Valoración do partido
«É unha vitoria importante, sobre todo polos xogadores. Este é un grupo moi forte, cunha mentalidade a nivel colectivo con moita fortaleza e viuse desde o principio que o equipo ten a capacidade de dominar os partidos, de ser profundo. Levo aquí tres días e, sobre todo, quero poñer en valor aos xogadores, a ese grupo que está feliz pola vitoria, e ao final tiveron unha actitude moi boa durante toda a semana. Un recoñecemento polo traballo feito nestes meses con Imanol e Mario, hai que poñelo en valor. Un sempre achega algún matiz, pero o traballo estaba no grupo».
Houbo dúbidas tras o 3-1?
«Nun partido sempre hai un carrusel de sensacións. Palpar o que pasa. Cando estás 0-2 e despois 0-3, estás con certa tranquilidade; o rival, ao contrario, co gol cambia a enerxía do que pasa dentro do campo. Esa enerxía convértese en que o Cartagena ve a posibilidade de achegarse, dá un paso adiante, segue atacando, pasa a xogar con dous dianteiros… acumulaba moita xente na área e en cada centro había unha posible ocasión de gol. Cambiaron as sensacións e tocaba estar seguro e coa confianza necesaria para defender esas situacións na área, porque sabiamos que á contra iamos ter opcións».
Os cambios no descanso e a entrada de Petxa
«Escudero ten un esguince de nocello, estaba dolorido. Ximo está con molestias no aductor. Temos xogadores que estaban en disposición de achegar moito, e optamos por facer os cambios no descanso».
«Cando estás aí abaixo no banco e pensas en ter a Mella fresco para que nunha contra poida finiquitar o partido, tamén estás permitindo ese ataque pola banda esquerda. Necesitabamos un pouco de frescura, traballo defensivo, e Petxa arriba tamén ten calidade para chegar. A idea era manter o traballo defensivo e ser quen de ter posibilidades de contragolpe».
Este triunfo dá a Óscar máis opcións de seguir?
«Xa o dixen na previa. Estou a disposición do club. Mañá ao chegar a Abegondo adestramos. Estou encantado aquí, no Fabril e no que o club que pida. Esa é a sensación. Estou satisfeito sobre todo por poder achegar tres puntos importantes e que toda esta xente vexa e goce dunha vitoria do clube. Faime feliz ver á xente tan lonxe gozar co seu equipo».
Un resultado plácido
«Iso de plácido… co 1-3, un nunca está plácido. No desconto con 1-5 sabes que non se escapa, pero só á raíz do 1-4 é cando o ves. Sempre hai que estar coa atención. O Cartaxena moveu ben as súas pezas e colocou moita xente na área. Os seus centros laterais levaron perigo, pero tamén estivemos ben nesa situación».
Un gran partido de Barcia a pesar do autogol
«Creo que foi un partidazo de todo o equipo. No destacaría a ningún, porque o que se viu no partido, con eses mini partidos, foi un equipo en xeral a moi bo nivel. Hai que poñer en valor iso, non destacar a ningúen por enrima diso. Ademais merecían facer ese gran partido».
Que matices lle deu Óscar ao equipo? En que incidiu?
«Sobre todo en que crecen no que fan, un grupo que traballa moito, que crese no propio grupo. É unha gran fortaleza deste equipo, que confiase e mostrasen esa confianza para xogar. Interpretaron ben o partido, con ritmo… é un partido moi bo de todo o equipo.»
A recollida de alimentos
«Estamos desbordados pola cantidade de xente que se achegou a Riazor para levar alimentos ás vítimas do temporal en Valencia. Gustaríame agradecer a toda a xente que se achega a Riazor para a recollida, todos debemos estar solidarizados con esta catástrofe que tanto mal fixo en Valencia».
