Fachada del Depor Training Center con el escudo del RC Deportivo en Abegondo
Foto: RC Deportivo

La Federación de Peñas reclama «un nome máis auténtico» para el nuevo ‘Dépor Training Center’

A través de un comunicado en las redes sociales, la Federación de Peñas ha criticado el nombre elegido para la Ciudad Deportiva de Abegondo.
1 octubre 2025 - 19:09

Un día después de la presentación oficial del nuevo ‘Dépor Training Center’ la Federación de Peñas del Deportivo ha mostrado su malestar a través de un comunicado en las redes sociales. Considera que el nombre no representa como debería la identidad propia del club blanquiazul y hace un llamamiento público a la directiva para sustituirlo por «un nome máis auténtico».

El comunicado completo de la Federación de Peñas

«Cando defendemos un proxecto para o noso club, facémolo desde distintas perspectivas. Non só nos preocupa o ámbito deportivo, aínda que moitas veces é o que absorbe toda a nosa atención.

En moitas ocasións, insistimos nos valores que debe mostrar o R.C. Deportivo. Grazas a eses valores, tamén se percibe a grandeza dun club. Ao mesmo tempo, grazas a eles pode aumentar o sentimento de pertenza e podemos sentirnos máis próximos ou menos respecto ao noso club.

Onte foi un día importante para o Deportivismo, porque se inaugurou un novo espazo para desenvolver traballo branquiazul. Celebramos esta innovación, conscientes de que será un avance para tantos e tantas Deportivistas.

Porén, temos que lamentar que a celebración non sexa completa. O primeiro que nos identifica na vida é o noso nome, algo que normalmente vén imposto. Neste caso, non foi froito dunha imposición e si unha decisión que non entendemos.

‘Dépor Training Center’. Sorpresa, incomprensión, decepción… Un proxecto que podía xerar tanta ilusión, consideramos que debía ir acompañado dun nome que nos represente, un alcume que nos sirva para sentirnos identificados.

Valoramos moi positivamente os progresos do club no uso do galego e, en xeral, na posta en valor da nosa Terra. Cremos que esa debe ser a liña que se debe seguir, para non apartarnos dese camiño.

Polo contrario, se convertémonos en tendencia que os nosos nomes, as publicacións do club ou a roupa oficial sexan en castelán ou inglés, acabaremos lonxe das nosas orixes, sen unha identidade propia.

As raíces das árbores de Abegondo sempre irán unidas á terra, coma o idioma que nos representa. Non perdamos nunca a ocasión de sentirnos orgullosos das raíces da nosa Terra. Como sucede coa camisola que exhibe a nosa bandeira e a nosa simbología, porque é iso o que nos fai orixinais no mundo e diferentes aos demais, aquilo que nos une coas nosas orixes.

Nos últimos días, puidemos ver as reaccións negativas que provocou o novo nome para a nosa cidade deportiva. Esperamos que o club atenda o sentir do Deportivismo e que “Dépor Training Center” sexa substituído coa maior celeridade por un nome máis auténtico. Non pretendemos que esta sexa unha simple reivindicación que quede plasmada nun comunicado. Loitaremos para que a directiva recapacite e cumpra esta demanda da afección».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].