Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces ofrecen su versión de la reunión con el Deportivo

Los tres colectivos publican el comunicado conjunto «Escoitar e rectificar», en el que relatan el encuentro del pasado miércoles con dos representantes del club y exponen los tres puntos que plantearon.
7 agosto 2026 - 20:42

Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces han difundido un comunicado conjunto en el que detallan cómo transcurrió la reunión del miércoles 5 de agosto con el Deportivo, un encuentro que las tres entidades ya dieron por cerrado sin avances el mismo día. El texto, redactado bajo el título Escoitar e rectificar, identifica a los dos representantes del club presentes en la mesa -el interlocutor y enlace con la afición y el abogado externo al que señalan como redactor del documento- y expone la propuesta que llevaron. El compromiso de erradicar los cánticos sancionables a cambio de la supresión de las Condiciones Particulares o, en su defecto, de su suspensión temporal.

El comunicado cuestiona las cifras de expedientes sancionadores manejadas durante la reunión y sostiene que la respuesta del club a los tres puntos fue negativa. A continuación se reproduce el texto completo, sin modificaciones, tal y como lo publicaron los tres colectivos.

Escoitar e rectificar

Na tarde deste mércores 5 de agosto, os 3 colectivos que vimos reivindicando Respecto para Marathon Inferior tras a publicación hai case un mes das Condicións Particulares, tivemos unha reunión para en teoría achegar posturas con dous representantes do club: o interlocutor e enlace coa afección, e o avogado externo que foi o responsable de deseñar o documento en cuestión.

Durante o encontro quedou constatado que a solución ao conflito que eles mesmos xeraron non pasa por unha reunión cun interlocutor para nada válido tras as faltas de respecto amosadas pola súa parte por non aportar a información precisa e veraz sobre asuntos de moita relevancia e en momentos que puideron ter evitado chegar a este punto (como llo fixemos saber persoalmente), ou cun avogado que ven defender un documento desde un punto de vista técnico pero que descoñece absolutamente calquera aspecto que teña que ver coa bancada de Marathon Inferior e a súa relación co Deportivo (aínda que sexa o actual compliance officer do club).

O debate xirou case toda a primeira parte sobre os cánticos e as sancións. Os dous representantes do club en ningún momento souberon concretar cal era o importe real das sancións, o número total de expedientes (de 17 nunha publicación do club pasaron a 21 ao principio da reunión e despois a 22), ou o importe total das sancións xa firmes e pagadas (chegouse a dicir que igual eran o 50% ou menos, pero era unha cifra aleatoria sen a certeza de ser a porcentaxe real).

O que si se afirmou en repetidas ocasións con claridade pola súa parte foi que eses cánticos e esas sancións eran a razón de ser e o motivo exclusivo polo cal o Deportivo deseñou as Condicións Particulares de Marathon Inferior, para así ter un marco legal que o protexa diante de futuros expedientes sancionadores por cánticos ofensivos. Insistiron niso varias veces diante das nosas preguntas.

Xa que quedaba constatado pola súa parte que o problema único e exclusivo eran os cánticos, a nosa proposta foi a seguinte:

  • Pola nosa parte, o compromiso firme de erradicar os cánticos que poidan derivar en sanción e contribuír para reducir drasticamente o número de expedientes sancionadores, xa que todos os expedientes segundo eles estaban ligados a Marathon Inferior.
  • Pola súa parte, o club debería suprimir o documento Condicións Particulares de Marathon Inferior e aplicar as Condicións Xerais de Contratación de Abonos tamén para ese sector (igual que o resto das bancadas).
  • No seu defecto, garantir a suspensión temporal da aplicación das condicións particulares ata que se atope unha solución dialogada, e sempre condicionada á evolución dos feitos en Marathon Inferior.

A súa resposta foi un NON rotundo. O documento é inamovible e innegociable (non se vai mover nin unha coma). Desde o seu punto de vista o Deportivo está lexitimado a impoñer ese documento polo acontecido na pasada temporada. Non lles importa que sexa un documento ofensivo, criminalizador, discriminatorio e abusivo que pode causar a maior fractura social en 120 anos de historia. Asúmeno de xeito natural. Éncheselles a boca dicindo que a afección do Dépor é espectacular, das mellores, pero non lle dan unha mínima marxe de confianza para negociar. Para eles atallar a repercusión negativa sobre a imaxe do club que causan os expedientes (unha vez máis non souberon explicar como se chega a esa conclusión) é máis importante incluso que defender á súa xente, como no caso do lanzamento de obxectos contra o Racing de Santander (producidos tras unha flagrante provocación por parte dos xogadores rivais). Tampouco entenden que este conflito creado por eles mesmos estalle xerando ao club unha imaxe moito máis negativa que os propios expedientes, e que son probablemente o único club do fútbol profesional europeo que ataca directamente aos seus seareiros. A apropiación económica e mercantil que fan do club non pode significar unha apropiación do sentimento que representamos e que coas decisións que tomaron parecen menosprezar.

Finalmente, e vendo que dabamos voltas coma rodas de muíños sobre o mesmo e que a vontade de negociar por parte dos representantes do club era nula, decidimos marchar da reunión coa sensación de que foi todo unha perda de tempo e de que non había intención ningunha desde o club de buscar puntos de encontro. Ademais, quedou desmontada a mentira de que os cánticos e os expedientes sancionadores son o motivo único polo cal se discrimina a un sector do deportivismo cunhas medidas abusivas (e repetimos que as cifras de sancións que se dan son orientativas e non son reais).

A modo de epílogo, o interlocutor do club xusto antes de marchar comentoulle a un dos nosos representantes que temos que saber que o fútbol é un artículo de luxo. Cadaquén que saque as súas conclusións.

Pola nosa parte, como xa lles fixemos saber na reunión, seguiremos pedindo ao club que escoite e rectifique.

RESPECTO PARA MARATHON INFERIOR.

La versión del club, en el apartado Foro Social

Con anterioridad, el RC Deportivo publicó en su Foro Social un documento de preguntas y respuestas sobre animación, sanciones e identificaciones en Marathon Inferior. En él sostiene que la RFEF abrió 17 expedientes al club durante la temporada 2025/26, todos por hechos ocurridos en esa grada, y que el importe de las sanciones cuantificadas en ese ejercicio supera los 267.000 euros, con multas de entre 6.001 y 18.000 euros por partido en el caso de los cánticos contrarios a la normativa antiviolencia. El club cifra en unos 4.000 los abonados del sector.

Sobre las identificaciones, el documento establece la «comprobación presencial de la identidad del titular mediante presentación del documento oficial original» y recuerda que los abonos son «personales, nominativos e intransferibles». El objetivo declarado de las medidas, según el club, es evitar «cierres parciales de esta grada y del recinto deportivo en su totalidad».

No te pierdas el último Son de Riazor

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, SON DE RIAZOR:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].