O Fabril afronta a segunda xornada da competición este sábado (17:30 horas) visitando ao Valladolid Promesas. O filial deportivista caer a semana pasada ante o Real Ávila, pero o seu adestrador Óscar Gilsanz espera manter a boa dinámica no xogo para poder acadar a primeira vitoria do curso. Así o explicou este venres na súa rolda de prensa, na que destacou o alto nivel e a igualdade na Segunda Federación.
Así afronta o partido Óscar Gilsanz
«O partido xa nos queda moi lonxe, pero analizámolo e trataremos de corrixir os erros que cometemos nese partido. Xa estamos coa cabeza no Valladolid e cremos que vai ser un partido moi disputado. Similar no sentido de que é un filial que trata de impoñerse a través do ritmo do xogo e do balón. Vai ser un partido moi disputado e trataremos de ter as mesmas boas sensacións que o outro día en canto ao xogo, pero a ver se somos capaces de acadar un bo resultado. Sería un motivo de confianza para os xogadores».
«É un partido moi igualado entre dous filiais con parelelismos en canto ao que se busco no xogo. Trataremos de que o rival non se atope cómodo co balón e incomodar as súas posesions. Eles farán o mesmo cunha presión alta intentando esa primeira batalla polo balón. A partir de aí estar fortes defensivamente, que o marxe de mellora que temos é alto«.
Baixas no Fabril
«Temos todo o plantel dispoñible agás Kevin e Pereira, que seguen lesionados».
O nivel do Valladolid Promesas
«O Valladolid é un equipo que ten xogadores importantes en todas as liñas. Ficharon a Jorge Delgado, que é un dianteiro moi potente que estaba o ano pasado no Rayo Cantabria e que fixo a pretempada co Ourense CF. Recalou alí e dalle moito ‘push’ nos centros laterais e é un xogador que te obriga a estar sempre pendente. Teñen xogadores novos con velocidade polas bandas aos que hai que estar moi atentos para que non teñan profundidade por fóra. E despois tanto os centrais como a xente do mediocampo xa estaban o ano pasado. A xente importante do equipo que segue do ano pasado imprímelle un ritmo importante ao xogo. Xa nos deron o ano pasado nos dous partidos un pouco a idea».
A igualdade da competición
«As categorías cada vez son máis igualadas. Cada vez hai un maior coñecemento dos equipo e daquela hai máis igualdade. Vai seguir sendo así na Segunda Federación como na Primeira e Segunda División. En todas as categorías a igualdade é máxima e por iso os resultados son curtos».
