Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera RFEF
      • Calendario Primera RFEF: Temporada 2021-2022
      • Plantilla Deportivo Coruña
      • Cedidos
      • Copa del Rey
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Plantilla Fabril 2021-22
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Crónica reposada
      • Uno por uno
      • Premio Fundación Clínica Pardiñas
      • ExDépor
      • Contrapunto
      • Sorteos
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Polideportivo
      • Resultados y clasificación Liceo
      • Resultados y clasificación Basquet Coruña
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Análisis»ANÁLISE | O Rayo Majadahonda, un claro candidato a estar nos postos altos

    ANÁLISE | O Rayo Majadahonda, un claro candidato a estar nos postos altos

    0
    Por Yago Iglesias on 20 noviembre, 2021 Análisis

    Cada semana contamos coa firma de Yago Iglesias na previa dos partidos. O extécnico da SD Compostela é o encargado de analizar ao rivais do Deportivo para riazor.org. Nesta décimo terceira entrega é o turno do Rayo Majadahonda. O Deportivo visita ao equipo madrileño este domingo (12h).

    Contextualización

    Volvemos a atoparnos cun partido de altos voos, como nas últimas xornadas. Neste caso, o Deportivo, 1º clasificado, contra o Rayo Majadahonda, 3º clasificado e empatado a puntos con Racing e UD Logroñés. Os madrileños veñen de conseguir unha vitoria fronte ao DUX Internacional, 2-4, nun campo sempre complicado e contra un rival que viña en dinámica positiva. Mentres que o Deportivo chega despois da incomparecencia do Extremadura. Polo tanto, leva practicamente 15 días sen ritmo competicional.

    O partido vaise disputar nun campo onde só foi capaz de gañar o Racing de Ferrol, 0-2. O Rayo é un equipo que, na casa, practicamente estaba intratable. Desde o meu punto de vista, é un claro candidato a estar nos postos altos, incluso a pelexar polo primeiro posto.

    Idea de xogo colectiva

    Así pois, o Rayo paréceme un equipo que, tanto a nivel de xogadores como de xogo, é de alto nivel dentro da categoría. O seu modelo básase nun xogo combinativo, iniciando con paciencia desde atrás, onde o seu porteiro (Champagne) ten moitísima incidencia. É un xogador, como despois analizaremos, que manexa moi ben os pés, na fase de iniciación xera moitísimas vantaxes. En liñas xerais, o Rayo é un equipo que, sobre todo na súa casa, sempre busca progresar a base de paciencia, a base de xerar superioridades dende o porteiro, os centrais… Para que, cando o balón chega ao mediocampo, aparezan os xogadores diferenciais e buscar, tanto asociacións por dentro, porque teñen moita mobilidade aí, como chegadas por banda e centro lateral.

    Na fase defensiva, é un equipo valente, agresivo, que sempre fai uns posicionamentos avanzados, intentando cortocircuitar os inicios de xogo do rival. Non deixa que xere vantaxes no primeiro terzo de campo e, por momentos, fai tamén un posicionamento pregado para roubar e contraatacar. Podemos dicir que é un equipo moi completo en canto a estratexias, en canto a posibilidades de xogo.

    Antepoñéndome ao que pode pasar o domingo, en canto a plans de partido, entendo que o Deportivo seguirá na súa liña, sobre todo fóra da casa, de manter portería a cero. Evidentemente ten esa idea de xogo combinativo, pero sempre fóra de casa o vemos máis cauto. Incluso por momentos, e partidos, xogando cunha liña de 5 ou de 3, con Álex Bergantiños, intentando neses inicios ser un pouco máis directo.

    E, por outra banda, o Rayo Majadahonda, lonxe de facer un plan temeroso, vai ir buscar o Deportivo, vai intentar telo incómodo e quitarlle o balón. Iso é o que eu agardo.

    Xogadores destacados

    -Nereo Champagne, un xogador diferencial, polo menos no que vai de liga. Moi bo baixo paus e aínda por enriba xera moitas vantaxes na fase ofensiva do propio equipo.

    -Na liña defensiva, para min, hai 2 xogadores que destacan por enriba do resto: os dous laterais. No esquerdo, Ángel Bastos, xogador con moito percorrido, incisivo e que defensivamente é moi difícil de superar. E no dereito, Borja González, un xogador que está chamando moita a atención, e que para min é o mellor lateral dereito da categoría. Tamén pode xogar de extremo. É diferencial, bo 1 para 1 ofensivo, bo 1 para 1 defensivo. Moitísima incidencia no xogo ofensivo do equipo, facendo goles e asistencias, xerando sempre vantaxes por esa banda. Esta fin de semana, Héctor Hernández -ou o que xogue- vai ter unha boa pedra de toque aí.

    -No mediocampo, Bernal, máis posicional, un mediocentro máis ao uso, para circular, para dar equilibrio. E Mario García que é polivalente, con bo xogo de espaldas, que chega ben ao borde da área. Ollo que este ten golpeo desde tres cuartos de campo e é un xogador que tanto pode asistir como finalizar. Hai que telo moi en conta sobre todo en chegadas de segunda liña.

    -E despois, 2 xogadores de ataque: Raúl Sánchez e Rubén Sánchez. Raúl, habitualmente, soe xogar caído a banda esquerda, aínda que tamén pode xogar por dentro. E Rubén, outro dos xogadores máis importantes da categoría, dianteiro puro, moi alto, con moita envergadura, pero con moita mobilidade. Ten capacidade para xogar de espaldas, xogo directo, e capacidade de asociación para vir recibir entre liñas. E sobre todo é un rematador dentro da área, é perigosísimo.

    Conclusión

    Facendo un resumo do que pode ser o partido, o Dépor ven de 15 días de non competir e vaise atopar de novo cun rival moi, moi, moi importante dentro da categoría, que lle vai poñer as cousas moi difíciles. Nun campo complicadísimo e onde se vai atopar un equipo valente, un equipo que vai querer ir polo partido desde o minuto 1. Polo tanto, o Deportivo vai ter que sacar a súa mellor versión.

    Previous Article¡Cuánto hemos cambiado!
    Next Article Los lectores de Riazor.org apuestan por el regreso de Quiles al once ante el Rayo Majadahonda
    Yago Iglesias
    • Twitter

    Técnico Superior Fútbol Nivel 3 | Licenciado en CCAFD | Profesor Escuela Gallega de Entrenadores de Fútbol | Master PF Futbol (@rfef) | Coach Deportivo

    Próximo partido
    • J. 28. 19-03. Cultural – Dépor (17:00)
    • Calendario y horarios Deportivo en la segunda vuelta
    • Directos
    19 marzo, 2023

    Así te contamos en directo el Cultural Leonesa 1–0 Deportivo de Primera Federación, jornada 28

    18 marzo, 2023

    Sigue en vídeo y en directo el Dépor Abanca – Barça B

    12 marzo, 2023

    Óscar Cano: «En la segunda parte nos ha faltado todo»

    • Entrevistas
    24 marzo, 2023

    Roberto Olabe: «Cuando va mal tiran al míster, pero los que ganamos, empatamos y perdemos somos los jugadores»

    23 marzo, 2023

    Davo: «La celebración fue un cúmulo de cosas, la rabia que tienes dentro cuando quieres ayudar y las lesiones no te dejan»

    18 marzo, 2023

    Arturo Rodríguez: “No quiero que me encasillen como jugador referencia, puedo participar en el juego»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.