Foto: Fernando Fernández

Rubén Martínez: «A miña primeira idea é xogar»

O gardamallas do Deportivo valorou a súa situación no clube, ademáis de analizar o amistoso de hoxe fronte o Racing de Ferrol e as novas incorporacións do equipo branquiazul.
29 julio 2016 - 17:59

Rubén Martínez, gardamallas do Deportivo, valorou a súa situación no clube, ademáis de analizar o amistoso de hoxe fronte o Racing de Ferrol e as novas incorporacións do equipo branquiazul.

O ex de Levante, Almería e Málaga entre outros mostroúse moi ilusionado por volver á súa terra. «Despois de 19 anos fóra, foi unha alegría cando soupen que podía volver a casa», sinalou. Para Rubén, un importante punto positivo é que o xogar en Galiza non vai precisar de ataptación. Ademáis, o recibimento do plantel tamén facilitou a súa integración no grupo. «Os compañeiros, fenomenal; hai moi bo ambiente» repetiu en múltiples ocasións.

Según entende o gardarredes, esa boa sintonía que existe no vestiario vai axudar no aspecto deportivo. «Podemos facer piña, é importante para acadar os obxectivos», comentou o de Coristanco, que aplica a mesma filosofía para a competencia no seu posto. «A situación é a que hai. Somos tres porteiros, hasta cando hai dous é complicado. O que xogue estará máis contento, pero mentres haxa bo ambiente o día a día pode ser bo».

Aínda que sabe que será difícil, Rubén Martínez mostrouse disposto a loitar pola titularidade na meta deportivista. «Lux leva moito tempo no clube, pero tamén existe a posibilidad de que xogue eu. Traballo para que sexa así. A miña primeira idea é xogar«, afirmou.

Tras un ano moi convulso no posto de gardamallas, o Deportivo optou por reforzos de garantías, sendo Rubén un dos elixidos. Neste sentido, o recén chegado sinalou que o clube «fichou dous porteiros con experiencia en Primeira División, así que poden estar tranquilos»

Foto: Fernando Fernández
Foto: Fernando Fernández

Un rival coñecido

O próximo amistoso do cadro herculino será frente o Racing de Ferrol, equipo no que Rubén pasou unha campaña «complicada», xa que tivo escaso protagonismo, pero do que garda «un moi bo recordo».

O meta deportivista analizou o de hoxe como un encontro «especial», que o equipo deberá «aproveitar o máximo posible para poñer en práctica as ideas do entrenador, a filosofía do que quere facer».

Un plantel ilusionante

«O clube reforzouse moi ben, ten unha base espectacular do ano pasado e cos esforzos que está a facer hai moi bo equipo». Así de contundente mostrouse o branquiazul cando foi preguntado polo nivel das fichaxes, entre as que destacou especialmente a do último en incorporarse, Florín Andone, do que comentou que «é un desembolso, pero igual no futuro pódese vender por máis». O de Coristanco agarda que Andone «se adapte ben e siga coa racha goleadora».

Por último, o galego mostrouse ilusionado pero precavido sobre os obxectivos para a tempada que está a piques de arrancar. «Hai que empezar pouco a pouco e ir partido a partido. Non podemos poñernos metas coma entrar en Europa, hai que conseguir a salvación e buscar máis dende aí», finalizou.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].