Rubén López e o seu ano de estrea co Deportivo: «Non contaba con vivir algo así desde o primeiro momento, é un soño»

O centrocampista Rubén López valorou en zona mixta tras o Deportivo - Castellón a súa primeira tempada con protagonismo no primeiro equipo.
30 mayo 2024 - 10:08

Unha vez finalizado o partido entre o Deportivo e o Castellón, o centrocampista Rubén López compareceu en zona mixta, onde fixo balance da súa primeira tempada con certo protagonismo no primeiro equipo. O de Silleda foi un dos rapaces da canteira nos que confiou Imanol Idiakez durante o curso e nestas últimas xornadas suma dúas titularidades máis coas que seguir prolongando o que para el é «un soño».

Preguntado por como viviu a campaña, o futbolista de 19 anos explicou que o a chamada do primeiro plantel do Deportivo foi toda unha sorpresa: «Non contaba con vivir algo así desde o primeiro momento, pero benvido sexa. Estou contento e vivindo un soño».

Todo isto comentouno tras un encontro no que o Dépor conseguiu poñerse por diante na final de campións da Primeira Federación. «Queremos levar o título e estou contento pola titularidade, polo rendement o individual e do equipo. Da gusto despedir así a tempada cun ambiente bonito. Dar as grazas á afección polo ambiente que crean sempre», afirmou.

Explicou Rubén que viu «un partido con moito ritmo, de outra categoría. Intentamos aproveitar as contras e facer dous goles para remontar». Tras conseguido, asegura que o equipo está «contento polo resultado», polo que agora debe «intentar defendelo en Castellón» no último compromiso antes das vacacións de verán.

De cara á proxima tempada é cauto, aínda que non deixa de amosar a súa ilusión por seguir aumentado o seu protagonismo sempre que o corpo técnico así o considere: «Tomámolo con ambición e ganas. Se nos dan a oportunidade tocará estar preparados para facelo ben».

As boas palabras de Idiakez

O técnico deportivista tamén foi preguntado por Rubén, ao que valorou moi positivamente xunto ao resto de canteiráns: «Son moi novos para definirse, sempre hai prisa… Irá definíndoo o tempo, o proceso de renacemento. Ten boas condicións, gran actitude… É certo que ten a posibilidad de xogar máis ancorado, máis alto… Aínda polo que fai no campo lle custa máis suxeitarse porque fai moitas cosas, aperta e salta… O adestrador ten a obriga de acomodar a situación para que saque as súas virtudes».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].