Diego Villares foi o protagonista da entrevista desta semana en RiazorTV. Convertido xa nun dos capitáns do Deportivo, afronta a súa cuarta tempada no conxunto branquiazul na procura do ansidado ascenso a Segunda División. O centrocampista vilalbés analizou a actualidade deportivista nunha semana na que o equipo recibe a visita do Celta Fortuna.
Derrota contra o Fuenlabrada
«É a forma na que perdes, empezas a semana aínda pensando niso e dáslle máis voltas das que lle darías a unha derrota calquera. Sobre todo o luns, que puidemos falar un pouquiño no vestiario e tamén coa análise que nos fai o míster a semana que entra, axuda a desconectar, cargar pilas e pensar no seguinte partido».
«A xente que participa nesa xogada (a do segundo gol) xa o dicía. É un accidente como pode ser o erro de Germán, que non acostuma a pasar. Temos que analizar sobre todo o gol do empate, por que nolo fan, e esas ocasións finais. Saber pechar mellor os partidos«.
Os ‘tocados’ tras Fuenlabrada
«Pablo (Martínez) creo que foi un golpe que no momento foi bastante molesto e impedíalle seguir xogando. Hoxe xa adestrou con normalidade e sentiuse bastante cómodo. O de Mikel (Balenziaga) é algo muscular que xa depende de cada persoa. Veremos se a semana que vén ou a seguinte está con nós. Yeremay xa fixo parte do entreno, que é algo que me alegra«.
A ansiedade por gañar
«O fútbol é iso, vitorias. Se non sumas de tres ó final sempre entran dúbidas. O equipo sempre ten algo que mellorar e creo que o outro día tamén nos puido pesar un pouquiño o medo a gañar que tivemos nos minutos finais e nos levou a meternos máis atrás».
«Creo que pecamos de non sentenciar os partidos. Tanto outro día como en partidos anteriores tivemos ocasións claras para poder facelo antes. Por exemplo como fixemos en Lugo, que nos levou a un final máis tranquilo e a un resultado máis abultado. Se o rival marca o empate e trunca todo o traballo que levas feito durante tanto tempo é algo humano. Temos que ter máis serenidade e paciencia con balón e ver que o que fixemos antes no partido temos que mantelo se non queremos que pase como o outro día».
O derbi ante o Celta Fortuna
«Tanto eu como calquera sempre o intentamos afrontar como un partido máis. Afrontar a semana da mellor maneira posible e preparala acorde ao partido. Despois sabes que non é un partido como outro calquera e a xente de aquí sabe o que significa enfrontarse ao filial do máximo rival».
Imanol Idiakez
«Pola miña parte moi ben. É un adestrador moi cercano, que sempre ten esas charlas cos xogadores. Aínda que non sexan individuais, que sempre as ten moi asiduas, sempre todos os días ten unha charliña con todos para dicirnos o que quere, o que estamos facendo ben, mal… Iso creo que a cada xogador nos axuda bastante. Nos adestramentos incide bastante no tema balón, pero é algo que nos gusta e nos axuda».
As decepcións ante Albacete e Castellón
«É difícil e máis nalguén coma min que vive aquí tan cercano. Ó final é algo que sempre che vai quedar metido na cabeza. O de Castellón é distinto, pero o de Albacete que se che escapa no último momento é algo do que sempre te vas acordar de non moi boas… O que pensas é que este ano ten que ser, pero coa cabeza pensando en que a tempada é moi longa«.
«Sempre disfrutas porque te estás dedicando ao que máis che gusta nun club como o Dépor. Cando veñen mal dadas sempre tes que arrimar o ombreiro máis que noutras ocasións, pero tamén é moi importante a unidade que temos aí dentro e axúdaste moito no día a día. sobre todo cando veñen malos momentos».
La entrevista con Villares, en Patreon
¿Te gusta el contenido que hacemos? ¿Quieres apoyar nuestro trabajo diario? ¡Hazte Patreon y disfruta de muchos beneficios como los sorteos exclusivos, las previas de los viernes en directo y mucho más!
