Fernando Vázquez: “En Sevilla non nos vale o empate”

161

Cheo de enerxía positiva, o técnico herculino asegura que o obxectivo é “gañar” en Sevilla, calquera outro resultado non lles valería. A súa intención é contaxiar aos seus xogadores da súa “ilusión e enerxía”.

O Deportivo viaxa a terras hispalenses cargado dunha ilusión renovada, ou polo menos iso é o que Fernando Vázquez intentou transmitir no pouco tempo que leva ao cargo do equipo. “Teño a ilusión e a enerxía, a ver si son capaz de pasarlla aos futbolistas e que vexan o partido do Sevilla como a primeira oportunidade de gañar un partido”, comentou. Ademais, deixou ben claro que vai para gañar o partido, “non vou alí para empatar porque xa nin sequera nos serve o empate”.

Un dos aspectos que debe cambiar é a mentalidade, pois teñen que afrontar esta situación tan complicada “con alegría e sen nada de presión” e teñen que “deixar fóra os pensamentos de tipo negativo”. O obxectivo de abandonar os postos de descenso pódese lograr aínda, xa que “é posible que non sexa necesaria a media estatística dos últimos anos, probablemente sexa menos. Depende moito dos equipos de arriba especialmente, por exemplo, si o Madrid tira a Liga ou o Madrid a disputa. Son moitos puntos en xogo que van aí soltos, se cadra os equipos de abaixo empezan a gañar. Se lográsemos 40 puntos para min sería un éxito“, indicou.

O de Castrofeito elaborou a convocatoria sen apenas ver aos seus novos xogadores. “Vinme obrigado a facer unha convocatoria con dous adestramentos, e para min foi un pouco duro porque me gusta ter datos para valorar exactamente quen é quen. Algunha idea teño, pero sen confirmar. Imos esperar, a ver máis partidos e hoxe volvo ver adestrar. Tomarei unha decisión esta noite, aínda que non teño présa”, explicou.

No pouco tempo que leva no club, Fernando Vázquez buscou o seu once ideal para o choque ante o conxunto sevillista. Onte probou un hipotético once no que Nélson Oliveira e Riki serían titulares, aínda que quixo matizar que esa “non é a idea do partido de mañá” e o que fixo denomínao “un sistema de risco”, unha forma de xogar para cando as cousas van mal e hai que arriscar.

FERNANDO VÁZQUEZ: “EN SEVILLA NO NOS VALE EL EMPATE”

Cargado de energía positiva, el técnico herculino asegura que el objetivo es “ganar” en Sevilla, cualquier otro resultado no les valdría. Su intención, contagiar a sus jugadores de su “ilusión y energía”.

El Deportivo viaja a tierras hispalenses cargado de una ilusión renovada, o al menos eso es lo que Fernando Vázquez ha intentado transmitir en el poco tiempo que lleva al cargo del equipo. “Tengo la ilusión y la energía, a ver si soy capaz de pasársela a los futbolistas y que vean el partido del Sevilla como la primera oportunidad de ganar un partido”, ha comentado. Además, dejó bien claro que va “para ganar el partido, no voy allí para empatar porque ya ni siquiera nos sirve el empate”.

Uno de los aspectos que debe cambiar es la mentalidad, pues tienen que afrontar esta situación tan complicada “con alegría y sin nada de presión” y tienen que “dejar fuera los pensamientos de tipo negativo”. El objetivo de abandonar los puestos de descenso se puede lograr todavía, ya que “es posible que no sea necesaria la media estadística de los últimos años, probablemente sea menos. Depende mucho de los equipos de arriba especialmente, por ejemplo, si el Madrid tira la Liga o el Madrid la disputa… Son muchos puntos en juego que van ahí sueltos, a lo mejor los equipos de abajo empiezan a ganar. Si lográsemos 40 puntos para mí sería un éxito”, indicó.

El de Castrofeito ha tenido que elaborar la convocatoria sin apenas haber visto a sus nuevos pupilos. “Me he visto obligado a hacer una convocatoria con dos entrenamientos, y para mí ha sido un poco duro porque me gusta tener datos para valorar exactamente quién es quién. Alguna idea tengo, pero sin confirmar. Vamos a esperar, a ver más partidos y hoy vuelvo a ver entrenar. Tomaré una decisión esta noche, aunque no tengo prisa”, explicó.

En el poco tiempo que lleva en el club, Fernando Vázquez ha buscado su alineación ideal para el choque ante el conjunto sevillista. Ayer probó un hipotético once en el que Nélson Oliveira y Riki serían titulares, aunque quiso matizar que esa “no es la idea del partido de mañana” y lo que hizo lo denomina “un sistema de riesgo”, una forma de jugar para cuando las cosas van mal y hay que arriesgar.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.