Diego Villares recoñeceu que o triunfo do Deportivo foi un «alivio». «Creo que sobre todo temos unha sensación de alivio, de traballo ben feito. Xa merecimos semanas atrás, con resultados negativos aínda que a sensación era máis positiva. Ao final é o que manda. Hoxe foi moi bo partido de todo o mundo e tres puntos moi importantes», destacou o mediocentro vilalbés.
Preguntado pola diferenza entre as últimas semanas e este encontro, o centrocampista destacou o aspecto fundamental: «a eficacia». «Sobre todo acertamos un pouco máis, tivemos máis eficacia nos últimos metros. Puideron ser máis. Soubemos sacarlle moito partido ao balón, xa o facíamos con Imanol e seguímolo intentando», engadiu Villares, que recoñeceu que aínda así o equipo errou moitas situacións de gol: «Aos de atrás desquicíabamonos un pouco porque parecía que non chegaba a sentencia. Pero todos os de arriba fixeron un traballo incrible».
Sobre como levou o equipo a semana co cambio de adestrador e os numerosos nomes que saían como posible adestrador do equipo, o ‘8’ deportivista explicou que «no era fácil». «Intentas aislarte de todo, sobre todo los que estamos dentro. Han sido días complicados, pero de todo se sale, todo va llegando», expresou.
Mentres, sobre Óscar Gilsanz, que fora xa o seu adestrador no Racing Vilalbés, Villares matizou: «O reencontro futbolístico plasmouse no campo. Estou moi contento. A nivel personal coincidimos a maioría de días. No vestiario intentas illarte e xogar ao fútbol, que é o que adoitamos facer».
Por último, sobre o sufrimento que o Dépor tivo que pasar co 1-3 no marcador, Villares especificou: «Están en casa, empujan, meten otro delantero… fueron minutos de juntarnos un poco más, arrimar el hombro y pudimos sentenciar».

Soriano: «En los partidos anteriores también se reflejaba este juego»
Pola súa banda, Mario Soriano comentou sobre o plantexamento do rival: “Sabíamos que ellos tienden a meterse atrás, especialmente con esa línea de cinco, pero el partido comenzó de la mejor manera posible. El gol de Peke (Yeremay) nos ha ayudado a tener más espacios por dentro, encontrábamos bien en última línea a los atacantes y el equipo ha estado muy bien. Este es el camino. En los partidos anteriores también se reflejaba este juego, pero lo que pasaba es que no entraban y las que tenía rival… hoy no las han metido».
A contundente vitoria tamén serviu para que o madrileño puxese o aceno no valor do colectivo: “Somos un grupo muy unido y eso se vio en el campo. A pesar de los cambios y la incertidumbre, estamos enfocados en estar lo más arriba posible”.
Sobre a destitución de Idiakez, Soriano afirmou: “Fue todo muy rápido, cuando llegamos al entreno nos enteramos. Como siempre dije ya el año de Borja, Cano y De la Barrera: cuando no hay resultados, lo más fácil es cambiar al entrenador. La decisión fue así, respetamos todo y por mi parte no puedo decir nada más».
Tanto o madrileño como o galego remataron as súas comparecencias agradecendo a solidariedade da xente que se está a achegar a Riazor para contribuír con comida para axudar ás persoas afectadas pola DANA.
