Óscar Gilsanz recoñeceu que Deportivo 1-1 Zaragoza non foi un encontro que se desenvolvese por onde o seu equipo pretendía. «O esforzo do rival tivo ese premio e seguramente o merecía», apuntou o adestrador branquiazul sobre o empate final do Zaragoza, que logrou desnaturalizar as intencións do conxunto local: «O guion foi o que nós queríamos».
Valoración do partido
«Cando che marcan no final do partido sempre tes un sabor amargo. Pero no fútbol sabemos que ata o último minuto poden darse eses cambios. Cando che toca a favor dámolo por merecido, cando toca en contra… O esforzo do rival tivo ese premio e seguramente o merecía. O guion non foi o que nós queríamos. A situación que buscabamos con esa superioridade no centro do campo durou 15 minutos. Despois o Zaragoza foinos afundindo pouco a pouco. Se saltábamos aos de fóra, atopaba desmarques man a man cos nosos centrais e aí vivíamos ao borde do precipicio. Se non, afundíamos e expoñíamonos a centros laterais… Queríamos mantelos lonxe da área».
«Na segunda parte sobre todo foi unha situación de eficacia que nos afundía, pero tiñamos situacións de contra para matar o partido. Sabíamos que íamos ter que defender cerca da portería e por aí pasaba o partido. O equipo fixo esforzo importante na defensa da área».
Falta de profundidade cando o equipo tivo o balón
«Sempre hai o risco, cando máis xente xoga cerca da pelota de ter menos profundidade. Son cousas que temos que seguir traballando. Faltounos profundidade cando estábamos tendo boas sensacións con balón».
Psicose en Riazor?
«Cando defendes cerca da túa portería porque o rival te vai afundindo, sempre corres o risco de que o rival tela situacións de gol. Temos que traballar aí. O equipo estaba sendo seguro aí, estábamos satisfeitos. Pero si é certo que hoxe concedimos algunha ocasión máis das que estábamos concedendo. Pero a psicose de Riazor… non creo que exista ningunha psicose. Se puidera elexir, xogaría sempre en Riazor. O público estivo espectacular, apoiando ata o final. Cando estás en campo propio non queda máis remedio que defender esas situacións».
Que faltou?
«Quizá nos faltou pausa para ter un pouco o balón, algunha posesión máis ampla para acercarnos á portería rival con balón, que é o que nós queríamos de inicio. Acercámonos con algunha contra, pero tampouco fumos capaces de ter ese acerto».
«A Segunda é moi complicada. Cando un equipo se adianta no marcador, o rival dá un paso adiante e faite sufrir. Enfrontámonos ao segundo mellor visitante. Algo farían eles para que tivésemos que repregar e defender eses centros que nos fixeron estar ao límite».
