Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces anuncian un acuerdo con el Deportivo para cerrar el conflicto de Marathón Inferior

Los tres colectivos han llegado a un acuerdo con el Deportivo para poner fin de forma definitiva al desencuentro del pasado verano.
Publicado: · Actualizado:

El conflicto de Marathón Inferior ya es pasado para el Deportivo y su afición. La Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces han anunciado a través de sus redes sociales un acuerdo para establecer unas nuevas cláusulas en torno a la grada donde se concentra la animación en el estadio de Riazor. De este modo se modifican las condiciones particulares de esta zona a expensas de la aceptación de un nuevo anexo con normas más flexibles como la cesión de abonos. El RC Deportivo también está satisfecho tras haber llegado a un acuerdo.

El comunicado completo de Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces

Desde os tres Colectivos que estivemos negociando co Club nos últimos meses queremos anunciar que chegamos a un acordo co RC Deportivo para pechar así o conflito iniciado o 7 de xullo coa publicación do documento de Condicións Particulares para Marathon Inferior. Este novo acordo foi ratificado na reunión que mantiveron ámbalas dúas partes (colectivos e club) o 23 de setembro, e implica a revogación do documento de Condicións Particulares (que sempre foi o noso obxectivo fundamental), a regulación do abono de Marathon Inferior por medio das Condicións Xerais de Contratación de Abonos e a aceptación dun anexo coas novas cláusulas que establecen o proceso de identificación e de cesión do abono.

Nas vindeiras horas o RC Deportivo vai habilitar un mecanismo na súa Área Privada do Abonado para que todas e todos os abonados de Marathon Inferior poidamos realizar o proceso de aceptación do novo Anexo ás Condicións Xerais de Contratación de Abonos. Durante este proceso haberá que ler o novo anexo de xeito íntegro e aceptalo marcando o recadro correspondente. Unha vez feito isto, o novo anexo estará vixente e deixaremos sen efecto o documento coas Condicións Particulares para Marathon Inferior.

O anexo consensuado entre os Colectivos e o Club consta de 14 cláusulas onde se recollen os procesos de identificación e control de acceso aplicables a Marathon Inferior, o tratamento dos nosos datos persoais, incluído o anverso do DNI, e o sistema de cesión de abono mediante os medios telemáticos establecidos polo Club. A persoa beneficiaria do abono deberá proporcionar copia do anverso do seu DNI e aceptar este anexo, e a cesión deberá realizarse sempre a través da canle oficial establecida para evitar posibles infraccións. Neste novo anexo tamén se recolle o noso compromiso de erradicar os cánticos que poidan derivar en sancións económicas para o Club.

Con este acordo pechamos unha das etapas máis escuras na historia moderna do Deportivo. Foi un proceso longo, intenso e difícil que agardamos non se volva repetir.

Pola nosa parte consideramos que o resultado final da negociación foi todo un éxito e que o acordo é satisfactorio para todas as partes implicadas.

Pero nada do que se conseguiu tería sido posible sen o apoio DE TODO O DEPORTIVISMO. Desde aquela primeira asemblea informativa o 9 de xullo, ata a firma do novo anexo hai uns días, a mobilización e a loita de todas e todos os deportivistas foi clave para poder acadar o obxectivo. Cada mostra de apoio, cada camiseta laranga que se viu en Riazor, cada persoa que participou nas diversas iniciativas e protestas serviu para exercer a presión necesaria e forzar unha negociación que parecía inalcanzable.

Polo tanto, MOITAS GRAZAS a toda esa xente que axudou e pulou para que hoxe poidamos anunciar este acordo. O voso esforzo, unión e compromiso tiveron o resultado desexado.
Por último queremos manifestar que este acordo non é un punto e final. Aínda queda moito que traballar e temos o compromiso de seguir intentando mellorar as condicións dos deportivistas en xeral. Evitar a suba indiscriminada dos prezos dos abonos para as vindeiras temporadas, que é un tema moi sensible para todo o deportivismo, ou a mellora das nosas bancadas, son algúns dos aspectos polos que imos seguir loitando.

SEMPRE CO DÉPOR, SÓ UNHA FORZA.

No te pierdas el último Son de Riazor

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, SON DE RIAZOR:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Camino a los 45
puntos para la salvación
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].