Fernando Vázquez: “Contra o Raio non é a última oportunidade, é a primeira”

10

O técnico herculino recoñeceu que deben saír a pola vitoria ante o conxunto madrileño. Ademais afirmou que o que se di tense que demostrar no campo, porque “de palabras non se gaña”.

Fernando Vázquez segue desbordando optimismo a pesar da derrota contra o Madrid. O de Castrofeito é consciente da importancia do choque do próximo sábado, ás 18:00 fronte ao Raio Vallecano, polo que espera que o equipo sexa capaz de conseguir unha primeira vitoria que axudaría a cambiar a perspectiva de futuro. O técnico branquiazul asegura que para poder logralo deben xogar sen pensar en nada máis que no partido, “ser capaces de xogar abstraéndonos de todas as consecuencias tanto positivas coma negativas”. Por iso quixo quitar presión aos seus pupilos declarando que “contra o Raio non é a última oportunidade, é a primeira. Quedarían doce partidos”, mostrando á vez o seu convencemento de que teñen “capacidade para facelo”. Consciente de que “de palabras non se gaña”, o adestrador deportivista tamén asegurou que “o equipo non ten moito máis que dicir, ten que competir e gañar ben”.

A semana do Deportivo estivo marcada pola gran carga de traballo á que someteu Fernando Vázquez aos seus xogadores, con adestramentos de mañá e tarde. Ao respecto, o galego explicou que “a dobre sesión non é só para cuestións físicas, son para transmitir coñecementos novos, e adestrar cousas sempre. Necesito tempo e non me chega”. Cre que os seus xogadores están a asimilar ben os seus conceptos, e que se decataron de que “o traballo colectivo trata de evitar que os teus erros se noten en exceso e que se tes algunha calidade se note”, e engadiu que o seu obxectivo é lograr “un equipo flexible, que se poida modificar”.

O partido do sábado ante o Raio Vallecano será un encontro especial para Fernando Vázquez, polo seu breve paso – durante 17 xornadas na tempada 2002/2003 – polo banco de Vallecas. O de Castrofeito, que definiu aos madrileños como un “equipo entrañable”, valorou ao conxunto dirixido por Paco Jémez como “un equipo que está a dar un rendemento sensacional. Fai un fútbol alegre, despreocupado”. Será un “equipo perigoso, que sabemos como nos vai xogar”, polo que teñen que estar preparados para afrontar o encontro da mellor forma.

Tamén aproveitou a comparecencia para mostrar o seu descontento polo horario do derbi ante o Celta de Vigo, que será o venres 15 de marzo ás 21:45. “Ao xogar o venres o derbi mátase un pouco. Un derbi no que dúas afeccións se xuntan no partido, se as afeccións non están xa non é derbi”, afirmou. Para rematar, Fernando Vázquez deixou unha reflexión en referencia aos horarios e á progresiva diminución da asistencia aos estadios. “O afeccionado é a razón de ser do traballo dun equipo”, finalizou.

sevilla_depor_fernandovazquez_04

Fernando Vázquez: “Contra el Rayo no es la última oportunidad, es la primera”

El técnico herculino reconoce que deben salir a por la victoria ante el conjunto madrileño. Además afirmó que lo que se dice se tiene que demostrar en el campo, porque “de palabras no se gana”.

Fernando Vázquez sigue derrochando optimismo a pesar de la derrota contra el Madrid. El de Castrofeito es consciente de la importancia del choque del próximo sábado, a las 18:00 frente al Rayo Vallecano, por lo que espera que el equipo sea capaz de conseguir una primera victoria que ayudaría a cambiar la perspectiva de futuro. El técnico blanquiazul asegura que para poder lograrlo deben jugar sin pensar en nada más que en el partido, “ser capaces de jugar abstrayéndonos de todas las consecuencias tanto positivas como negativas”. Por ello quiso quitar presión a sus pupilos declarando que “contra el Rayo no es la última oportunidad, es la primera. Quedarían doce partidos”, mostrando a la vez su convencimiento de que tienen “capacidad para hacerlo”. Consciente de que “de palabras no se gana”, el entrenador deportivista también aseguró que “el equipo no tiene mucho más que decir, tiene que competir y ganar bien”.

La semana del Deportivo ha estado marcada por la gran carga de trabajo a la que ha sometido Fernando Vázquez a sus jugadores, con entrenamientos de mañana y tarde. Al respecto, el gallego explicó que “la doble sesión no es solo para cuestiones físicas, son para transmitir conocimientos nuevos, y entrenar cosas siempre. Necesito tiempo y no me llega”. Cree que sus jugadores están asimilando bien sus conceptos, y que se han dado cuenta de “el trabajo colectivo trata de evitar que tus errores se notan en exceso y que si tienes alguna cualidad se note”, y añadió que su objetivo es lograr “un equipo flexible, que se puede modificar”.

El partido del sábado ante el Rayo Vallecano será un encuentro especial para Fernando Vázquez, por su breve paso – durante 17 jornadas en la temporada 2002/2003 – por el banquillo de Vallecas. El de Castrofeito, que definió a los madrileños como un “equipo entrañable”, valoró al conjunto dirigido por Paco Jemez como “un equipo que está dando un rendimiento sensacional. Hace un fútbol alegre, despreocupado”. Será un “equipo peligroso, que sabemos cómo nos va a jugar”, por lo que tienen que estar preparados para afrontar el partido de la mejor forma.

También aprovechó la comparecencia para mostrar su descontento por el horario del derbi ante el Celta de Vigo, que será el viernes 15 de marzo a las 21:45. “Al jugar el viernes el derbi se mata un poco. Un derbi en el que dos aficiones se juntan en el partido, si las aficiones no están ya no es derbi”, afirmó. Para terminar, Fernando Vázquez dejó una reflexión en referencia a los horarios y a la progresiva disminución de la asistencia a los estadios.“El aficionado es la razón de ser del trabajo de un equipo”, finalizó.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.