Rubén López converteuse nun dos protagonistas da semana no Deportivo despois de firmar a súa renovación ata 2028. Están sendo uns meses tolos para o centrocampista de Silleda, que debutou co primeiro equipo, rexistrou a súa primeira titularidade en Riazor e recibiu os eloxios públicos de Imanol Idiakez. Para el, isto só é o principio:
Renovación e negociacións
Quero dar as gracias ao club, antes de nada. Acabo renovando no equipo que quero, estou moi contento aquí, moi ilusionado. Feliz de poder seguir durante 4 temporadas e espero que sexan máis. A negociación foi fácil dende un primeiro momento. Todo ía ben encamiñado. Cando un sabe que quere quedar aquí, todo é máis fácil. Sempre houbo conversas e foi cuestión de falalo. En tres ou catro semanas estaba todo amañado».
Primeiras aparicións co Deportivo
«O debut vivino con bastantes nervios, igual que os que teño agora na miña primeira rolda de prensa. Pero ao mesmo tempo moi ilusionado por cumprir o obxectivo. Como calquera da canteira, o obxectivo sempre é ter minutos no primeiro equipo e compartir momentos cos compañeiros».
Apoio dos máis veteranos
«Moi ben con eles, son todos excelentes compañeiros. Dende que cheguei o primeiro adestramento, acolléronme da mellor maneira posible. Como son mediocentro, intento guiarme polos que xogan nesa posición. Salva Sevilla, José Ángel, Villares… axudan moito sempre. Sobre todo José Ángel no partido de Copa. Estaba bastante nervioso e estivo tirando de min como se fora un rapaz ao que levan da man. Con Salva nos adestramentos igual. Está pendente, cóntame anécdotas…».
Eloxios de Idiakez
«Quero darlle as gracias tamén ao míster e ao corpo técnico por contar comigo, por facerme debutar. Dende aquí, defendelo a morte e apoialo. É un tipo encantador, danos moi bo trato e é un gran adestrador».
Seguinte paso
«Este era un soño que xa se cumpriu (renovar). O seguinte é chegar a Primeira División, como calquera rapaz pequeno, e chegar a facelo con este escudo».
