por uns intres considerouse autor do gol, Juan Domínguez e Álex Bergantiños foron os encargados de mostrar as súas impresións tras este encontro de máxima rivalidade.

Fabricio: “Fue una euforia, un éxtasis”

O porteiro grancanario recoñeceu que celebrou o gol do empate “como si fuese mío pero creo que fue Toché. Cuando vi la pelota salí, fui con todo, me giré, vi que botaba y entraba”. Desta maneira, o empate “sabe a victoria” para o ‘13’ branquiazul. Sobre a xogada do tanto encaixado, Fabricio asegurou que “fue una lástima. Justo golpea, da en Laure y entra la pelota”.

YouTube player

Juan Domínguez: “Temos que xerar máis ocasións”

O centrocampista pontés tamén defendeu que o resultado “sabe a victoria porque foi no último segundo do partido. De perder tres puntos, vaste con un. En determinadas fases pode ser que nos custara xerar xogo, pero en ocasións nós fomos superiores”, explicou en referencia ás oportunidades que tiveron “Salomao, Toché e Borja co penalti”. O que falla no equipo é “o acerto. Se o tivéramos gañaríamos o partido sen ningunha dúbida, incluso fallando un penalti”.

Sobre o autor do tanto, manifestou que “aínda non o sabemos, houbo barullo no remate. No vestiario hai pelexa, foi pola zona de Fabricio, Toché Marchena…”.

YouTube player

Álex Bergantiños: “Non tivemos fluidez”

Para Bergantiños, hai que ter en conta que “estamos xogando contra un dos mellores equipos da categoría” para xustificar que “non tivemos moita fluidez. Tivemos opcións, o penalti e a de Salomao”. Sobre o gol do empate, o ‘4’ branquiazul razonou que “todo o que o balón parado nos quita, nos ten que axudar de vez en cando”.

YouTube player

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].