Foto: Fernando Fernández

Gilsanz: «Somos os primeiros que queren gañar en Riazor como gañamos fóra»

Óscar GIlsanz repasó las claves del Deportivo - Zaragoza y busca pasar página del partido de Copa.
6 diciembre 2024 - 10:43

Óscar Gilsanz recoñece que o Deportivo está desexando comezar a encadear resultados positivos en Riazor nunha tempada na que a mellor cara do equipo ata o de agora viuse sempre a domicilio. O técnico volve defender aos menos habituais tralo partido de Copa e non se fía da mala xeira de resultados do Zaragoza:

Conclusións da Copa

«Da para sacar moitas lecturas, sobre todo positivas en canto a lectura do grupo, a como se encarou o partido. O resultado non foi o que queríamos, pero hai que pasar páxina. Sen ser un bo partido en ataque, si que foi bo en aspectos defensivos e actitude, que ás veces nestes partidos é o máis difícil. Á vista está nas eliminatorias desta rolda. Estase convertendo en algo máis habitual do que quixéramos os adestradores cando che toca ser o de superior categoría, pero nesta competición iguálanse forzas e non só nos equipos que quedaron eliminados».

Ben fora, mal en Riazor

«Nós somos os primeiros que tamén queremos gañar en Riazor como gañamos fora. Pero, polos motivos que sexan, os partidos discorren dunha maneira. O outro día xogamos unha boa segunda parte, marcamos e cando parecía que o partido se complicaba, non só gañamos 2-4, senón que conseguimos manter ao rival lonxe da nosa área. O equipo ten bo nivel, estao mostrando, pero os rivais tamén xogan. Non sempre se pode impoñer o fútbol que nós queremos, pero non porque non queiramos darlle alegrías á nosa afección. O importante que nos pase no Dépor será en comuñón coa nosa afección, que é a mellor. Pero nós tamén temos que poñer da nosa parte».

Boa resposta a un calendario esixente

«Para min o aliciente é ver o traballo do grupo, as gañas que teñen de seguir crecendo na categoría. Ver como intentamos introducir os matices para ser un rival difícil para os nosos adversarios. Creo que esa é a maior satisfacción, máis alá do calendario, porque a categoría é complicada en case calquera partido. O que me enche, me ilusiona cada día, é ver o traballo do equipo cada mañá».

Zaragoza, mal momento

«O outro día falaba cun adestrador da categoría o que costa saír das malas xeiras e como as boas se manteñen moitas veces polo discorrer da competición. A Segunda é iso. Tes unha boa xeira de resultados positivos e despois tes dous ou tres malos e parece que hai moitas máis dúbidas no entorno, incluso máis que no propio equipo. O Zaragoza é o segundo mellor equipo fora da casa. Só dúas derrotas e xogadores de moito nivel. Pero a categoría é difícil para todos. Cada partido é igualado e os resultados son máis impredecibles que noutras categorías. Non creo que estean en ningunha crise. Levan varios encontros sen gañar, pero volverá gañar partidos e estará arriba, seguro. Ten moi bos futbolistas e un gran adestrador, non vou descubrir a Víctor Fernández, é un referente para todos os técnicos da categoría».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].