Gañadores das entradas para o festival Castelo Son

141

Xa temos a lista dos premiados para ir ó festival Castelo Son, que se celebra o 23 de agosto en Culleredo e onde actuarán Heredeiros da Crus, Zënzar, Skarallaos e Pito de Pikasso. Estos son os 10 gañadores.

Airapro e o festival Castelo Son queren premiar o compromiso e a entrega que a afición blanquiazul está a demostrar dende hai moitos meses co seu equipo convidando aos socios do clube ao festival que terá lugar o vindeiro 23 de agosto en Castelo (Culleredo), e no que tocarán os grupos Heredeiros da Crus, Zënzar, Skarallaos e Pito de Pikasso.

O sorteo organizouse a través da rede social Twitter e coa colaboración de Riazor.org. Para participar, só era preciso publicar no Twitter unha fotografía do carné de socio para a temporada 2013-2014 na que se vexa claramente o nome e apelidos do abonado. Ademais, o mesmo chío da imaxe debía mencionar as contas de @casteloson e @riazororg.

O prazo para subir as imaxes rematou o domingo 18 de agosto pola noite, e hoxe anunciamos o nome dos gañadores das entradas logo dun sorteo virtual que poderá seguirse pola rede.

Estes son os nomes dos gañadores:

– Miguel Suarez Carnota (3miguelsuarez)
– Patricia Sanjurjo Regueira (patri18_rbdepor)
– Adrián Vázquez Castro (adriakos)
– Claudino Iglesias Sixto (RubenIR)
– Pablo José Alegre Fernández (quebuenapueque)
– Adrián Muiño Mallada (basenberg)
– Sergio Gigirey Suarez (sergioergigi)
– Pablo Ranz Loureiro (pabloranz)
– Miguel Lopez Castelo (mlopezcastelo)
– Noelia Díaz Sánchez (noeafuego)

O Castelo Son

O Festival Castelo Son celebra este ano a súa quinta edición co que é sen dúbida o mellor cartel da súa historia: os míticos Heredeiros da Crus e o seu rock gamberro e irreverente; Zënzar, pioneiros do rock en galego e que este ano celebran 25 anos nos escenarios; Skarallaos coa súa festa e bo rollo habituais. As entradas para o festival xa están á venda, por un prezo de 10 euros, tanto por internet a través da Airapro Tenda e Ticketmaster, como en varios bares e locais da comarca (A Boa Estrela en Carral, Pinturas Senave na Coruña, Cervexería S-11 no Burgo, etc.). O prezo en taquilla será de 15 euros. Será o vindeiro venres 23 de agosto a partir das 21:00 na parroquia cullerdense de Castelo, aos pés do monte Xalo.

Ademais da mellor música do país, o Castelo Son ofrece servizos como acampada gratis, pista cuberta e prezos populares nas bebidas (cañas a 1,50, cubatas a 3,50).
Máis información sobre o festival na súa web, www.casteloson.com, ou en facebook.com/casteloson e twitter.com/casteloson

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.