Hugo Ríos: «Estamos orgullosos de que o primeiro equipo tire de xogadores do filial, para iso estamos»

O porteiro do Fabril Hugo Ríos fixo balance en RiazorTV do inicio de liga do filial e a participación de canteiráns no primeiro equipo.
20 noviembre 2024 - 17:01

Non está sendo un inicio de tempada sinxelo para Hugo Ríos. O gardameta do Fabril, ata agora competidor xunto a Brais Suárez entre os tres paus de Abegondo, viu como este ano Alberto Sánchez é o claro titular no filial do Deportivo. Este luns analizou a súa situación persoal en RiazorTV e tamén a presenza de canteiráns nas convocatorias do primeiro equipo.

Derrota contra o Coruxo

«Tivemos un cambio de adestrador e iso conleva certos cambios no equipo á hora de xogar. Manuel Pablo quere impartir o que leva do Xuvenil e iso fai que os xogadores teñan un proceso de adaptación. Hai veces que sae peor e outras mellor. O domingo non saiu ben e hai que seguir para adiante».

«Tiñamos moi ben analizado ao Coruxo, sobre todo na nosa saída de balón para saber como facían a presión. Creo que non estábamos cómodos e non eramos capaces de sair cómodamente, sobre todo cando chegabamos a tres cuartos. Había perdas e fixo que o a xente comezase a desordearse un pouco. Ahí houbo desbaraxustes que nos levaron a situacións de perigo na primeira parte. Na segunda saimos máis ordenados e non foi tan mala como a primeira».

Ausencia dos convocados co primer equipo

«O filial para o que está é para nutrir ao primeiro equipo cando sexa necesario, igual que nós tivemos que tirar de certos xuvenís como Manu Ferreiro, Álvaro Fraga, Mario Hermo… Somos unha canteira e sabemos para o que estamos. Estamos orgullosos de que o primeiro equipo tire de xogadores do filial, que para iso estamos aquí».

Bo inicio ligueiro

«Tivemos un inicio moi positivo. Estamos arriba e sacámoslle nove puntos ao descenso. Ao final intentar lograr a permanencia canto antes e se se pode lograr a permanencia canto antes e se se pode mirar cara arriba por que non».

A súa suplencia no Fabril

«Os porteiros temos que estar preparados para isto porque é o mundo do fútbol e ten que xogar un. Eu adestrando intento facelo o mellor posible para darme máis opcións e o que decide é o míster».

«O verán foi coma outro calquera. Desde que souben que viña Alberto claro que chega certa incertidume, pero eu teño claro que quero estar aquí. De feito renovei este verán e teño claro que quero estar aquí. Non creo que sexa algo negativa a baixada de Alberto. Eu teño que tomalo coma un reto persoal».

A entrevista completa a Hugo Ríos en RiazorTV

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].