Vázquez: «Sería unha gran decepción que Geijo non chegara»

10 agosto 2013 - 23:46

O de Castrofeito mostrouse satisfeito co encontro que fixeron os seus xogadores ante o Gil Vicente, xa que saiu «con sensacións moi positivas».

O entrenador do Deportivo, Fernando Vázquez, compareceu ante os medios informativos trala victoria dos seus ante o Gil Vicente, que serviu como presentación do conxunto herculino ante a súa afección.

O técnico galego segue a esperar pola chegada de Alex Geijo, o ‘nove’ elexido polo corpo técnico e pola directiva para encabezar o proxecto en Segunda División. «Se eso se termina, será unha gran alegría, e sería unha gran decepción que non fora así. Esperemos que chegue coa forma física axeitada», dixo en rolda de prensa.

En canto á non convocatoria de Zé Castro, o de Castrofeito explicou que «houbo momentos nos que parecía que a súa saída xa estaba feita», pero «de repente danse pasos cara atrás ou cara adiante», o que leva a «unha situación moi incómoda para todos».

Respecto ao debut de Juan Emmanuel Culio, o preparador de 58 anos tan so tivo palabras de eloxio para a nova incorporación deportivista. «É un futbolista de carácter e con talento suficiente para facer dano. Pode xogar en varias posicións e pódenos axudar bastante», comentou, e engadiu que espera que Cezary Wilk adestre «o luns pola mañá» cos seus novos compañeiros.

Vázquez tamén se detivo en contar as impresións que lle deixou o encontro ante o equipo luso, e falou de «sensacións positivas en moitos aspectos», xa que viu «cousas interesantes». Ademais, deixou claro que, «case con total seguridade», o 5-2-2-1 non será a formación que utilizará «no primeiro partido», aínda que «é o sistema que mellor se adapta ao que temos na plantilla agora mesmo».

Sobre o rendemento do canteirán Bicho, o técnico do Deportivo dixo que «ten talento, calidade e intelixencia», pero «ten que seguir medrando». «Terá oportunidades, pero non so el, tamén Dani Iglesias, Luis… Quero que os rapaces vexan a porta aberta», indicou.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].