A análise de Yago Iglesias: Racing de Santander

Na súa firma semanal, Yago Iglesias analiza ao vindeiro rival do Deportivo: Racing de Santander. Idea de xogo, xogadores destacados...
23 octubre 2021 - 18:58

Cada semana contamos coa firma de Yago Iglesias na previa dos partidos. O extécnico da SD Compostela é o encargado de analizar ao rivais do Deportivo para riazor.org. Nesta novena entrega é o turno do Racing de Santander. O Deportivo visita ao equipo cántabro este domingo (12h).

Contextualización

A priori, nesta xornada, imosnos atopar cun partido dos que, antes de empezar a temporada, todos dabamos como duelo directo entre rivais chamados a estar na cabeza da clasificación. Por historia, por plantillas, por presuposto… Real Club Deportivo da Coruña e Racing de Santander dous claros favoritos a retornar á segunda liga profesional. Ambos chegan a este momento da temporada cos mesmos puntos e cos mesmos números, só varía a diferenza de goles. E nun momento, nunhas dinámicas, moi positivas. Así que veremos un choque de trenes entre os dous favoritos, non só para loitar polo ascenso, senón tamén para gañar a liga.

Idea de xogo colectiva

(Guillermo Fernández) Romo utiliza un sistema de base de 1-4-2-3-1, que se fundamenta, sobre todo, na solidez defensiva; e a partir de aí na calidade no mediocampo e na capacidade goleadora, buscando situacións de 1 contra 1, con xogadores diferenciais arriba. Podemos dicir que unha idea xeral do seu modelo de xogo pasa por manter a súa portería a cero, ser moi seguros no seu propio campo e, a partir de aí, que os homes máis avanzados marquen as diferenzas. Vendo os partidos que xogou ata a data, a realidade é que non gañou ningún de maneira folgada, pero si que son moi eficaces á hora de pisar área rival.

Foto: Racing de Santander

En fase defensiva, é un equipo que se ordena nun sistema 1-4-4-2. Busca eminentemente temporizar a saída do rival, nun posicionamento pregado, deixando que o outro equipo inicie o xogo. E, a partir de aí, fanse moi fortes por fóra, para obrigar a que o rival xogue por fóra ou que faga un golpeo directo sobre os seus puntas, e aí gañar ese segundo balón. Fan moito dano nesas transicións, se recuperan balón, porque teñen xente moi rápida arriba como Soko, como Bustos, a calidade de Pablo Torre, Cedric, que fisicamente é un portento… Principalmente levan moitísimo perigo en transición defensa-ataque.

Na fase ofensiva é un equipo que tampouco elabora demasiado. A súa idea é levar rápido o balón a esa xente de arriba, pasando pola xente de dentro (Íñigo Sainz, Borja e, sobre todo, Pablo Torre), e que eles sexan capaces coa súa calidade individual de facer o gol.

Xogadores destacados

Ao igual que no Deportivo, no Racing podemos destacar a varios xogadores por liña. Incluso ten posibilidade de recambios, sobre todo no mediocampo, no terzo de ataque.

Na portería posúen moita seguridade. Con Lucas Díaz, que é o que disputou ata a data practicamente todos os partidos. Aínda que no último, contra o Badajoz, xogou Miquel Parera e fixo unha moi boa actuación. A dúbida esta fin de semana vai ser se recupera a titularidade Lucas ou se vai continuar Miquel.

A liña defensiva é moi clara, practicamente inamovible, con Satrústegui, Pol Moreno, Mantilla e Medina, aínda que este último será baixa, polo que o seu sustituto é a principal incógnita. Os catro teñen calidade e moita experiencia na categoría.

A partir de aí, veñen os nomes realmente importantes neste equipo:

No mediocampo, sobre todo, destacar a Íñigo Sainz e a Borja Domínguez.

E por último, os 4-5 xogadores que, para min, son determinantes neste equipo e que, xogue quen xogue, van crear perigo en cada ocasión que teñan.

– Por un lado, Pablo Torre, o xovencísimo futbolista, canteirán do propio club. Está chamando moito a atención, sobre todo polo peso que ten no equipo. Todo o balón parado o saca el, todas as xogadas de certa calidade, ou onde o equipo saca vantaxes, son cando el aparece nesa mediapunta.

Álvaro Bustos na banda esquerda, un xogador con moitísima experiencia, cunha luva no pé e con capacidade de desborde.

Soko na banda dereita, un auténtico animal fisicamente, súper rápido, vertical, cunha capacidade de condución súper explosiva e con gol.

Cedric, o dianteiro referencia tanto para xogo directo como para transicións.

Manu Justo, que comezou as primeiras xornadas xogando titular. Agora está entrando de refresco, pero todos recordamos o seu pasado no Celta B e a capacidade, non só de participar na elaboración do xogo, senón tamén na finalización.

Conclusión

Así pois, esta fin de semana o Deportivo vaise enfrontar ao seu claro rival, unha vez que xa se enfrontou ao Badajoz, que non só está chamado a intentar volver á categoría de prata do fútbol español, senón que todo fai ver que vai ser o que pelexe con el polo primeiro posto.

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].