Foto: Fernando Fernández

Óscar Gilsanz: «Vexo a Yeremay con ganas de quedar e ao Dépor con ganas de medrar con el»

Uns meses despois da súa saída do Deportivo, Óscar Gilsanz analizou no podcast 'Non Vale Furar' a súa etapa no club blanquiazul.
10 octubre 2025 - 18:10

Meses despois da súa saída do Deportivo, Óscar Gilsanz agarda unha proposta atractiva que o devolva á ‘roda’ dos adestradores. Coa perspectiva do paso do tempo, o técnico betanceiro fixo un repaso no pódcast Non Vale Furar da súa etapa como branquiazul, desde os triunfos coa canteira ata chegar ao primeiro equipo. Un tempo no que destaca un nome por riba dos demais: o de Yeremay Hernández.

Segundo el mesmo describiu, trátase dun xogador «diferente» ao que afirma terlle «un cariño especial por moitas cousas». Con todo, non ten problema en admitir que na súa relación houbo «encontronazos», o que non deixa de ser algo normal no mundo do fútbol entre os xogadores e o corpo técnico. Aínda así, «el respéctame e eu respéctoo a el moito», o que fai que haxa un bo trato entre ambos os dous. «Vai seguir mellorando sendo un tipo normal», afirma.

Para Gilsanz, o ’10’ deportivista valora «esa estabilidade e ese contexto para medrar», o que o converte nunha persoa particular nun ámbito no que os cartos están á orde do día: «Vexo a Yeremay con ganas de quedar e ao Dépor con ganas de medrar con el». Unha sensación que ata o de agora vai acorde aos feitos, toda vez que o canteirán rexeitou propostas moi suculentas para seguir na casa defendendo as cores branquiazuis.

O novo Deportivo de Antonio Hidalgo

O feito de non adestrar permítelle a Gilsanz seguir ao tanto do que fai o club dentro da Segunda División: «Creo que vin o 95% dos partidos de Segunda División nestas oito xornadas e o equipo que maior capacidade ofensiva ten en canto a ritmo é o Dépor». Unha análise «obxectiva e con distancia» dun plantel renovado para o desafío de pelexar polo ascenso a Primeira División.

Para intentalo, a dirección deportiva optou tras a súa marcha por contratar a Antonio Hidalgo, ao que considera «un grandísimo adestrador» botando unha ollada aos feitos. «Demostrouno nos sitios nos que estivo e vai facelo aquí tamén», sentenza. Polo de agora non vai mal encamiñado.

A entrevista completa a Óscar Gilsanz en Non Vale Furar

YouTube player

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].