Close Menu
    Facebook X (Twitter) Instagram
    RSS Facebook X (Twitter) YouTube Instagram
    Riazor.org
    • INICIO
    • RCD
      • Noticias Deportivo
      • Convocatoria
      • Crónica
      • Uno por uno
      • Análisis
      • Entrevistas
      • Horarios
      • Resultados y clasificación Deportivo de La Coruña
      • Cedidos
      • Dépor Genuine
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Dépor Fem
      • Resultados y clasificación
    • Foro Dépor
    • Patreon
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Inicio » Análisis » A análise de Yago Iglesias: Celta B

    A análise de Yago Iglesias: Celta B

    0
    Por Yago Iglesias on 27 agosto, 2021 Análisis

    Co comezo da nova temporada, estreamos sección: A análise de Yago Iglesias. A partir de agora, cada semana, contaremos coa súa firma na previa dos partidos. O extécnico da SD Compostela será o encargado de analizar ao rivais do Deportivo para riazor.org. Nesta primeira entrega é o turno do Celta B de Onésimo. O filial celeste visita este domingo Riazor (21h30).

    Contextualización

    Primeiro partido da ‘nova era Primeira Federación’, todo o mundo coas expectativas de saber cal vai ser o ritmo e o nivel verdadeiro desta liga. Xa só vendo a confección de plantillas, o nome dos clubes e todo o que rodea a esta categoría, todos temos claro que vai ser de primeiro nivel.

    O Celta B chega con moitísimos cambios con respecto á plantilla que conseguiu o ascenso a temporada pasada. Iso si, ten a continuidade no banco de Onésimo, e isto vaille dar unha idea moi recoñecible en canto ao modelo de xogo. A día de hoxe, aínda está incorporando xogadores. Ata a data son xa 15 caras novas na plantilla, o cal fai que cheguen a este primeiro partido con menos rodaxe que o propio Deportivo ou que outros clubes.

    Ademais, tivo a moitos xogadores adestrando con Coudet no primeiro equipo durante a pretemporada. E isto tamén condicionou que xogara poucos amigables. Veñenme á cabeza os que disputou contra Arenteiro (derrota 3-0), Coruxo (vitoria 2-1) e Leixões sub-23 (2-2). Pouco máis puideron xogar. Entón hai certas dúbidas en canto ao acoplamento dos novos xogadores de cara a este primeiro partido.

    Celta B vs Deportivo
    Instantánea del Celta B vs Dépor 2020/21. Foto: Fernando Fernández

    Idea de xogo colectiva

    Sobre a idea de xogo, como dicía, hai continuidade de Onésimo, que o ano pasado sacou un rendemento exquisito dos xogadores. Gústalle o xogo vertical, os seus equipos son moi de roubar e contraatacar, o cal, tendo en conta a idea de xogo do Deportivo, pode ser beneficiosa. Dispón un esquema de xogo basado no 4-4-2, gústalle xogar con dous puntas. Agora mesmo hai certas dúbidas de quenes van ser eses dous futbolistas, pero verémolo o domingo. É difícil anticipar cando a día de hoxe só está Lauti como punta -e Fabricio do Rosario, incorporado esta mesma semana-.

    As liñas xerais do partido, tendo en conta a contextualización do partido e a idea de Onésimo van ir precisamente por aí. Veremos un Celta B que se fará moi forte defensivamente e que a partir de aí intentará aproveitar os espazos que lle poida deixar o Deportivo para contraatacar; con xogadores xóvenes, de calidade e que no momento que teñen que dispoñer de balón tampouco van renunciar a facelo.

    Celta B vs Deportivo
    Jordan Holsgrove en Riazor. Foto: Fernando Fernández

    Xogadores destacados

    Para min, vai ser fundamental a parella de centrais. Tendo en conta que Carlos Domínguez irá co primeiro equipo, os elixidos seguramente sexan Javi Castro (cedido do Alcorcón) e Álex Martín (ex Cádiz), este último con algúns minutos xa en Primeira División. Son futbolistas de altísima calidade, de bo trato de balón, expeditivos, rápidos… Malia á súa xuventude, seguro que lle van dar moita experiencia á faceta defensiva do equipo. Ademais deles, destaco a:

    Thomas Carrique, lateral dereito que ven do Calahorra. Un xogador con moitísimo percorrido e que está chamado a ser o que supla a baixa de Sergio Carreira.

    Jordan Holsgrove, que continúa do ano pasado e para min é clave na faceta de iniciación e creación do equipo celeste; xogador a controlar.

    Àlex Carbonell e Carlos Beitia, que veñen a darlle ese plus ao centro do campo do Celta B.

    E por último, os dous extremos, a continuidade de Alfon e Javi Gómez, que volve do Burgos. Son dous auténticos puñais polas bandas.

    A partir de aí, pendentes de saber cal vai ser a parella de dianteiros, tendo en conta que é o esquema que lle gusta a Onésimo (4-4-2). Pero basicamente, a idea principal é esa.

    Conclusión

    Creo que os puntos clave do partido van estar en contrarrestar a estes xogadores, sobre todo na faceta ofensiva. E en aproveitar e sacar partida desta pretemporada atípica que puido ter o conxunto celeste, con todas estas incorporacións que aínda se están dando ao longo da semana. Se cabe, todos os equipos están aínda sen acoplar, pero eles seguramente tarden un pouco máis. A partir de aí, hai que estar moi, moi finos en intentar contrarrestar as transicións rápidas que pode facer o Celta B.

    Previous ArticleEl Deportivo revela la segunda camiseta de la temporada 21/22
    Next Article Celso Borges se marcha con Costa Rica pendiente del ERE del Deportivo
    Yago Iglesias
    • X (Twitter)

    Técnico Superior Fútbol Nivel 3 | Licenciado en CCAFD | Profesor Escuela Gallega de Entrenadores de Fútbol | Master PF Futbol (@rfef) | Coach Deportivo

    Últimas noticias
    16 junio, 2025

    A Balón Parado Especial: ‘Lo que tú quieras, Yeremay’

    16 junio, 2025

    OFICIAL | Yeremay anuncia que se queda en el Deportivo con una mejora en su cláusula de rescisión

    16 junio, 2025

    El Dépor ABANCA ficha a Olaya Rodríguez hasta 2028

    16 junio, 2025

    Zakaria Eddahchouri tira de armario para hacerle un guiño a sus raíces y al Deportivo campeón

    • Directos
    1 junio, 2025

    Comenta y sigue en directo el Deportivo – Elche

    29 mayo, 2025

    Dépor Juvenil – Betis, en directo: sigue en vídeo la semifinal de la Copa de Campeones

    25 mayo, 2025

    Así te contamos en directo el Zaragoza 1-0 Deportivo

    • Entrevistas
    13 mayo, 2025

    Óscar Marotías: «Es una temporada inmejorable, el playoff es un premio a los chavales y al club»

    1 mayo, 2025

    Obrador y su posible continuidad en el Dépor: «Quiero centrarme en entrenar y disfrutar lo que me queda aquí; es una opción y no descarto nada»

    17 abril, 2025

    Eva Dios: «La renovación tan larga fue un poco sorpresa y todavía no lo tengo del todo asimilado»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    Codigo promocional codere

    Kinemaland

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2025 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de cookies (UE)

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.