Foto: Fernando Fernández

Gilsanz: «Valoro moito o punto pola capacidade de reacción do equipo»

24 noviembre 2024 - 19:03

Óscar Gilsanz, técnico deportivista, quixo destacar o igualado do partido a excepción dos 20 minutos iniciais, nos que o seu equipo foi superado. O adestrador de Betanzos recoñeceu que ao Dépor lle custou xerar situacións claras de gol, pero puxo en valor a reacción tras o 0-1: «Valoro moito o punto pola capacidade de reacción do equipo».

Valoración do partido

«Creo que o partido foi moi esixente desde o inicio, como críamos que ía ser. Tivemos 20 minutos onde a presión do Sporting era máis efectiva do noso xogo e o partido xogouse máis co guion deles. Aí recuperamos, encontramos boas sensacións con balón, situacións en campo contrario e logo estivemos ben, con capacidade para chegar a área contraria, aínda que non con moita profunidade. Houbo máis sensacions que ocasións de gol».

«A segunda foi más igualada, pero as accións do Sporting quizá tiñan más opcións de gol. Calquera acción, calquera erro, calquera situación de balón parado. Aparece ese gol, ese 0-1 do Sporting… e quero destacar a capacidade do equipo para reaccionar no peor momento do partido, cando parecía que se escapaba a posibilidad de sacar algún punto. Cando faltando tan pouco se che alonxan moito a opción de sacar os tres, o equipo sacou máis corazón, moito corazón. Pero a acción do gol é tamén de mérito polo pase de Lucas e a definición de Mella. Valoro moito o punto pola capacidade de reacción do equipo».

O equipo chega, pero sen perigo

«Sempre que tes a capacidade para facer recuar un pouco ao rival, ao final os espazos son menores e esa sensación de ter o balón e posicionarnos en campo contrario limitaban as posibilidades de ter situacións de profundidade que dera para ocasións claras. Hai que traballar nese tipo de situacións, estamos niso. Cando atacas ao rival con menos metros é máis difícil xerar».

Os xogadores tocados e a ausencia de Bouldini

«Os xogadores que entraban no partido que tiñan menos minutos de competición vindo dunha lesión como Nuke, Ximo, Mella… estábamos moi pendentes deles á hora de ir calibrando o cansancio que ían acumulando».

«Bouldini resentiuse dunhas molestias que tivo durante a semana. Non lle impediron adestrar, pero as sensacións estaban aí e por eso quedou fóra».

Un empate xusto?

«Si, creo que se obviamos os primeiros 15 minutos, que aí foi superior o Sporting, o resto do partido foi moi igualado. Foi un encontro con moita esixencia e situacións de transicións nas que a situación de perigo pode ser maior… A excepción deses 20 minutos, nos outros 70 a igualdade foi a nota predominante. Xusto ou non, sempre valoras dende os merecementos do teus xogadores. E neste partido tan esixente, os meus xogadores mereceron ese punto».

Despois do 0-1, nervios. Como se xestionan?

«As emocións están presentes en todos os aspectos da vida e ás veces controlar as emocións é o máis difícil. Cando un acude a un exame, para o carné de coducir… En todos os aspectos da vida e no deporte tamén as emocións están aí. Cando necesitas precisión para facer cousas, as emocións son importantes. Moitas veces hay momentos dos partidos que provocan momentos de maior precipitación ou imprecisión… pero son cousas da vida». 

A presenza de Alfaro

«Nese momento necesitábamos un xogador que nos achegara equlibrio. Adiantando a Mario e coas pernas frescas de Gauto e Cristian, podíamos seguir atacando, pero necesitábamos equilibrio no medio do campo. Sobre todo cun xogador que puidese traballar nese ida e volta. Queríamos evitar iso e que só fose de ida».

Lucas Pérez, o desacerto e as críticas

«A posición de detrás dos puntas fai que os pases sempre sexan de máis riscos. A xustificación de último pase que dá a Mella é un pouco o que fai que manteñas, que a calidade apareza. As emocións tamén xogan, pero nesa posición os xogadores arriscan máis, fallan máis pases. Pero a calidade faise notar e emerxeu no mellor momento».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].