Paula Novo é un exemplo do talento que atesoura o Dépor ABANCA na canteira e que xa comeza a brillar co primer equipo. Acostumada a outro perfil do campo, a boirense vén ocupando o lateral dereito con Fran Alonso nun inicio de Liga F que non está sendo tan bo como se esperaba. Con todo, defensora espera que o equipo dea un paso cara adiante este mesmo sábado (19:00 horas, DAZN), na visita a Riazor do DUX Logroño.
Ademais do estado de forma do grupo, a xogadora falou tamén sobre as expectativas de futuro do club co novo Dépor Training Center e recordou a súa chegada á Coruña e ao primeiro equipo. Un momento no que tivo importancia a figura da capitá Cris Martínez, agora de baixa pola feliz nova da maternidade.
Un comezo irregular do Dépor ABANCA
«Son tres partidos sen puntuar, pero sobre todo este último foi unha derrota bastante dura. Sabemos que podemos dar moito máis nivel e iso é o que esperamos. Estamos analizando os partidos anteriores para poder traballar como facemos esta semana e poder sacar os tres puntos que queremos a fin de semana, que é o que queremos».
«Arriba temos moito talento con moi boas xogadoras. Cando se dan esas situacións de vantaxe arriba sabemos aproveitalas, pero sobre todo neste último partido faltou intensidade, que é algo que non nos caracteriza. Non nos pode volver a pasar».
Obxectivo do ano
«Non nos centramos nun obxectivo como o Top-8. Creo que non é o primeiro no que nos temos que fixar, senón no día a día. Ir traballando nas cousas que necesita o equipo e pouco a pouco poder achegarse a eses ideais nos que estea o Dépor ABANCA. Creo que podemos telo na nosa visión, pero non algo que ter na mente todos os días como unha presión. Estamos tranquilas, traballando no que está na nosa man día a día e ir traballando semana a semana».
Dépor Training Center
«Son cousas que chaman a atención e que as nenas pequenas vexan iso cerca e que pode ser posible é moi ilusionante para que queiran quedar no Deportivo. O Dépor ABANCA é unha referencia para o fútbol feminino galego e vai selo a nivel nacional. A aposta que están facendo por nós é moi importante e vai acabar dando os seus froitos».
Cris Martínez, unha referente
«Recordo a primeira vez que entrei por ese vestiario e para min era como ‘terra, trágame’. Ela sempre nos poñía todas as facilidades do mundo ás do filial e acollíanos como se fósemos unha máis. Teño a sorte de ter unha relación moi cercana con ela e moi feliz por esta baixa que ten agora. Vai ser mamá moi pronto e si, é unha referente para nós e para o Dépor ABANCA. Leva desde que empezou e vai ser referente tamén para moitas nenas».
La charla completa con Paula Novo, en Patreon

¿Quieres apoyar nuestro trabajo diario desde hace más de dos décadas? Hazte Patreon y disfruta de todo nuestro contenido, como la entrevista a Paula Novo. Tendrás acceso a nuestro canal de Discord, al sorteo de entradas, a las previas de los viernes y mucho más.