David Vilán: «Hai un nivel moi bo na canteira do Deportivo con xogadores que me sorprenderon bastante»

O dainteiro do Fabril David Vilán falou este luns no A Balón Parado sobre o momento actual do filial deportivista e a súa etapa na Coruña.
5 diciembre 2023 - 18:27

A mala fortuna cruzouse esta fin de semana co Fabril, que perdeu na súa visita ao Guijuelo cun gol en propia porta de Brais Val. O filial deportivista queda así con 17 puntos na táboa, a dous dos postos de descenso. Sobre a situación actual do equipo falou David Vilán, futbolista branquiazul, no programa do luns de A Balón Parado. Ademais, explicou como está a ser a súa experiencia na Coruña tras volver a Galicia despois de tres anos en Madrid.

O gol en propia de Brais Val

“Son xogadas que son de mala sorte porque Brais (Val) supostamente non quere dar o pase aí. Quere darlla ó porteiro, pero son xogadas de mala sorte que nun determinado momento entran na portería. A calquera lle pode pasar en calquera momento”.

Partido competido ante o Guijuelo

“Penso que na primeira parte eles tiveron máis o dominio do partido. Ó final a experiencia no principio do partido, eles están acostumados a xogar alí, fixo que comezasen mellor. Conforme foi pasando o partido e máis na segunda parte tivemos ocasións para empatar e incluso para rematalo e poder gañar. Non quixo entrar a pelota, pero quero recalcar o esforzo e a competitividade do equipo porque foi moi boa. Nun campo difícil, céspede artificial. Ó equipo mireino bastante ben, bastante forte, e por esa xogada desafortunada perdemos”.

A súa volta a Galicia

“Moi contento. A casa sempre tira. Estiven tres anos vivindo na residencia do Atlético de Madrid e o terceiro a metade de temporada marchei cedido ao Fuenlabrada. A verdade que tiña moitas ganas de volver aquí. É unha oportunidade que mirei con moi bos ollos e estou súper agradecido de poder estar aquí coa miña familia”.

Cambio de categoría para el

“É un nivel parecido. É verdade que na Primeira Federación hay xogadores e equipos cunha calidade individual moi boa, pero ó final o nivel de xogo e a competitividade é moi parecida. O cambio nótase porque é un cambio de categoría, pero parecido”.

A canteira do Dépor

“Penso que hai un nivel moi bo nesta canteira con xogadores que me sorprenderon bastante. Sobre todo non tanto futbolísticamente, senón persoalmente a facilidade para falar coa xente. Moi familiar o club. Moita xente que che ven falar dos xuvenís. Cando subes co primeiro equipo para adestrar moi bo trato. Iso é o que máis me sorprendeu”.

Subir co primeiro equipo

“Eu fichei polo Fabril para axudarlles a eles. Estou contento ahí, intentando traballar porque obviamente todos queremos ir cara arriba, adestrar e xogar co primeiro equipo. Sigo pasiño a pasiño, que é o importante, e o que teña que vir virá”.

Xuvenís destacados

“Moitos dos que están no Xuvenil A que veñen adestrar con nós sorprendéronme. Vilela, Mardones, Delgado… rapaces moi pequenos como Rubén e José Rey, que suben tamén con nós. Son xogadores moi curiosos e para a idade que teñen e o pequeniños que son son moi descarados”.

O futuro de David Vilán

“Eu este ano estou cedido aquí e é verdade que teño unha opción de compra. É difícil porque estou cedido polo Atlético de Madrid e o Deportivo ten que desembolsar unha cantidade para poder ficharme, entón eu estou centrado en facelo ben este ano e oxalá se poida dar todo e poder avanzar neste club, que no tempo que levo estou moi contento. A ver o que pasa. Estou cedido e se todo segue igual terei que volver para a pretemporada es só me quedará ese ano por cumplir de momento”.

A entrevista completa a David Vilán en A Balón Parado

YouTube player

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].